O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresiencia da Deputacion de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe documental AURORA, dirixida por AREA ERINA, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta SEXTA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 28 de setembro de 2025, ás 20:00 horas.
O día 4 de outubro no Festival 6Coreógrafas da Estrada, as bailarinas e coreógrafas Raquel Ferradás e María de Vicente estrean a peza “Diz-me, meu amor“, un dúo de danza contemporánea de 15 minutos para rúa e espazo non convencional, produción de Amarelo.
Nun espazo onde o corpo se converte en linguaxe, dúas mulleres atópanse, recoñécense e abrázanse en movemento. Diz-me, meu amor é unha peza de danza contemporánea para rúa ou espazos non convencionais que celebra a complicidade, o coidado e a forza nacidas do amor compartido.
A través de xestos sostidos, miradas cruzadas e pasos entrelazados, as intérpretes constrúen un espazo íntimo e poderoso onde o afecto se manifesta en cada apoio mutuo.
Non é só unha danza: é un acto de celebración dos lazos que curan, do amor que non esixe, que acompaña, que eleva. Esta peza é unha homenaxe a todas as formas de amor entre mulleres que se escollen, apoian e celebran mutuamente en liberdade.
Equipo:
Raquel Ferradás – Dirección, coreografía e interpretación
Raquel Ferradás é bailarina e docente de danza contemporánea e moderna. Formada no Conservatorio Carmen Roche en Madrid, obtén o Grao Elemental de Ballet Clásico nos Conservatorios Coppelia e Mayeusis de Vigo, complementando a súa formación con monográficos de coreógrafas e creadoras de primer nivel nacional e europeo. Actualmente xira co espectáculo Mesura, un solo de danza para rúa estreado en maio 2024 no Festival Escora.
Traballou coas compañías Paula Quintas Cia, La Galga, Aracaladanza, La Intrusa ou Carmen Roche, entre outras. Gañadora do Premio Percorrido Sólodos en Sólodos En Danza Ourense 2024 con “Mesura”, do Certame Coreográfico Compostela 2021 coa peza “LUDO” de Cía La Galga e do Certamen Carmen Roche co dúo “De mayor quiero ser…” e “Los puntos suspensivos que decidas” con Lydia Martínez.
María de Vicente – Coreografía e interpretación
Tras rematar a sua formación no conservatorio Mayeusis de Vigo se muda a Barcelona para cursar a formación profesional nos centros Area Espai de Dansa i Creació e Cobosmika. Alí traballa como intérprete na compañía Dimpro e como intérprete e coreógrafa no colectivo Tixuem. Tamén traballa como actriz e bailarina en diferentes óperas no Gran Teatre del Liceu. Compaxina todo isto impartindo talleres específicos e clases regulares de danza contemporánea, danza acrobática e danza clásica en diferentes centros como Centro Cívico Barceloneta, Paranoia Studi y l’Aulatres Estudi de Dansa i Arts Escèniques.
Na actualidade forma parte do elenco de Dique na compañía Nova Galega de Danza, é integrante da compañía de teatro Nauta no seu proxecto Ephimeros e investiga no seu solo La Mona de seda grazas ao apoio bienal do festival ABANEA onde escollérona como artista emerxente.
Amarelo – ProduciónAmarelo nace en outubro de 2022 como distribuidora de espectáculos de danza e teatro, da man de Lilian Portela. A partir de finais do 2023, na súa liña de apoio a artistas emerxentes, inicia o camiño da produción de espectáculos de danza con “Mesura” de Raquel Ferradás, “Diz-me, meu amor” de Raquel Ferradás e María de Vicente ou como entidade coprodutora de “Transeúnte” de Daniel Rodríguez.
