Producida polo Teatro Gostner, Schmetterlinge é unha proposta escénica internacional que explora as emocións humanas a través dunha colaboración galego-alemá.
A adaptación teatral -dirixida por María Torres e Gonçalo Guerreiro- da novela “Os bicos feridos”, de Anna R. Figueiredo estrearase este 14 de novembro e estará en cartel ata o 7 de decembro.
Nuremberg prepárase para acoller a estrea de Schmetterlinge, unha produción innovadora que conecta culturas e sensibilidades europeas a través da adaptación teatral de Os bicos feridos, novela da escritora galega Anna R. Figueiredo.
Este novo espectáculo está dirixido por María Torres e Gonçalo Guerreiro da compañía Elefante Elegante e estréase este xoves 14 de novembro no emblemático teatro alemán Gostner Hoftheater de Nuremberg . Estará en cartel ata o 7 de decembro.
Schmetterlinge segue a historia de Olivia, unha muller que naceu en Alemaña, filla de pais galegos emigrados. Aínda que vive en Galicia desde os oito anos, regresa ao país onde naceu para traballar como empregada de limpeza na casa e no laboratorio de Lisa, unha médica forense, divorciada e con dous fillos. Un día, Olivia coñece a Samuel, o fillo de Emma, unha actriz e cantante que non logra consolidar unha carreira artística. Samuel suicídase, e Lisa encárgase de realizar a autopsia.
A obra Schmetterlinge, título que significa en alemá bolboretas, explora temas universais de perda, superación e identidade nunha montaxe que combina unha linguaxe plástica que evoca a poesía visual. Esta colaboración entre Elefante Elegante e Gostner Hoftheater é unha oportunidade única para afondar nas complexidades da novela e levala a un novo nivel escénico e internacional.
SOBRE A COMPAÑÍA
Elefante Elegante nace do desexo de desenvolver unha linguaxe plástica, poética e universal que non dependa exclusivamente do texto e que permita indagar sobre temáticas de carácter social e existencial. As súas creacións xorden do diálogo do teatro físico coa danza, a música e as artes visuais. Os espectáculos de Elefante Elegante están baseados na relación do corpo co espazo e reflicten unha rigorosa investigación de xestos, movementos e imaxes.
O xogo teatral baséase no traballo plástico dos intérpretes e na súa constante interacción cos elementos escenográficos. A narrativa das accións físicas varía entre a abstracción do movemento bailado e a construción da trama teatral. O corpo contén en si mesmo todos os segredos e revelacións dunha posta en escena que se fundamenta na organicidade do dispositivo escénico e na dinámica pictórica da organización do espazo sonoro e literario.
A compañía foi fundada por María Torres e Gonçalo Guerreiro no 2000 e residiu os primeiros anos en Bélxica, ata instalarse en Galicia no 2007. O grupo comezou como un proxecto experimental do que facían parte actrices e actores de diferentes países europeos. En escena, cada intérprete falaba a súa propia lingua. Ese foi o motor para iniciar a súa práctica arredor do xogo corporal. Actualmente, Elefante Elegante ten a súa sede no concello de Culleredo (A Coruña), onde é compañía residente. Os seus espectáculos foron recoñecidos con varios premios María Casares desde o ano 2013.
Este venres, 19 de abril, ás 18.30 h, a compañía de teatro físico liderada por María Torres e Gonçalo Guerreiro leva a Arteixo unha peza de linguaxe xestual sobre sobre o esquecemento, a vellez e a soidade desde unha ollada poética, cómplice, cómica e reflexiva
As entradas para ver ‘Kyoki’ -palabra que significa “demencia” en xaponés- pódense mercar por adiantado na web eventosarteixo.com ou ben o mesmo día da función na billeteira do Auditorio
O alzhéimer desde unha ollada poética e cómplice é o fío condutor de Kyoki, o espectáculo que Elefante Elegante levará ao Auditorio de Arteixo este venres, 19 de abril, ás 18.30 h. Esta peza para público familiar dos creadores María Torres e Gonçalo Guerreiro é unha viaxe emotiva da infancia á vellez a través da memoria, unha obra de linguaxe xestual cómica e reflexiva sobre o esquecemento e a soidade As entradas pódense mercar por adiantado na web eventosarteixo.com ou ben o mesmo día da función na billeteira do Auditorio en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 18.30 horas. Os prezos oscilan entre os 3 euros da entrada xeral e os 2.25 da bonificada (menores de 18 e maiores de 65 anos).
