por martinho | Ene 20, 2022 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
VIII PREMIO DE INVESTIGACIÓN “XERMADE NA HISTORIA”
O Concello de Xermade e a Asociación de Veciños de Cabreiros, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, convocan o VIII Premio de Investigación “Xermade na historia”, financiado pola Exma. Deputación de Lugo que será regulado polas seguintes
BASES
- As persoas interesadas poderán participar tanto a nivel individual como colectivo.
- Cada autor/a poderá concursar con cantos traballos desexe.
- Os temas sobre os que poderán versar os traballos deberán estar relacionados co patrimonio
etnográfico e cultural do Concello de Xermade (tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria
histórica, costumes, literatura oral, arquitectura, etc). - Haberádouspremios:
- 1o Premio, dotado con 2.000 euros.
- 2o Premio, dotado con 1.000 euros.
- Os traballos deberán ser entregados no rexistro do Concello de Xermade baixo pseudónimo, ou a
través de correo postal (nunca telemáticamente). En sobre pechado serán incluídos os datos pa
persoa participante: Nome, enderezo, teléfono… - Coa presentación dos orixinais deberá ser incluída, tamén, a seguinte documentación:
- Curriculum Vitae ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo…
- Modelo de presentación debidamente cumprimentado. O modelo poderá descargarse da páxina web do concello: www.xermade.org
- Deberase entregar o orixinal en papel DIN A4 e copia en CD, en PDF e en formato editable, fonte Times New Roman, tamaño 12, e entreliñado 1,5.
- A extensión dos traballos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 400. As páxinas ocupadas polas notas, bibliografía, mapas, fotografías, etc, tamén se contabilizarán.
- Os traballos deberán ser realizados e presentados e en lingua galega. A data límite de presentación dos traballos será o día 29 de abril de 2022.
- O xurado estará presidido polo Sr. Alcalde do Concello de Xermade, e catro vogais: Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros e tres especialistas en materias relacionadas co patrimonio etnográfico e cultural. Actuará como secretario/a un/ha funcionario/a do concello de Xermade. A composición do xurado determinarase por resolución de alcaldía que se fará pública antes do 24 de maio de 2022.
11.Unha vez que o xurado falle os premios, que poderán ser declarados desertos, daranse a coñecer a través dos medios de comunicación. - As persoas premiadas deberán comunicar por escrito ao Concello de Xermade a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data da comunicación da concesión do mesmo.
13. - A Asociación de Veciños de Cabreiros e o Concello de Xermade poderán solicitar do autor/a calquera aclaración que estimen conveniente en relación co traballo. Así mesmo, poderán deixar sen efecto o Premio se o beneficiario incumpre as obrigacións sinaladas nas presentes Bases.
15.As cuestión non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado de acordo co seu libre criterio. 16.A participación no Premio implica a total aceptación das presentes Bases.
As obras premiadas poderán ser editadas polo Concello dentro do prazo de cinco (5) anos;
transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do
caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.
Descargar BASES
por martinho | Jun 6, 2020 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade aprobou as bases e a convocatoria do VII Premio de investigación “Xermade na Historia”, na sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de maio de 2020. Un premio que organizan conxuntamente o propio Concello de Xermade, a Asociación de Veciños de Cabreiros e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, co patrocinio da Deputación de Lugo por sétimo ano consecutivo.
O prazo de presentación dos traballos remata o 19 de febreiro de 2021.
