A obra PEMENTEIRAS, da compañía Xoré Teatro, será representada o vindeiro día 9 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. É unha obra apta para todos os públicos.

SINOPSE: A obra narra a historia de dúas amigas que posúen un pensamento moi diferente da realidade social na que están inmersas. Sofía, unha muller nova, que ten grandes inquietudes e ganas de loitar polo seu recoñecemento persoal e profesional anímase a participar en calquera proxecto que mellore a súa situación actual. Por outro lado, Dosinda, unha muller tradicional arraigada aos valores do patriarcado, non amosa ningún interese en mellorar a súa situación social e familiar, xa que para ela as cousas sempre foron así e non deberían cambiar. Durante o desenvolvemento da obra, Sofía faille ver a Dosinda a situación na que se atopa e axúdalle a iniciar un proceso de reflexión persoal que lle deparará grandes cambios, tanto no ámbito familiar coma laboral.

Máis información no seguinte enlace.