Protagonizada por María Torres, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, Kyoki -palabra que significa “demencia” en xaponés- é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 5 anos. A peza investiga, dun xeito poético e cómico, sobre a alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. Porque, se ben é certo que esta condición adoita aparecer en persoas de idade avanzada… Quen non esqueceu algunha vez onde colocara a caixa das galletas? Ou, quen, por distracción, non vestiu nunca o xersei do revés? Kyoki quere ser unha ollada sensible ás experiencias que viven as persoas que precisan ser coidadas e mais as propias coidadoras.
A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá. O xogo teatral de Kyoki baséase no traballo plástico da corporalidade da protagonista en escena e na súa constante interacción cos elementos escenográficos, para definir unha secuencia dramatúrxica na que a imaxe toma un total protagonismo. A posta en escena fundaméntase xa que logo na dinámica pictórica da organización do espazo teatral e na narrativa das propias accións físicas que reflicten desexos, sentimentos e todos os estados dramáticos definidos.
Kyoki é un espectáculo sen palabras que reúne artes do movemento, artes plásticas e unha rigorosa sintonía dos xestos coa música instrumental orixinal. Na historia están presentes tres personaxes -a avoa, a súa filla e unha doutora-, todas elas representadas pola actriz protagonista. O espazo escénico está construído para evocar ao mesmo tempo unha casa, un hospital e a rúa. Deseñada para funcionar como o lenzo dun pintor, a escenografía é un fondo estético que pouco a pouco é habitado polo corpo da intérprete e polos obxectos por ela manipulados, co obxectivo de manter sempre viva unha composición pictórica xerada por formas, cores e movementos. O fondo azul con liñas que se cruzan de xeito irregular en ángulos rectos está dotado de varias aperturas camufladas, que permiten a entrada e saída de innumerables elementos escénicos, o que provoca suxestivos e reveladores efectos sorpresa.
Cómpre sinalar que Kyoki presentouse o pasado febreiro en FETEN 2024 (Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas), un dos encontros máis importante do sector que se celebra anualmente en Xixón. A obra de Elefante Elegante formou parte dos 76 espectáculos escolleitos entre as máis de 800 propostas recibidas en FETEN na súa 33ª edición.
SOBRE A COMPAÑÍA
Elefante Elegante nace do desexo de desenvolver unha linguaxe plástica, poética e universal que non dependa exclusivamente do texto e que permita indagar en temáticas de carácter social e existencial. As súas creacións xorden do diálogo do teatro físico coa danza, coa música e coas artes visuais. Os espectáculos de Elefante Elegante están baseados na relación do corpo co espazo e reflicten unha rigorosa investigación de xestos, movementos e imaxes.
O xogo teatral baséase no traballo plástico dos intérpretes e na súa constante interacción cos elementos escenográficos. A narrativa das accións físicas varía entre a abstracción do movemento bailado e a construción da trama teatral. O corpo contén de seu todos os segredos e revelacións dunha posta en escena que se fundamenta na organicidade do dispositivo escénico e na dinámica pictórica da organización do espazo sonoro e literario.
A compañía foi fundada por María Torres e Gonçalo Guerreiro no ano 2000 e residiu os primeiros anos en Bélxica, ata instalarse en Galicia no 2007. O grupo comezou como un proxecto experimental do que facían parte actrices e actores de diferentes países europeos. En escena, cada intérprete falaba a súa propia lingua. Ese foi o motor para iniciar a súa práctica en torno ao xogo corporal. Actualmente, Elefante Elegante ten a súa sede no concello de Culleredo (A Coruña), onde é compañía residente. Os seus espectáculos foron recoñecidos con varios premios María Casares.
Este ano son candidatos aos Premios Max á mellor dirección de escena e foron gañadores dos Premios María Casares 2024 á mellor dirección de movemento pola obra Un hotel de primeira sobre o río, do Centro Dramático Galego.
A estrea da obra terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol este venres, 12 de abril, ás 20.30 horas, coas entradas á venda a un prezo de 5 € na plataforma en liña www.ferrol.es
A través do teatro, a danza e a acrobacia, Un momento preciosoimpélenos a reaccionar: quedamos observando como se consome o planeta ou optamos por facer o preciso para alcanzarmos un futuro diferente?
