
ESTE SÁBADO CONCERTO DO BARÍTONO GABRIEL ALONSO E O PIANISTA RICARDO GARCÍA NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA
Será dentro da Gala-Concerto do 4º Concurso Manuel María de Composicións Musicais, onde se interpretarán as cinco composicións finalistas inspiradas en poemas de Manuel María e sete pezas baseadas en poemas Curros Enríquez, Eduardo Blanco Amor, Miguel Anxo Fernán-Vello, Marica Campo, Ramón Cabanillas, Álvaro de las Casas e Castelao
Actividade de acceso libro e gratuíto, mais é necesario reservar no seguinte enderezo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
A Casa-Museo Manuel María celebra este sábado, 4 de outubro, ás 17.30 hrs, a gala-concerto da fase final da IVª edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais. A esta fase final accederon cinco pezas seleccionadas entre o conxunto das presentadas a concurso: Tenrura, O meu barco, Nas leves tardes de Outono, Eu son de Outeiro de Rei e Alborada, compostas por Manuel Pacheco Sánchez, Luis Serrapio Fernández, Yónatan Sánchez Santianes, Manuel María Veiga Lombardía e Xosé Alfredo Oliveira Pérez.
O concerto contará como intérpretes convidados os músicas galegos Gabriel Alonso, barítono, e Ricardo García, pianista. O seu concerto constará de dúas partes. Na primeira interpretarán as cinco pezas finalistas do certame, mentres que na segunda o público asistente poderá desfrutar dunha serie de pezas dos compositores galegos José Baldomir, Manuel Moreno-Buendía, Juan Durán, Xavier Montsalvatge, Antón García Abril e Rosendo Mato Hermida baseadas en poemas de Curros Enríquez, Eduardo Blanco Amor, Miguel Anxo Fernán-Vello, Marica Campo, Ramón Cabanillas, Álvaro de las Casas e Castelao.