Este sábado, 24 de setembro, ás 18.30 horas, o Pazo da Cultura de Carballo acolle no marco do FIOTiño a representación deste novo espectáculo para público familiar, que revisita un dos textos máis representados de Manuel María da man de queridas artistas da escena galega
En paralelo a esta estrea, o Festival Internacional Outono de Teatro tomará as rúas e prazas de Carballo a golpe de clown, equilibrios e música en directo, para inaugurar o seu Teatro de Rúa cunha dobre proposta que combina o risco e a calidade técnica do circo tradicional coa expresividade máis contemporánea, coas exquisitas funcións de Pausa, dos vascos CÍA niMú, en colaboración con Camiño Escena Norte, e Back to Classics, dos cataláns Planeta Trampolí
A narración oral e o mellor humor botan tamén a andar na tradicional Rúa dos Contos, que ven completa neste inicio do FIOT, con sete primeras propostas a golpe de contos, versos, acordes, maxia e moitas risas: Rogelio, de asSircópatas, e A xira do cuarto século. Aventura 2012, de Pepo Suevos, o xoves 25; Feitizo, de Álex Louzao, e Da vara e máis da besta, de Lois Pérez, o venres 26; Contadiña, de Marita Martínez, e Atroz, de Darío Mares, o sábado 27; e Dous ollos de vidro, de Quico Cadaval e Celso Sanmartín, no Mercado Municipal o domingo 28
As entradas para ‘Berenguela na gaiola’ e resto de propostas deste #FIOT34 están dispoñibles en Ataquilla.com e na billeteira dos espazos o mesmo día da función
A estrea absoluta de ‘Berenguela na gaiola’, de Galeatro, Xarope Tulú e Paula Carballeira, protagoniza a primeira semana da 34ª edición do FIOT. Este sábado, 24 de setebro, ás 18.30 horas, o Pazo da Cultura de Carballo acolle no marco do FIOTiño a representación deste novo espectáculo para público familiar, que revisita un dos textos máis representados de Manuel María da man de grandes artistas da escena galega.
En paralelo a esta estrea, o Festival Internacional Outono de Teatro toma as rúas e prazas de Carballo a golpe de clown, equilibrios e música en directo, para inaugurar o seu Teatro de Rúa cunha dobre proposta que combina o risco e a calidade técnica do circo tradicional coa expresividade máis contemporánea, coas exquisitas funcións de Pausa, dos vascos CÍA niMú, en colaboración con Camiño Escena Norte, e Back to Classics, dos cataláns Planeta Trampolí.
A narración oral e o mellor humor botan tamén a andar na tradicional Rúa dos Contos, que ven completa neste inicio do FIOT, con sete primeras propostas a golpe de contos, versos, acordes, maxia e moitas risas: Rogelio, de asSircópatas, e A xira do cuarto século. Aventura 2012, de Pepo Suevos, o xoves 25; Feitizo, de Álex Louzao, e Da vara e máis da besta, de Lois Pérez, o venres 26; Contadiña, de Marita Martínez, e Atroz, de Darío Mares, o sábado 27; e Dous ollos de vidro, de Quico Cadaval e Celso Sanmartín, no Mercado Municipal o domingo 28.
PRESENTACIÓN DA ESREA ABSOLUTA DE ‘BERENGUELA NA GAIOLA’ PARA ABRIR O FIOT
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, presentou esta mañá en rolda de prensa o espectáculo Berenguela na gaiola, das compañías Galeatro –que neste 2025 celebra o seu décimo aniversario– e Xarope Tulú. A peza é unha coprodución do FIOT, o Centro Dramático Galego e a Casa-Museo Manuel María. No acto, que tivo lugar ás 11.00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura, contou coa participación dos equipos artísticos de ambas compañías, así como do director do FIOT, Alberto Sueiro; a concelleira de Cultura e Festas do Concello de Carballo, Maruxa Suárez; o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez; e o presidente da Fundación Manuel María, Alberte Ansede.
O FIOT acollerá o sábado 27 de setembro, ás 18.30 horas, no Pazo da Cultura, a estrea absoluta de Berenguela na gaiola no marco do FIOTiño. Berenguela vive nunha residencia, pero quere volver á súa casa da aldea. Alí coñece a Aurora, que ten unha imaxinación sen límites, e a Tomás, sempre calado e pensativo. Berenguela propón unha revolta e volverse salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixan facer na realidade: ser libre e cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo.Os tres anciáns escollerán para representar a obra de Manuel María Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, onde cadaquén escolle o personaxe que quere representar.
