por martinho | May 7, 2017 | Autores/as, Creación
Van xa dous anos desde que a Asociación Sociocultural Lareira de Soños se reunira coa daquela titular de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Pilar García Porto. Anteriormente xa nos reuniramos cos predecesores responsables desa área. O motivo, a restauración das pinturas murais da igrexa de San Vicenzo dos Vilares. Pilar García Porto amosouse disposta a acometer esta restauración, mesmo aclarou que podería ser en dúas anualidades e, asemade, informounos que tiña visitado a citada igrexa coa alcaldesa. A Asociación presentou por rexistro un proxecto valorado e incluso solicitamos os preceptivos permisos da parroquia, obispado e patrimonio da Xunta, adiantando, así, prazos para a execución desa actuación, da que se concretarían cantidades orzamentarias no mes de outubro de 2015, unha vez aprobados os orzamentos provinciais. Pasados dous anos, a resposta a numerosas chamadas e correos electrónicos e mesmo conversas con personal desa área foi o silencio.
A Asociación Sociocultural Lareira de Soños ten realizado tamén un estudo do deterioro neses dous anos e o resultado é moi preocupante. Os frescos da igrexa dos Vilares, do seculo XVI e de autoría do Mestre de Parga, corren o risco de desaparecer se non se acomete con premura a súa consolidación e posterior recuperación. A
s pinturas son un valioso ben patrimonial de difícil restauración cando acadan un alto grao de deterioro, camiño fatídico que emprenderon xa as dos Vilares.
A Igrexa dos Vilares (S. XII) conforma un conxunto único cos seus retablos dos seculos XVII e XVIII, o sartego ou o calvario e unha romaria dos desamparados, emblematica en toda a Terra Chá e alén de Montouto. Un conxunto de grande interese na iconografía relixiosa, no patrimonio histórico, e un ben turistico a preservar e potenciar.
A Asociación Sociocultural Lareira de Soños reclama que se retome este asunto con celeridade por parte do ente Provincial. Ademais vai solicitar un encontro co actual deputado de Cultura, o chairego Eduardo Vidal Baamonde, ao que enviaremos un S.O.S. para os frescos da igrexa (na que foi bautismado o insigne poeta Xosé María Díaz Castro), agardando del un maior compromiso que o obtido até agora.
Lareira de Soños
dosvilares@gmail.com
www.facebook.com/osvilares
@osvilares1
http://dosvilares.com
Youtube: Os Vilares, Lareira de Soños
por martinho | Abr 20, 2017 | Autores/as, Creación
MONDOÑEDO é POESÍA 2017
1 de maio de 2017
“Mondoñedo é poesía 2017” chega á súa cuarta edición convocando, como nas edicións anteriores, a máis de dúas ducias de homes e mulleres, poetas e músicos, que recitarán e cantarán os seus poemas o día 1 de maio nas rúas, prazas e espazos culturais da cidade.
Esta actividade enmárcase dentro da programación das tradicionais Feiras e Festas das Quendas, que se celebran desde 1541 (hai xa 476 anos) en Mondoñedo, cidade creativa e cultural, capital galega da poesía.
Participarán no evento poético-musical, tanto nos recitados na rúa como no auditorio “Pascual Veiga” voces de gran prestixio na poética galega actual (Manuel Rivas, Eva Veiga, Marta Dacosta e o mariñán Xavier Rodríguez Baixeras) xunto aos gañadores das edicións do ano 2016 dos certames “Leiras Pulpeiro” e “Díaz Jácome” como Tamara Andrés, Miriam Ferradáns, Daniel Irimia Yáñez, promesas da poesía galega actual, xunto aos xa ben coñecidos e recoñecidos Antón Fortes e Modesto Fraga. Acompañaranos poetas mindonienses como Eva García González, Carmen Lage Fernández, Carmen Rodríguez Lage e África Sánchez, da Mariña como a laurentina Marina Oural Villapol, da Terra Chá como Antón de Guizán, lucenses como Montse González e a poeta labrega de Taboada Ana Vila Portomeñe. Á poesía musicada ponlle voz Paloma Suanzes.
Ademais contamos con Trioliro Regueifeiros, un trío composto por Luis “O Caruncho”, Josiño da Teixeira e Bieito Lobarizas, tres expertos na arte da improvisación poética que nos farán rir coas seus diálogos e ocorrencias rimadas.
