
O FIOT de Carballo lanza o seu novo Bono OTNI
Atrévete co risco, coa emoción, co humor tenro e intelixente. Sorpréndete co virtuosismo, coas novas linguaxes e descubre curiosas personaxes que che chegan ao corazón. Teatro creativo e exquisito.
Espectáculos para adultos e tamén para gozar en familia.
Co Bono OTNI poderás asistir a 4 obras excepcionais e case a metade de prezo (12 euros).
Xa á venda en Ataquilla:
QUE É O OTNI DO FIOT?
As novas e heteroxéneas linguaxes do circo e do teatro de obxectos, que fusionan con personalidade propia teatro físico, movemento, expresividade, destreza, linguaxe visual, danza, plástica, risco, música, poesía e emoción, son as protagonistas desta XIV edición do OTNI. Un cóctel explosivo do que brotarán peculiares personaxes na procura da súa identidade e historias que chegan ás nosas entrañas, á nosa raíz. Formas exquisitas e lúdicas que nos desafían a entender quen somos.

QUE ESPECTÁCULOS INCLÚE O BONO OTNI 2025?
Compaña
Xampatito Pato
Auditorio Pazo da Cultura
Domingo 5 de outubro, 20.00h
Déixate levar pola beleza e o humor a un universo onírico.
https://fiot.gal/programa/compana/
Empaque
Chicharrón Circo Flamenco
Auditorio Pazo da Cultura
Xoves 9 de outubro, 21.00h
Experiencias, recordos, emocións… son capas que se entrelazan para definirnos como persoas únicas. Conformar a nosa identidade é un camiño que nos acompaña toda a vida.
https://fiot.gal/programa/empaque/
Entrañas
El Patio Teatro
Auditorio Pazo da Cultura
Domingo 12 de outubro, 20.00h
A onde van os corpos cando desaparecen? Que somos? De que estamos feitos?
https://fiot.gal/programa/entranas/
Masa Madre
CÍA. Caí
Auditorio Pazo da Cultura
Domingo 26 de outubro, 20.00hA vida é como o pan: a medida que pasa o tempo, faise máis dura, pero canto menos che queda, máis a aprecias.
https://fiot.gal/programa/masa-madre/
SOBRE A 34ª EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO
Do 25 de setembro ao 31 de outubro, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, regresará ás táboas para celebrar a súa 34ª edición con 45 espectáculos, 11 estreas absolutas, 11 estreas en Galicia, 2 coproducións e figuras imprescindibles da escena teatral contemporánea. Durante cinco semanas, o FIOT achegará a Galicia una coidada selección de propostas á altura dos teatros e festivais máis representativos de España e Europa.
Así, o FIOT de Carballo encherá ás salas, as rúas e os espazos non convencionais da vila bergantiñá con pezas de artistas e compañías como Andrea Jiménez, Jan Lauwers, Juan Diego Botto, Sergio Peris-Mencheta, María Galiana, Alex O’Dogherty, Lucas Escobedo, Pont Flotant, Gabriel Chamé Buendía, Galeatro, Pistacatro, Needcompany, Gonzalo Cunill, Ainé, Quico Cadaval, Paula Quintas, Evaristo Calvo ou El Patio Teatro.
“Raíz viva, memoria colectiva” é o leitmotiv dunha edición que busca poñer en valor a orixe e a tradición como símbolos de identidade propia e faros da nosa contemporaneidade. Nesta 34ª edición, o FIOT volverase converter no “corazón do teatro en Galicia” da man das súas liñas de programación habituais, con propostas abertas a todos os públicos, formatos e sensibilidades, procedentes de 3 países –España, Bélxica, Arxentina– e 9 comunidades autónomas –Andalucía, Asturias, Comunidade Valenciana, Cataluña, Comunidade de Madrid, Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha e País Vasco–, ademais dunha vintena de accións de mediación.
No FIOT haberá Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M2, FIOTeen e Fiotiño, ademais de 3 residencias artísticas, 2 presentacións de works in progress e actividades paralelas como exposicións, gravacións de OndaFIOT, presentacións de libros, conversas, o Premio do Público, o Certame de Teatro Lido, etc.