A compañía carballesa Galeatro e Xarope Tulú alíanse neste proxecto que gañou a cuarta edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e para o que contan coa dramaturga e directora Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática. Ambas compañías están comprometidas con linguaxes escénicas diversas dirixidas á infancia e tamén coa narración e o teatro de obxectos. O FIOT colabora coa creación como coprodutor, xunto á Casa-Museo Manuel María e ao Centro Dramático Galego.
Na rolda de prensa, a concelleira de Cultura e Festas do Concello de Carballo, Maruxa Suárez, quixo destacar que “é unha honra para Carballo acoller a posta de largo da nova creación dunha compañía carballesa tan querida como Galeatro, que neste 2025 celebra o seu décimo aniversario, en tándem con outra admirada artista polo público de Carballo, a Premio Nacional de Literatura Dramática Paula Carballeira”. “Ademais da estrea, a colaboración con Galeatro supón a realización de dúas funcións dirixidas a escolares dos centros de Educación Primaria de Carballo, na preestrea da obra, que terán lugar este venres 26 de setembro”, destacou, tamén, a concelleira.
Pola súa banda, a dramaturga Paula Carballeira –tamén Xograresa de Outono do FIOT–, apuntou que “á hora de plantexar o texto, buscou que os nenos e as nenas se sentisen identificados co que estaba a acontecer na escena, coa posta en valor dun dos textos máis queridos e representados de Manuel María, que hoxe lles interpele”. Mentres, a compañía carballesa Galeatro indicou que “é un pracer traballar en casa e ter a oportunidade de montar e poñer en valor pezas para público infantil e xuvenil de mediano e gran formato, non tan habituais no noso circuito teatral, cunha aposta pola calidade e o oficio para todas as audiencias”. Sobre o galadón Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, Xarope Tulú agradeceu que “o premio ten sentido porque permite que os espectáculos roden, garantindo 40 representacións da peza, e isto é un luxo para nós”.
O presidente da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, apuntou que “esta é a primeira vez que se premia un espectáculo familiar, vencendo prexiuzos, con valentía, xa que estamos seguros de que será un grandísimo proxecto escénico. E aborda a obra de Manuel María máis representada, polo que temos moitas ganas e espectativas de descubrir que fixeron con ela”. Na quenda de palabras, Fran Núñez, director do CDG, expresou os seus parabéns para o proxecto e premiou “a valentía do proxecto, para un público único, non só infantil, senón, tamén, adolescente. E destacou a colaboración de institucións e compañías para sacar adiante o proxecto, rescatando un texto do noso propio repertorio, que é o noso legado”. Núñez incidiu, tamén, “no apoio especial do FIOT para a realización da residencia técnica e artística no Pazo da Cultura”.
Pola súa banda, o director do FIOT, Alberto Sueiro, salientou que “a coprodución desta peza enmárcase na liña de apoio do festival ao tecido escénico galego e o fomento da creación teatral por parte do FIOT. Deste xeito, a compañía realizou unha residencia artística e técnica no Pazo da Cultura de Carballo durante todo o mes de setembro antes desta agardada estrea para público xeral a tarde deste sábado 27 de setembro”. Sueiro mostrouse “contento e agradecido desta colaboración, e de que o FIOT poida cumprir cunha das súas principais divisas: ser útil para o sector e para as compañías, acollendo esta residencia artística e esta estrea, para darlle impulso a un proxecto tan grande e con tantos axentes implicados, no que temos unha confianza ciega e estamos convencidos de que será o mellor arranque para esta 34ª edición do festival”. Finalmente, os artistas quixeron convidar “a públicos de todas as idades a gozar no FIOTiño cunha proposta escénica familiar que descobre a maxia do teatro e da imaxinación como unha ferramenta para cambiar o mundo”.
