O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación íntegra da obra gañadora, xunto a unha flor natural e un diploma. E o prazo de inscricións é de tres meses a partir da data de publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. (Remate do prazo de presentación o 21 de maio)
Poderán participar neste concurso todos os autores e autoras que o desexen, sempre que presenten as obras en lingua galega. Os poemas serán orixinais e inéditos, non premiados noutros concursos en datas anteriores ao fallo do xurado.
O Concello de Vilalba defende o impulso á produción cultural como unha das súas prioridades, apostando ademais pola creación poética en lingua galega, un obxectivo que queda reflexado neste concurso que chega a súa 52 edición.
O seu prestixio está vencellado a nomes tan recoñecidos da literatura galega como Helena Villar Janeiro, Darío Xohán Cabana, Xavier Alcalá ou Yolanda Castaño, que forman parte do elenco de gañadores dende a súa creación no ano 1975.