Un momento precioso é unha coprodución de Elefante Elegante e o Concello de Culleredo -onde Elefante Elegante é compañía residente- e conta coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic) e o apoio do Concello de Ferrol
O escenario do Teatro Jofre transformarase este venres, 12 de abril, ás 20.30 horas, nunha sorte de xardín idílico para acoller Un momento precioso, a última creación da compañía de teatro físico Elefante Elegante. Desta volta, a troupe liderada por María Torres e Gonçalo Guerreiro vai presentar un espectáculo para público adulto que ten como fío condutor a emerxencia climática. As entradas para poder asistir ao espectáculo están á venda a un prezo de 5 € na web http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelEvento.aspx.
Esta mañá, xoves 11, os medios accederon en primicia a un avance de Un momento precioso nunha presentación que contou coa presenza de Blanca G. Agulló, responsable da produción executiva do Teatro Jofre; Penélope López, concelleira de Cultura de Culleredo; Cristina Pardo, primeira tenente de alcalde e concelleira Participación Cidadá e Deportes de Culleredo; María Torres, Gonçalo Guerreiro e boa parte do equipo artístico do espectáculo.
Segundo María Torres, a través desta obra “o público vai ter a oportunidade de reflexionar sobre a relación do ser humano co planeta” pero sen renunciar “á ironía, o humor e a poesía e sempre co propósito de emocionar, concienciar e facer rir”. Pola súa banda, Gonçalo Guerreiro salienta que alén da reflexión que desexa provocar no espectador, o seu labor persigue crear no escenario “un momento de gozo e puro pracer”. Para conseguilo conta cun equipo dunha ducia de persoas que levan traballando arreo para facer realidade o proxecto.
Así, Guerreiro e Torres asinan ambos os dous a creación de Un momento precioso. Gonçalo Guerreiro é, tamén, o responsable da dirección e a escenografía da peza, mentres que o elenco está integrado por Pablo Sánchez, Julia Laport, Mario Rodríguez, Sofía Espiñeira, Eloi García e a mesma María Torres. Pola súa banda, a musica está composta por Manuel Fonte, a iluminación é de Nacho Martín e Carolina Díguele é a artífice do vestiario.
Un momento precioso é un espectáculo de teatro de movemento que transita entre o teatro, a danza e a acrobacia. A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, revélanse todos os segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral.
UNHA DECISIÓN URXENTE
Un momento precioso evoca o imaxinario simbólico do xardín asociado ao ideal da Terra como unha sorte de Arcadia feliz. O xardín simboliza a prosperidade, a paz e a liberdade, pero “un momento precioso” transita entre o soño e o pesadelo, entre o paraíso e o inferno, entre a luz e a sombra, entre a construción arquitectónica intelixente e a catástrofe. O mundo está a arder, da Amazonia a California, de Australia ao Ártico Siberiano. Cómpre escoller: quedamos observando como se consome no lume ou optamos por facer o preciso para alcanzarmos un futuro diferente?
A decisión é, asemade, simple e complexa, pero é, sobre todo, urxente. Esta pode ser a hora final da nosa civilización, pero o noso momento é tamén precioso. É posible resolver a emerxencia climática, mais cómpre actuar axiña. Un momento precioso rescata a idea de xardín como lugar natural estratéxico no deseño das cidades sostibles e, tamén, como un espazo social ideal onde coexisten seres humanos de diferentes idades, xéneros e clases sociais. Pero, como, cando e onde nos sentiremos verdadeiramente libres, en seguridade e en igualdade de dereitos?
Un momento precioso é unha coprodución de Elefante Elegante e o Concello de Culleredo -onde Elefante Elegante é compañía residente- e conta coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic) e o apoio do Concello de Ferrol.
SOBRE A COMPAÑÍA
Elefante Elegante nace do desexo de desenvolver unha linguaxe plástica, poética e universal que non dependa exclusivamente do texto e que permita indagar en temáticas de carácter social e existencial. As súas creacións xorden do diálogo do teatro físico coa danza, coa música e coas artes visuais. Os espectáculos de Elefante Elegante están baseados na relación do corpo co espazo e reflicten unha rigorosa investigación de xestos, movementos e imaxes.
O xogo teatral baséase no traballo plástico dos intérpretes e na súa constante interacción cos elementos escenográficos. A narrativa das accións físicas varía entre a abstracción do movemento bailado e a construción da trama teatral. O corpo contén de seu todos os segredos e revelacións dunha posta en escena que se fundamenta na organicidade do dispositivo escénico e na dinámica pictórica da organización do espazo sonoro e literario.
