A CASA-MUSEO MANUEL MARÍA ACOLLE ESTE SÁBADO A ESTREA DE MONSTRÓLOGO
Trátase da nova proposta de teatro de monicreques de Trécola Producións
Un grande monstrólogo chega este sábado, día 25 de marzo, a terras galegas e vai comezar a súa xira pola Terra Chá, concretamente na Casa-Museo Manuel María, ás 17 horas. Unha charla maxistral sobre especies e tipoloxías de montros e as súas curiosidades poderá ser escoitada polas nenas e nenos que asistan ao espectáculo. Mais este xenio non vén só, acompáñano unha sorte de terroríficos e divertidos personaxes para demostrar que lonxe de pretender dar medo, os monstros veñen para nos axudar a superar diversos retos. Para asistir a esta obra teatral con monicreques, de Trécolas Producións, para toda a familia (nenas e nenos de tres anos en diante) é necesario reservar (billete 2€) a través do enderezo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do whatsapp 698177621.
Este sábado, 18 de marzo, ás 20 horas, a narradora oral MARÍA DA PONTRAGHA, e a arpista BLEUENN LE FRIEC presentarán o seu espectáculo CONTOS ENTRE CORDAS na Casa-Museo Manuel María.
Coa palabra e a música idearon a maneira de achegar a arpa e o seu repertorio a lugares onde non se adoita escoitar. No seu espectáculo mostrarannos o vínculo entre as rosquillas e a música romántica, entre a tradición oral galega e o repertorio da arpa clásica, entre os contos e as cordas.
A actividade vai dirixida para todos os públicos e para asistir hai que reservar (billete 5 euros) no seguinte enderezo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
María da Pontragha é educadora e antropóloga, desde sempre mantivo unha ligazón moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. En 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade. Na música, María fai parte, como vocalista, dos grupo Bouba e Sacha na horta.
Bleuenn Le Friec é unha arpista bretoa, galega de adopción. Aprendeu a tocar a arpa celta no ámbito da música tradicional bretoa. Despois emprendeu o estudo da arpa clásica e é con este instrumento que desenvolve hoxe a súa vida musical (Real Filharmonía de Galiza, Orquesta del Gran Teatre del Liceu, …) como na música de raíz galega (Zumaque, Uxía, Carlos Núñez, Xoan Curiel,…).
Este sábado, 25 de febreiro, ás 20 horas, De Ninghures, en concerto, presentarannos o seu traballo “Aquí” na Casa-Museo Manuel María. Oito mozos e mozas que nos marabillarán tocando as músicas de raíz e cunha grande variedade de instrumentos: viola caipira, bongos, frauta traveseira, violín, bombo, ukelele, acordeón, pandeireta, clarinete, gaita, guitarras, pandeiro, voces, cabás…
Velaí algunha mostra da traxectoria musical deste grupo…
Teatro: LIBRE COMA OS PAXAROS, con María Barcala no papel de Rosalía de Castro, este sábado, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María
Fío argumental: Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.
Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.
Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.
Muller.
Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros.
Chámase María Rosalía Rita de Castro.
Actriz: María Barcala Dirección e dramaturxia: Xúlio Lago Textos: Rosalía de Castro
A autora, xunto a Antón de Guizán (de Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños), introducirá aos asistentes nesta peza teatral escrita sobre os feitos decorridos na torre de Caldaloba no século XV e que supuxeron a fin da existencia efectiva do Reino de Galiza. Unha peza teatral para gozar da súa lectura, e da súa representación, reivindicando un anaco da historia de Galiza e a recuperación da torre, como distintas entidades chairegas e lucenses reclaman, fronte ao seu deterioro e esquecemento.
A entrada será libre.
Outras actividades previstas para o mes de febreiro:
-Sábado, 18 de febreiro, ás 20 horas, e previo ao día de Rosalía, a Casa-Museo Manuel María terá o privilexio de contar coa representación da exitosa peza de Xúlio Lago e María Barcala (Teatro do Atlántico) Libre coma paxaros.Esta obra teatral é un percurso polo pensamento e a palabra de Rosalía. Será necesario reservar (billete 5 euros).
-Sábado, 25 de febreiro, ás 20 horas, De Ninghures en concerto, presentarán o seu traballo “Aquí”. Oito mozos e mozas de diversas do noso país que desfrutan tocando xuntas as músicas de raíz cun grande variedade de instrumentos. Será necesario reservar (billete 5 euros).