GRAN ACOLLIDA DO PÚBLICO ÁS PROPOSTAS DO #FIOT34 E ENTRADAS AÍNDA DISPOÑIBLES
A gran acollida do público ás propostas escénicas do FIOT viuse de novo reflectida neste 2025, xa que o festival esgotou en apenas tres días os bonos para o seu Programa de Sala, ademais das entradas para algunhas das propostas máis agardadas, como Vulcano, 14.4 ou Yo solo quiero irme a Francia. En total, o público adquiriu xa máis dun 50% dos tickets totais do festival (cifra que ascende a un 84% se nos referimos ás funcións do Programa de Sala que se poderán desfrutar no Auditorio do pazo da Cultura de Carballo). As entradas para outras xoias deste #FIOT34 como Berenguela na gaiola ou Territorio Regueifa, están aínda dispoñibles na plataforma Ataquilla.com e na billeteira do Pazo da Cultura o mesmo día da función, desde 90 minutos antes do seu inicio.
SOBRE A 34ª EDICIÓN DO FIOT DE CARBALLO
Do 25 de setembro ao 31 de outubro, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, regresará ás táboas para celebrar a súa 34ª edición con 45 espectáculos, 11 estreas absolutas, 11 estreas en Galicia, 2 coproducións e figuras imprescindibles da escena teatral contemporánea. Durante cinco semanas, o FIOT achegará a Galicia una coidada selección de propostas á altura dos teatros e festivais máis representativos de España e Europa, con propostas que triunfan no Teatro Español, a Compañía Nacional de Teatro Clásico, o Centro Dramático Nacional, os Teatros del Canal, o Festival de Almagro, Fetén, o Festival Temporada Alta de Girona ou o Festival de Otoño de Madrid.
Así, o FIOT de Carballo encherá ás salas, as rúas e os espazos non convencionais da vila bergantiñá con pezas de artistas e compañías como Andrea Jiménez, Jan Lauwers, Juan Diego Botto, Sergio Peris-Mencheta, María Galiana, Alex O’Dogherty, Lucas Escobedo, Pont Flotant, Gabriel Chamé Buendía, Galeatro, Pistacatro, Needcompany, Gonzalo Cunill, Ainé, Quico Cadaval, Paula Quintas, Evaristo Calvo ou El Patio Teatro.
Nesta 34ª edición, o FIOT volverase converter no “corazón do teatro en Galicia” da man das súas liñas de programación habituais, con propostas abertas a todos os públicos, formatos e sensibilidades, procedentes de 3 países –España, Bélxica, Arxentina– e 9 comunidades autónomas –Andalucía, Asturias, Comunidade Valenciana, Cataluña, Comunidade de Madrid, Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha e País Vasco–, ademais dunha vintena de accións de mediación.
No FIOT haberá Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M2, FIOTeen e Fiotiño, ademais de 3 residencias artísticas, 2 presentacións de works in progress e actividades paralelas como exposicións, gravacións de OndaFIOT, presentacións de libros, conversas, o Premio do Público, o Certame de Teatro Lido, etc.
Recoñecido como un proxecto pioneiro e clave da cultura en Galicia e unha cita referente da cultura galega, non só en termos de exhibición, senón tamén de produción e acompañamento artístico, no #FIOT34 non faltarán producións con selo galego que formarán parte fundamental do seu programa, da man de compañías e artistas tan queridas polo público de Carballo como Contraproducións, Ainé, Pistacatro, Paula Quintas Cía., Evaristo Calvo, Quico Cadaval e Celso Sanmartín, Marita Martínez ou Galeatro –esta última, en tándem artístico con Xarope Tulú e a Premio Nacional de Literatura Dramática Paula Carballeira–.
Cabe destacar que, fiel á súa vocación de apertura, con propostas transversais e inclusivas para o goce de todos os públicos, neste #FIOT34 moitas das grandes propostas están orientadas a todos os públicos, non exclusivamente adultos, como é o caso das marabillosas Matres ou Farra. Un ano máis, haberá espazo para o risco, os clásicos, os emerxentes, as novas linguaxes… e, en definitiva, unha invitación ao descubrimento.
“Raíz viva, memoria colectiva” é o leitmotiv dunha edición que busca poñer en valor a orixe e a tradición como símbolos de identidade propia e faros da nosa contemporaneidade. Trátase dunha chamada á orixe: a aquilo que nos sostén por dentro, aínda que non se vexa. Como as entrañas do corpo, a raíz e a memoria forman parte desa anatomía común que nos une: emocional, cultural e escénica.
