Palestra MESTRAS REPRESALIADAS. MARÍA VÁZQUEZ SUÁREZ, impartida por Aurora Marco, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para o MES DE MARZO-8M, organiza a palestra MESTRAS REPRESALIADAS. MARÍA VÁZQUEZ SUÁREZ, impartida por Aurora Marcoprofesora, investigadora e ensaísta, e autora do libro relacionado coa palestra María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismopublicado por Alvarellos Editora.

A presentacion correrá a cargo da presidenta do IESCHAMarisa Barreiro.

O acto terá lugar o venres 20 de de marzo de 2026, ás 20:00 horas, no Sala de Exposicións do Auditorio Municial de Vilalba.

A galería NÉBOA inaugura EL MICO BLAU, exposición individual de Edu Gil

  • A galería NÉBOA inaugura “El mico blau”, exposición individual de Edu Gil (Barcelona, 2002).
  • Xoves 12 de marzo ás 19:30 | Lamas de Prado 31, Lugo
  • Duración da exposición: 12 marzo > 24 abril

A galería NÉBOA presenta El mico blaua primeira exposición individual en Galicia do artista Edu Gil Alsina (Barcelona, 2002). A mostra inaugúrase o xoves 12 de marzo ás 19:30 h e poderá visitarse ata o 24 de abril.

En El mico blau, Edu Gil Alsina desenvolve unha proposta pictórica que se move entre a observación do contorno e a exploración das potencialidades da imaxe. O seu traballo investiga o vínculo entre desprazamento e mirada, articulando un diálogo constante entre o formal e o narrativo, entre a pintura e aquilo que acontece dentro e fóra do bastidor.

A exposición configúrase como un percorrido onde as imaxes aparecen como elementos en tránsito, nunca completamente pechados nin resoltos. A través de operacións de repetición, fragmentación e cambio de escala, o artista xera desprazamentos de sentido que activan un espazo de ambigüidade e atención. A pintura convértese así nunha superficie de pensamento e nun espazo de manobra, onde ver non equivale necesariamente a comprender, senón a permanecer nun estado de escoita e dispoñibilidade.

Entre as obras expostas atópanse pezas como Isabel (2025), un lenzo de gran formato que funciona como eixo da mostra e que establece un diálogo coa obra Joven con diábolo (2003–2005) da pintora Isabel Baquedano (1929–2018). A partir dun xesto de cita e relectura, o artista constrúe unha ponte entre xeracións, activando unha reflexión arredor da memoria pictórica, a escala e a distancia. 

Graduado en Belas Artes pola Universitat de Barcelona (2024), Edu Gil Alsina realizou exposicións individuais en Espai 19 (Barcelona, 2025) e Proyecto REME (Barcelona, 2025), e participou en colectivas en Halfhouse, Piramidón e Sala d’Art Jove, ademais do festival Art Nou. Nos últimos anos formou parte de programas de residencia como o Centro de Arte Piramidón (Barcelona, 2024) e as Residencias Artísticas Celestino Cuevas (Reinosa, 2025), onde o seu proxecto foi recoñecido co premio á mellor obra do período. Así mesmo, recibiu diversas bolsas e axudas á creación, entre elas Art Jove Creació, a Borsa de viaxe da Fundació Ramon Amigó Cuyàs e os Ajuts a la Creació da Fundació Felícia Fuster.

Con El mico blauNÉBOA continúa a súa liña de apoio a prácticas artísticas emerxentes que exploran a pintura como territorio expandido, insistindo na súa capacidade para xerar pensamento, abrir preguntas e activar novas formas de mirar

El mico blau

Se puidese estender a miña man e estirarme e estirarme, elástico, cun brazo longo cara a ti, sería algo parecido a el. Como ver o lanzamento dun proxectil dilatado no tempo, unha frecha que se dispara mentres chega coa punta dos dedos. E tamén o sería estar no principio e no final e no medio, este, ese e aquel, todo todo o tempo. Así é o mono azul, que por iso se fai tan estraño. É demostrativo e no seu centro, en parte, coloco o feito de que é estraño, marciano, coa súa propia lei da gravidade. Auto xustifícase pola súa condición e causa. Simplemente existe grazas a ela, que o pintou, e entón eu repítoo.

A peza chamada Isabel, que organiza este encontro doutras pezas, é unha homenaxe a un traballo en particular (Mozo con diábolo, 2003–2005) e ao conxunto da obra da pintora Isabel Baquedano (1929–2018). É un cadro que é unha ponte. Unha pasarela. Pode que facer isto así sexa colocar un xesto de agradecemento nunha especie de cámara de eco. Amplificar unha mensaxe, dicila outra vez e durante máis tempo e con máis importancia. Ese xesto é o primeiro, e o resto ségueno como unha cola; colócanse ao seu redor con naturalidade, facéndolle compañía na sala.

Edu Gil Alsina

Edu Gil Alsina (Barcelona, 2002) desenvolve a súa práctica pictórica entre a observación do contorno e a exploración das potencialidades da imaxe. O seu traballo investiga o vínculo entre desprazamento e mirada, articulando un diálogo constante entre o formal e o narrativo, entre a pintura e a vida, o que queda dentro e fóra do cadro, adentrándose nesta ambivalencia.

É graduado en Belas Artes pola Universitat de Barcelona (2024). Entre as súas exposicións individuais destacan Pit Roig en Espai 19 (Barcelona, 2025) e Màquina, mirada en Proyecto REME (Barcelona, 2025), no marco do festival Artnou. Participou en exposicións colectivas como Entre pròpies i estranyes en Halfhouse (Barcelona, 2025), 2025_N1 en Piramidón (Barcelona, 2025), Plec ple en 200Cent (Barcelona, 2025) e Esquinçar superfícies en Sala d’Art Jove (Barcelona, 2023).

Nos últimos anos participou en programas de residencia como o Centro de Arte Piramidón (Barcelona, 2024) e as Residencias Artísticas Celestino Cuevas (Reinosa, 2025), onde o seu proxecto Entre casi nada y casi algo foi recoñecido co premio á mellor obra do período de residencia. Así mesmo, recibiu diversas bolsas e apoios á creación, entre eles Art Jove Creació (2023), a Borsa de viatge da Fundació Ramon Amigó Cuyàs (2024), coa que realizou unha estancia en Edimburgo, e as Axudas á Creación da Fundació Felícia Fuster (2025). Completou a súa formación mediante obradoiros con artistas como David Bestué, Sara de Ubieta ou Marc Navarro, e participou no programa Emboscada #12, comisariado por Alberto Peral en EINA (2024). Tamén expuxo na feira SWAB xunto a Espai 19 (Barcelona, 2005).

Na súa práctica utiliza imaxes existentes para rearticularas desde a pintura, entendendo a imaxe como un elemento potencial, nunca completamente resolto. A través de operacións de repetición, fragmentación e cambio de escala, xera desprazamentos de sentido que activan un espazo de ambigüidade e atención. A pintura concíbese como unha superficie de pensamento e un espazo de manobra co que atende a cuestións relativas ao feito visual, como a mirada, o desprazamento, a emancipación ou o propio lenguaje pictórico.

O seu traballo propón un percorrido aberto entre imaxe, medio e relato, insistindo na pintura como un territorio de tránsito onde citar ou “volver a dicir” imaxes non busca fixar o seu sentido pechado, senón revelar a súa inestabilidade e o seu potencial de transformación.