O Encontro Galeusca de 2025 reúne representantes da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC), que representan case 2800 autoras e autores no conxunto das tres entidades.
Neste espazo de diálogo póñense en común perspectivas sobre a creación escrita nos nosos tres sistemas literarios recuperando e ampliando, deste xeito, os vínculos e as reflexións conxuntas levadas a cabo en anteriores encontros, centrándose, neste caso, en temas de actualidade como o impacto da Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas ou a literatura de tradición oral.
– 11:05 h. Apertura por representantes das tres asociacións.
– 11:20 h. Relatorio inaugural sobre a traxectoria de Galeusca a cargo de Goizalde Landabaso, acompañada por Sebastià Portell (presidente da AELC) e Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG).
– 11:40 h. Acto aberto de reflexión sobre Galeusca con representantes das tres entidades, moderado por Marta Dacosta.
– 12:45 h. Diálogo sobre Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas, con Rubén Cela, Ania González Castiñeira e Sebastià Portell.
Museo do Pobo Galego. Pola tarde.
– De 16:30 a 17:30 h. Mesa redonda sobre literatura de tradición oral, coordinada por Antonio Reigosa. Con Oihana Arana e Amaia Elizagoien, Joan Borja, Alba María e Rita Sineiro.
– De 17:30 a 17:50 h. Lectura pública das conclusións do Galeusca 2025, por parte das tres asociacións.
Igrexa de San Domingos de Bonaval.
– 18:00 h. Lectura da Declaración de Compostela-Bonaval.
– De 18:30 a 20:00 h. Acto de clausura coordinado por Lois Pérez, con improvisación entre regueifeiras (Alba María e Lupe Blanco), bertsolariak (Oihana Arana e Amaia Elizagoien) e glosadors (Miquel Àngel Adrover e Berta Llos). Peche musical con Ugia Pedreira.
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenvolvemento do programa de actividades do mes de setembro de 2025, organiza a representación da obra PROFETAS, a cargo do grupo Ítaca Teatro, que contou co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a coprodución do Centro Dramático Galego, da Xunta de Galicia, e coa colaboración e apoio do Concello de Vilalba, a Mostra de Ribadavia, o Concello de Lugo e a Deputación de A Coruña.
O acto terá lugar o sábado 20 de setembro de 2025, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.
RESIDENCIA ARTÍSTICA QUE INVESTIGA A CALIDADE HÍDRICA DO RURAL LUCENSE DESDE O MITO DAS AUGAS SAGRADAS DE ADAI 💧🔬🧫
O 3 de outubro ás 19h, inaugúrase a mostra DA TRAÍDA no Espazo Leira, situado en Praza do Campo, Lugo
E artista Antía Carreira leva semanas investigando a relación ancestral dos mananciais co sacro e a súa vinculación coa calidade hídrica das canalizacións no actual rural lucense, desde imaxes macro ás imaxes micro que revelan “outros mundos que están en este”.
Antía Carreira é unhe artista de Lugo cunha ampla traxectoria no audiovisual e a xestión cultural
Visión Periférica é unha proposta recoñecida e financiada polas Axudas INJUVE á Creación, consistente nun ciclo de residencias artísticas que se levarán a cabo durante 2025 e traerán a Lugo artistas de diferentes procedencias e disciplinas centradas no audiovisual.
A exposición permanecerá aberta mediante visitas guiadas os días 17/10, 31/10 e o 14/11 , e mediante cita previa en leirahaus@gmail.com.
Accións: Proxección de Pupa (Filme premiado no Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto) o 16/09 ás 19:30h; e Excursión ao Monte Segade e obradoiro audiovisual con microscopios (con inscrición) o 20/09 ás 11h.
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresiencia da Deputación de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe documental PREFIRO CONDENARME, dirixida por Margarita Ledo Andión, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta CUARTA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 19 de setembro de 2025, ás 20:00 horas.