SOBRE O FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO (FIOT)
Máis de tres décadas creando teatro
O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é un festival que ofrece un programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos máis prestixiosos do teatro actual. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e conta coa colaboración do Concello de Carballo. Pola súa traxectoria, a calidade da programación, a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece e pola súa proxección, o FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programación, con preto de 40 espectáculos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes escénicas da comunidade galega.
Desde hai 34 anos, o FIOT dá a coñecer en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos públicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programación de teatro de calidade na comarca de Bergantiños e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes escénicas na zona. Desde entón, FIOT é o lugar de encontro entre artistas, compañías e programadoras, e aposta por estimular a creación e o traballo en rede tanto a través da oferta de espazos para residencias artísticas como da implicación, do propio festival, na produción e novos espectáculos, fundamentalmente de compañías galegas.
Nas súas pasadas 33 edicións, FIOT contou coa participación das compañías máis relevantes de Galicia e España, ademais do ámbito internacional, outorgando así espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, xéneros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, máis de 350 formacións e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama escénico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael Álvarez ‘El Brujo’, Yllana, Ron Lalá, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compañía do Chapitô, Leo Bassi, Grupo Chévere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xosé A. Touriñán, Quico Cadaval…
Ao longo da súa traxectoria, diversos recoñecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes escénicas do século XXI á cidadanía e recoñeceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular máis relevantes na actualidade. Entre outras distincións cítanse, ademais da ‘Insignia Cultural’ do ‘Observatorio de la Cultura’ da Fundación Contemporánea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no ámbito das artes escénicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros.
Desde a Asociación Castiñeiro Milenariolevaron a cabo da presentación do IX Ciclo de Teatro. Nesta nova edición contarase con dúas representacións do Circuíto de Teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A primeira representación correrá a cargo de Curuxan e a súa obra “Comedia en seis actos”.
A Asociación Cultural Curuxan, de artes escénicas e audiovisuais, con 10 anos cumpridos, pendula entre o teatro de improvisación, a formación audiovisual e a realización de curtametraxes, sendo habituais as súas intervencións no Clavicémbalo de Lugo, en colexios, en centros sociais, no Arde Lucus…
A obra titulada “Comedia en seis actos” e trata de como a vida se divide en actos, ¿como sería unha comedia? ¿pode unha comedia ser tráxica? ou ¿pode a traxedia converterse en comedia? A través de seis actos, nun evento participativo, o público é quen modifica a trama da historia.
Terá lugar o 27 de setembro no local da Asociación Veciñal do Castro a partir das 19:30 e está dirixida a a maiores de 14 anos.
A segunda xornada estará a cargp da compañía Hipócrita Tetaro e a obra “Casting”.
Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro do ano 2004. Dende a súa creación leva estreadas máis dunha vintena de obras de mediano e gran formato, a maioría de autoría propia, participando ademais en varios espectáculos de rúa, performances, contacontos, radioteatro… nalgúns casos en colaboración con outras entidades con fins culturais ou sociais. Varias das súas obras, entre elas “Casting” recibiron premios á mellor montaxe e á mellor interpretación en varias mostras de teatro amador.
“Casting” é una comedia aceda está protagonizada por figurinos de revista, estereotipos femininos creados pola industria cinematográfica de Hollywood no século pasado, que conseguiron instalarse no inconsciente colectivo de varias xeracións como prototipos de muller. Mirna Lois, unha diva dos anos 50, Norma Lee, actriz de cine erótico, e Úrsula Cimarrón, unha inxenua moza aspirante a actriz, coinciden nun casting. Todas compiten por un único papel. Atrapadas nos seus corpiños estereotipo, chegarán ó límite do ridículo por cumprir coas expectativas do seu rol. Por cal delas se decantará finalmente o despiadado produtor?
Terá lugar o 8 de novembro da casa da Cultura de Begonte a partir das sete da tarde e está dirixida a público adulto.