Bases: Bases VII Premio XNH
Formulario de presentación: Modelo de presentación VII
por martinho | Feb 27, 2020 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O venres 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputacíon de Lugo, celebrarase un acto poético musical, no que as voces de Xosé Otero Canto, Adela Figueroa, Ana Mar Fraga Rábade, Ana Gamallo, Fernando García, Ánxela Gracián, Chelo Gayoso, Paco Ledo, Dulce María López, Emilia Martínez Fuentes, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Toño Núñez, Conchita Paz, Luisa Paz, Xosé Pedreira, Ana Rey, Isabel Rodríguez, Xosé Carlos Ulloa e Branca Villar porán corpo poético aos versos de “Follas Novas”, “Cantares Galegos” e demais obras da escritora homenaxeada, ou aos de propia autoría sobre temáticas abordadas por Rosalía de Castro. A cantautora Paloma Suanzes acompañará o acto con varias pezas musicais. O evento estará conducido por Montse González Álvarez.
por martinho | May 27, 2017
Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2017
Sábado, 27 de maio de 2017, ás 18:00 horas
Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo, Avenida Alcalde Anxo López Pérez, 34 (como chegar)
Co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo.
Entrada libre
Acto de entrega dos diplomas acreditativos de MESTRAS DA MEMORIA ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e do diploma de MESTRE DA MEMORIA a Serafín Mourelle Bugallo, da Coruña.
Ademais das persoas homenaxeados, intervirán no acto:
- Xosé Iglesias, mariñeiro e poeta
- Isidro Novo, escritor
- Poldo Cañizo, escritor
- Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da AELG
- Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG
A música corre a cargo de Branca Villares e Ricardo Marcos Casás Salgado.
Presentación: Antonio Reigosa
Mestras da Memoria 2017: Pandereteiras Da Alén
Do lugar da Alén, Xirarga, Beariz, Ourense.
Orosia Gil Ramos (95 anos) Alsira Gil Ramos (90 anos) e Ólida Diz Ramos (96 anos).
“Presenza viva da poesía e música, tesouro en vida onde repousan xotas, muiñeiras, pasodobres, cantares de reis, aturuxos e a sabedoría e a sensibilidade popular feita poema musicado.” (Poldo Cañizo)
Mestre da Memoria 2017: Serafín Mourelle Bugallo
Mariñeiro e poeta. 84 anos. Nacido en Corme. Residente na cidade da Coruña.
“Aos catorce anos embarcou de axudante de cociña e chegou a converterse nun famoso patrón do Gran Sol. Nos anos sesenta foi un dos descubridores dos vizosos caladoiros de Porcupine, o volcán submarino situado ao oeste de Irlanda. Tamén é poeta ao xeito de Manuel Antonio; isto é, poesía do mar escrita pola propia xente do mar.“ (Xurxo Souto)
A AELG pretende facer máis visíbel ante a sociedade a Literatura de Tradición Oral levando a Lugo a súa Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que, co lema «Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral», terá lugar o 27 de maio no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo, na Avenida Alcalde Anxo López Pérez, 34 (como chegar).
O obxectivo principal da Gala é a entrega dos V Premios Mestras e Mestres da Memoria, que se conceden a informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, coordinada por Antonio Reigosa, a asemblea xeral de Socios-as da AELG acordou outorgárllelos ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo.
O principal valor dunha sociedade constitúeno as persoas, os tesouros humanos vivos, homes e mulleres que estiveron atentos para recibir dos seus predecesores a herdanza cultural, que logo reciclan e recrean, e que adaptan e actualizan con xenerosidade para, por fin, transmitir todos eses saberes herdados aos que veñen detrás.
Nesta cadea de comunicación a cultura popular mantense viva porque se actualiza sen renunciar ás esencias que a distinguen, que a fan ao tempo singular e universal.
Desde a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) queremos contribuír a manter sempre aberta esa canle de comunicación entre os que por idade e, como consecuencia, por acumulación de experiencias e saberes, gardan a memoria deses esencias da nosa cultura e os que, pola contra, andan aínda descubrindo o mundo que os rodea.
Pódese consultar aquí a listaxe de persoas que xa foron nomeadas Mestras-es da Memoria pola Sección de Literatura de Tradición Oral, á que o vindeiro sábado se engadiran as Pandeireteiras da Alén e Serafín Mourelle.
Fonte: AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)