A Concellaría de Cultura de Vilalba convoca a VIII Edición do Certame de Microrrelatos que o concello vilabés organiza en colaboración con Culturalia GZ.

Establécense tres categorías:


1 – Infantil: ata 11 anos
2 – Xuvenil: de 12 a 17 anos
3 – Adultos/as: a partir dos 18 anos

O prazo para a presentación de traballos rematará o 31 de Maio e o envío deberá facerse ao correo do departamento de Cultura: cultura@vilalba.es

Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos feito do que se responsabilizará o/a autor/a do mesmo.

Velaquí as BASES que rexerán dito certame:

(Descargar PDF Bases)

ANEXO-Autorizacion-participante-menor-de-idade

(Descargar PDF)

*Información facilitada polo Concello de Vilalba