A compañía foi fundada por María Torres e Gonçalo Guerreiro no ano 2000 e residiu os primeiros anos en Bélxica, ata instalarse en Galicia no 2007. O grupo comezou como un proxecto experimental do que facían parte actrices e actores de diferentes países europeos. En escena, cada intérprete falaba a súa propia lingua. Ese foi o motor para iniciar a súa práctica en torno ao xogo corporal. Actualmente, Elefante Elegante ten a súa sede no concello de Culleredo (A Coruña), onde é compañía residente. Os seus espectáculos foron recoñecidos con varios premios María Casares.
Este ano son candidatos aos Premios Max á mellor dirección de escena e foron gañadores dos Premios María Casares 2024 á mellor dirección de movemento pola obra Un hotel de primeira sobre o río, do Centro Dramático Galego.
A estrea absoluta da obra terá lugar no Teatro Jofre de Ferrolo venres, 12 de abril, ás 20.30h, coas entradas á venda desde mañá a un prezo de 5€ a través da plataforma en liña do Concello ferrolán www.ferrol.es
O Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, na Coruña, acolle estas semanas a residencia artística de Elefante Elegante para traballar no proceso creativo da peza, con funcións previas diarias en sesión matinal, para público de Secundaria e Bacharelato, entre o 14 e o 22 de marzo
‘Un momento precioso’ fala, a través do teatro, a danza e a acrobacia, da emerxencia climática, evocando a representación do planeta Terra como un lugar de refuxio, de pracer e de harmonía… Mais, se o mundo está a arder, como podemos conseguir un futuro diferente?
A compañía de teatro físico Elefante Elegante prepara un novo espectáculo para público adulto. Un momento precioso é o título da peza na que a troupe liderada por María Torres e Gonçalo Guerreiro está a traballar sobre a emerxencia climática. Candidatos aos Premios Max 2024 á mellor dirección de escena e finalistas dos Premios María Casares 2024 á mellor dirección de movemento pola obra Un hotel de primeira sobre o río, do Centro Dramático Galego, os artistas amosan con esta nova creación a representación onírica do planeta Terra como lugar de refuxio, de descanso, de pracer e de harmonía. Pero, se o mundo está a arder, como podemos conseguir un futuro diferente? A estrea absoluta de Un momento precioso terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol o venres 12 de abril, ás 20.30h. As entradas estarán á venda desde mañá xoves, 14 de marzo, a un prezo de 5€ a través da web www.ferrol.es.
O Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, na Coruña, acolle estas semanas a residencia artística de Elefante Elegante para traballar no proceso creativo da peza. Para quentar motores, a compañía ofrecerá, entre o 14 e o 22 de marzo, funcións previas diarias en sesión matinal, para público de Secundaria, Bacharelato e mais para colectivos especiais da zona.
Un momento preciosoevoca o imaxinario simbólico do xardín asociado ao ideal da Terra como unha sorte de Arcadia feliz. O xardín simboliza a prosperidade, a paz e a liberdade, pero “un momento precioso” transita entre o soño e o pesadelo, entre o paraíso e o inferno, entre a luz e a sombra, entre a construción arquitectónica intelixente e a catástrofe.
O mundo está a arder, da Amazonia a California, de Australia ao Ártico Siberiano. Cómpre escoller: quedamos observando como se consome no lume ou optamos por facer o preciso para alcanzarmos un futuro diferente?
A decisión é, asemade, simple e complexa, pero é, sobre todo, urxente. Esta pode ser a hora final da nosa civilización, pero o noso momento é tamén precioso. É posible resolver a emerxencia climática, mais cómpre actuar axiña.
Un momento precioso rescata a idea de xardín como lugar natural estratéxico no deseño das cidades sostibles e, tamén, como un espazo social ideal onde coexisten seres humanos de diferentes idades, xéneros e clases sociais. Pero, como, cando e onde nos sentiremos verdadeiramente libres, en seguridade e en igualdade de dereitos?
Un momento precioso é un espectáculo de teatro de movemento que transita entre o teatro, a danza e a acrobacia. A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, revélanse todos os segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral.
Gonçalo Guerreiro e María Torres firman a creación de Un momento precioso. Guerreiro é, tamén, o responsable da dirección e a escenografía da peza, mentres que o elenco está integrado por Pablo Sánchez, Julia Laport, Mario Rodríguez, Sofía Espiñeira, Eloi García e a mesma María Torres. Pola súa banda, a composición musical está asinada por Manel Fonte, a iluminación é de Nacho Martín e Carolina Díguele é a artífice do vestiario.