Tamén intervirá alumnado do IES San Rosendo (Iria Rivas, Silvia García, Carmen Pavón Souto e Chema Merino) e do CEIP Álvaro Cunqueiro.
ACTIVIDADES PROGRAMADAS
»TENDAL DE POESÍA: “Paxaros na cabeza” [Auditorio Pascual Veiga]
Instalación de traballos coordenados polo profesorado con poemas elaborados polo alumnado do IES San Rosendo e do CEIP Álvaro Cunqueiro.
Horario de visitas: Sábado, 29 de abril, e domingo, 30 de abril: de 17:30 a 21:30 horas. O luns, 1 de maio: de 17:30 ata 21:00 h.
»OFRENDA-HOMENAXE A EDUARDO LENCE-SANTAR
Cemiterio Vello: Luns, 1 de maio, 17:00 h.
Loador: Armando Requeixo
Con motivo de cumprirse o 25 de abril o centenario do nomeamento de E. Lence-Santar como primeiro Cronista oficial de Mondoñedo.
»MONDOÑEDO é POESÍA 2017
Luns, 1 de maio
Nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios:
17:30 h.: Praza da Concello
Daniel Irimia Yáñez, Montse González Álvarez, Marina Oural Villapol, Carmen Pavón Souto e Silvia García. Poema musicado: Paloma Suanzes.
18:00 h.: Praza da Catedral
Antón de Guizán, África Sánchez, Eva García González , Chema Merino e Silvia García Fernández. Poema musicado: Paloma Suanzes.
18:30 h.: Praza Jaime Cabot (ao lado do Auditorio Pascual Veiga)
Carmen Rodríguez Lage, Carmen Lage, Antón Fortes –Torrres, e Iria Rivas. Poema musicado: Paloma Suanzes.
No Auditorio Municipal Pascual Veiga
De 19:00 a 20.30 h.-Recital poético-musical
Música: Paloma Suanzes.
Regueifas: Trioliro Regueifeiros (Luis “O Caruncho”, Josiño da Teixeira e Bieito Lobarizas).
Poetas: Tamara Andrés Padín, Ana Vila Portomeñe, Xavier Rodríguez Baixeras, Eva Veiga, Miriam Ferradáns Ferradás, Modesto Fraga, Marta Dacosta e Manuel Rivas.
Publicacións*
–Papel de color
Publicación conmemorativa de MONDOÑEDO é POESÍA 2017 con deseño e ilustracións de Antón Caxoto e textos poéticos dos e das poetas e músicos participantes.
*Esta publicación entregarase gratuitamente aos asistentes ao final do recital poético-musical no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
Organizan: Asociación As San Lucas e Colectivo Mondoñedo É …
Patrocina: Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Educación, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo.
Colaboran: Concello de Mondoñedo, CEIP Álvaro Cunqueiro e IES San Rosendo.
Redes
En facebook: https://www.facebook.com/mondonedoe?ref=bookmarks
Canle Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=myCKGuFny9o&feature=youtu.be
Deseño e maquetación: Antón Caxoto
CONTACTOS ORGANIZACIÓN
Fran Bouso: 647468672 / Antonio Reigosa: 655432511 / Francisco Piñeiro: 600717622 /info.mondonedoe@gmail.com
Mondoñedo, abril de 2017
*Información facilitada pola Organización de MONDOÑEDO É POESÍA 2017
por martinho | Feb 28, 2017 | Autores/as, Novas
A Deputación de Lugo leva á Capela de Santa María 5 concertos de música gratuítos co novo MusicAD. Nesta ocasión a programación musical achega 5 actuacións cada sábado do mes de marzo, comezando o vindeiro día 4 cun concerto da violenchelista lucense Rosa Cedrón, que durante varios anos foi a voz do grupo folk Luar na Lubre; e rematando o 25 de marzo co dúo Davide Salvado e Pedro Pascual que interpretarán Lobos, o seu último traballo.
Todos os concertos desenvolveranse na Sala de exposicións da Capela de Santa María a partir das 20:30 horas. As entradas serán totalmente de balde, e poderanse recoller na propia Capela de Santa María; aínda que haberá que averiguar como facelo no número de teléfono 982210066.
Tamén se poderá ampliar información na propia web da Deputación de Lugo. Ou, de xeito resumido, no seguinte cartel anunciador
Descargar (PDF, 2.36MB)