
O vindeiro sábado 4 de outubro de 2025, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) ten previsto visitar, no lugar de AS AGUIAS-MURAS, a exposición “Vigo-Muras Serigrafía Galega 1971”, un tributo aos irmáns Álvarez Blázquez que acerca ao público 41 serigrafías saídas dos talleres da Serigrafía Gallega (Sega), fundada en Vigo por Álvaro Álvarez Blázquez, e expostas por primeira vez en Galicia en 1971.
Na exposición, promovida polo LEGADO ACTIVO BEIRAS CAL (LABC), poderán verse obras de artistas como Seoane, Laxeiro, Díaz Pardo, Virxilio Prego, Xosé Luis de Dios, os irmáns Quesada, Mercedes Ruibal, María Antonia Dans, Vidal Souto ou Maside, entre outros, configurando un percorrido pola creación galega contemporánea a través da serigrafía.
A chegada á As Aguias-Muras está prevista para as 12:00. A continuación faremos unha visita á exposición acompañados por Carme Varela, secretaria do LABC (Legado Activo Beiras Cal).
Nesta ocasión, non hai prazo de inscrición. Todas as persoas que desexen participar na visita acudirán polos seus medios ao punto de inicio, lugar de ÁS AGUIAS-MURAS, ás 12:00 horas.
(Hora prevista de remate da visita: 14:00)
NOTA-INFORMATIVA-VISITA-EXPO-MURAS-2025