Un momento precioso é unha coprodución de Elefante Elegante e o Concello de Culleredo -onde Gonçalo Guerreiro e María Torres son compañía residente- e conta coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic) e o apoio do Concello de Ferrol.
SOBRE A COMPAÑÍA
Elefante Elegante nace do desexo de desenvolver unha linguaxe plástica, poética e universal que non dependa exclusivamente do texto e que permita indagar en temáticas de carácter social e existencial. As súas creacións xorden do diálogo do teatro físico coa danza, coa música e coas artes visuais. Os espectáculos de Elefante Elegante están baseados na relación do corpo co espazo e reflicten unha rigorosa investigación de xestos, movementos e imaxes.
O xogo teatral baséase no traballo plástico dos intérpretes e na súa constante interacción cos elementos escenográficos. A narrativa das accións físicas varía entre a abstracción do movemento bailado e a construción da trama teatral. O corpo contén de seu todos os segredos e revelacións dunha posta en escena que se fundamenta na organicidade do dispositivo escénico e na dinámica pictórica da organización do espazo sonoro e literario.
A compañía foi fundada por María Torres e Gonçalo Guerreiro no ano 2000 e residiu os primeiros anos en Bélxica, ata instalarse en Galicia no 2007. O grupo comezou como un proxecto experimental do que facían parte actrices e actores de diferentes países europeos. En escena, cada intérprete falaba a súa propia lingua. Ese foi o motor para iniciar a súa práctica en torno ao xogo corporal. Actualmente, Elefante Elegante ten a súa sede no concello de Culleredo (A Coruña), onde é compañía residente. Os seus espectáculos foron recoñecidos con varios premios María Casares desde o ano 2013.
É a primeira vez que a compañía de Culleredo participa en FETEN, a veterana feira de artes escénicas para público infantil que este ano celebra a súa 33ª edición
‘Kyoki’ poderá verse en sesión dobre o xoves 29 de febreiro no Centro de Cultura Antiguo Instituto ás 16.30 e ás 18.30 horas
A compañía Elefante Elegante está a ultimar os detalles antes de presentar en Xixón o seu espectáculo Kyoki o vindeiro xoves 29 de febreiro. A peza dos creadores María Torres e Gonçalo Guerreiro forma parte da programación de FETEN 2024 (Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas), un dos encontros máis importante do sector que está a desenvolver a súa 33ª edición ata o 1 de marzo na cidade asturiana. O público poderá gozar de Kyoki en dúas funcións no Centro de Cultura Antiguo Instituto, ás 16.30 e ás 18.30 horas, este xoves 29.
O equipo de Elefante Elegante desprázase a Asturias logo de se coñecer que optan a varios galardóns na vindeira celebración dos Premios María Casares polo seu labor en Un hotel de primeira sobre o río, unha produción do Centro Dramático Galego (CDG). Así, María Torres e Gonçalo Guerreiro optan ao premio á mellor dirección de movemento, Carolina Díguele ao de vestiario e Guerreiro tamén está entre aos candidatos ao premio polo espazo escénico.
UNHA OLLADA LÍRICA
O alzhéimer desde unha perspectiva poética e cómplice é o fío condutor de Kyoki, unha viaxe emotiva da infancia á vellez a través da memoria; unha obra de linguaxe xestual cómica e reflexiva sobre o esquecemento e a soidade. Protagonizada por María Torres, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, Kyoki-palabra que significa “demencia” en xaponés- é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 5 anos. Trátase dun espectáculo sen palabras que reúne artes do movemento, artes plásticas e unha rigorosa sintonía dos xestos coa música instrumental orixinal. Na historia están presentes tres personaxes -a avoa, a súa filla e unha doutora-, todas elas representadas pola actriz protagonista. O espazo escénico está construído para evocar ao mesmo tempo unha casa, un hospital e a rúa. Deseñada para funcionar como o lenzo dun pintor, a escenografía é un fondo estético que pouco a pouco é habitado polo corpo da intérprete e polos obxectos por ela manipulados, co obxectivo de manter sempre viva unha composición pictórica xerada por formas, cores e movementos. O fondo azul con liñas que se cruzan de xeito irregular en ángulos rectos está dotado de varias aperturas camufladas, que permiten a entrada e saída de innumerables elementos escénicos, o que provoca suxestivos e reveladores efectos sorpresa.