Proxección do documental SEGADORES DA ÓRREA EN TERRAS DE CASTELA. UNHA HISTORIA DE HEROES na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, coa colaboración do Concello de Vilalba, organizan o venres 13 de xuño de 2025, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:30 horas, a proxección do documental SEGADORES DA ÓRREA EN TERRAS DE CASTELA. UNHA HISTORIA DE HEROES, producido pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, no Concello de Riotorto, e dirixido por Vanesa Gómez Lourido e Laura Alonso Carracedo.
NOTA-INFORMATIVA-SEGADORES-DA-ORREA