O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a representación teatral A LIORTA a cargo do grupo AVELAÍÑA TEATRO, dirixido por ANTONIO SIMÓN.
O acto terá lugar o sábado 6 de abril de 2024, ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO.
En nós habita e non fóra, a substancia que nutre a decepción. Nun proceso de espera e esixencia que non sempre é xusto con quen non dá. Porque non pode dar, porque non o ten, porque non sabe, porque non quere, porque non debe, porque non o ten que dar… Coas mans nosas embrollada, a aramada egocéntrica. Por nós alimentada, por nós conformada. Desprezando acotío as loitas alleas. As loitas cotiás de cadaquén. As descoñecidas batallas que cada un emprende alén da nosa vulgar expectativa.
O acto terá lugar o xoves 4 de abril de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO)
Para quen non os coñeza, Exeriaé un grupo pertencente á nova xeración de músicos amantes das guitarras e do rock. Combinan xéneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula. Non contenta con isto, a banda segue abríndose a novas influencias e asimilando música que a priori queda fóra do seu radar estilístico. Así o demostra no seu novo traballo Sobre a independencia, un EP de 5 cancións que se publicou o pasado 8 de marzo. Acompáñase dun videoclip pertencente á canción A Costa de Frades e facturado polo equipo de Trece Amarillo, produtores de videoclips para artistas como Tanxugueiras ou Carlos Núñez.
O 2023 foi un ano moi produtivo para Exeria: tocaron nas 4 provincias de Galicia, gañaron o concurso de bandas Trece Roeis Fest, publicaron os temas Un novo nome e Ata que sexamos reis acompañados de videoclips ben recibidos. E este ano vai ser aínda máis emocionante, con moitos concertos en directo e novos lanzamentos. Foron elixidos para formar parte das Desktop Sessions, un formato acústico e en directo ao estilo de “Tiny Desk” cun ambiente relaxado e composto por 2 cancións inéditas con arranxos influenciados polo trad.
Veñen de tocar xunto a Electric Läger, no bar Liceum de Porriño, no que case 100 almas saltaron o ritmo dos seus novos temas. Este será o seu debut en na cidade da Peregrina, parada dunha xira que conta na actualidade con máis de 10 concertos, e na que percorrerán as 4 provincias. Recomendamos seguir as suas redes para estar ao dia das novas datas que ainda estan sen anunciar.
Exeria 30 Marzo 21:00h C.S A Pedreira Rua Serra nº36 Pontevedra Entrada Inversa
O seu anterior lanzamento de estudio foi Ata que sexamos reis, protagonizado polas máscaras do entroido dos mudados e perriñas, da aldea de Ribadetea recentemente recuperado polos veciños da aldea. Estes esmorgantes aparecían nas casas dos seus veciños pedindo esmola (perriña) que moitas veces se materializaba en viño ou aperitivos para evitar que fagan algunha trasnada.
“A cultura, unha riqueza inestimable, ten que ser accesible para todos. Os libros, portadores de coñecementos e sabedoría, non deben ser tratados do mesmo xeito ca simples mercadorías, igual ca produtos cotiás, coma tomates ou parafusos, por exemplo. O seu valor vai máis aló do prezo de mercado.”
Así opina Adelaida Rancaño, quen firme nas súas conviccións, poderíamos dicir, libertarias, só en circunstancias extremas decide mercar un libro; o seu xeito preferido de obtelos é furtándoos, “cambialos de lugar”, como ela afirma para poñelos á disposición de todo aquel que o desexe. Tanto en librarías como en presentacións( mesmo de amigas ou amigos), procura a maneira de facerse coa obra que lle interesa. Non deixa de ser unha forma peculiar de resistir ao sistema capitalista, como sostén con firmeza.
A biblioteca de Adelaida Rancaño é unha colección única e orixinal, que contén aproximadamente seis mil exemplares. Estes libros están organizados en tres curiosas seccións : A, B e C.
Na sección A, a máis pequena, atópanse os libros adquiridos de maneira legal. A sección B alberga os libros sustraídos en librarías, cada un deles marcado coa data de adquisición e o nome da libraría correspondente. Esta sección é unha especie de mapa literario, con nomes de librarías que van desde Cornellá ata Berlín, pasando por case todas as de Galicia.Finalmente, na sección C, atópanse os libros sustraídos en presentacións. Cada un destes exemplares está marcado coa data e o sitio do tivo lugar oacto.
Esta organización meticulosa reflicte o compromiso de Adelaida coa súa forma única de interactuar co mundo dos libros. Algo, que dada a súa xenerosidade, comparte con todo aquel que queira mergullarse no pracer da lectura. Un santuario de coñecementos aberto a todos, sempre e cando non saia o libro da sala onde se atopa, garantizando así a dispoñibilidade dos mesmos para futuros lectores.
Un xeito magnánimo de democratizar o acceso á cultura, por parte da altruísta e ilustre profesora Adelaida Rancaño.