O Atlantic Pride consolida á Coruña como capital da diversidade e o orgullo do noroeste peninsular

A 7ª edición do festival do ‘Orgullo do Norte’ celebrado na cidade herculina do 5 ao 12 de xullo pechou con éxito oito xornadas de concertos da man de festexadas propostas como «ZAHARAVE», Miriam Rodríguez, Whigfield, Alba Reche, Julieta, María Isabel, Leticia Sabater, Tú peleas como una vaca, arde, Jonydasvie, Montedapena, raze, Terrae DJ’s, Choriza May, Pitita, Chloe Vittu, Electra, Kim Miller, Saia Santa e Sasha Moon, entre outras

Nunha época na que, lamentablemente, o odio ocupa determinados contextos públicos, a cita reivindicase co apoio dun público fiel, amplo e plural e das diversas institucións e entidades colaboradoras como un dos ‘Orgullos’ de referencia a nivel estatal, sendo un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, con coloridas propostas para todas, todos e todes

A asistencia de público nesta sétima edición do Atlantic Pride mantivo unha boa saúde, rexistrando preto de 35.000 persoas, pese á tormenta vivida en Galicia a tarde do sábado, 11 de xullo, á celebración do Mundial de fútbol –co partido disputado pola selección española a noite do venres 10 de xullo- e ao ‘botellón’ que debilitou notablemente a estrutura dun evento gratuíto organizado por unha asociación sen ánimo de lucro que se financia, tamén, grazas ao consumo responsable nas barras do recinto 

O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nado en 2019, destinada a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva; a cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO) e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia, a través dos Concertos do Xacobeo, ademais do apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia e Globalgrafic

Entre o 5 e o 12 de xullo, A Coruña converteuse un ano máis na sede do ‘Orgullo do Norte’ para celebrar a sétima edición do Atlantic Pride. Trátase dunha cita xa imprescindible do calendario musical e cultural do verán en Galicia, cunha proposta única e diversa que reúne descubrimento musical e nostalxia, novas voces e grandes himnos do pop interxeneracional, iconas que forman parte da memoria colectiva, talento e diversión drag e figuras galegas emerxentes que cada ano ocupan un lugar fundamental na programación do festival.

Do 5 ao 12 de xullo na Coruña, O Atlantic Pride propuxo oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade, consolidando á cidade da Coruña como capital da diversidade e o orgullo no noroeste peninsular. A cita contou con máis de 40 festexadas actuacións.

A 7ª edición do festival do ‘Orgullo do Norte’ celebrado na cidade herculina do 5 ao 12 de xullo pechou con éxito oito xornadas de concertos da man de propostas como «ZAHARAVE», o espectáculo electrónico de Zahara, Miriam Rodríguez, Whigfield, Alba Reche, Julieta, Azúcar Moreno, Leticia Sabater, María Isabel, Jorge González Ricky Merino, Kika Lorace, Tú peleas como una vaca, arde, Jonydasvie, Montedapena, raze, Terrae Dj’s, Choriza May, Pitita, Chloe Vittu, la Niña Delantro, Electra, Kim Miller, Saia Santa e Sasha Moon, ademais do novo Atlantic Drag!

Mentres, aos pratos do festival, nas pinchadas encargadas de abrir e pechar as diferentes xornadas da cita nesta sétima edición, situáronse DJ’s de referencia da escena estatal e galega, como Oro Jondo, Dennis Moore, Paola, DJ Cés, DJ90, DJ Licho e DJ Flashback. 

Nunha época na que, lamentablemente, o odio ocupa determinados contextos públicos, a cita reivindicase co apoio dun público plural e das institucións e entidades colaboradoras como un dos ‘Orgullos’ de referencia que se celebran a nivel estatal nesta época do ano, sendo un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, con coloridas propostas para todas, todos e todes. 

A asistencia de público nesta sétima edición do Atlantic Pride mantivo unha boa saúde, rexistrando preto de 35.000 persoas, pese á tormenta vivida en Galicia a tarde do sábado, 11 de xullo, á celebración do Mundial de fútbol –co partido disputado pola selección española a noite do venres 10 de xullo- e ao ‘botellón’ que debilitou notablemente a estrutura dun evento gratuíto organizado por unha asociación sen ánimo de lucro que se financia, tamén, grazas ao consumo responsable nas barras do recinto.

Un ano máis, o Atlantic Pride convidou a todos os públicos a sumarse á festa e gozar da diversidade do ‘Orgullo do Norte’ coruñés: “celebramos á nosa sétima edición como un festival LGTBIQ+ consolidado, aberto e diverso, nacido para celebrar a liberdade, a visibilidade e o dereito de todas, todes e todos a vivir o espazo público con orgullo”, apuntan desde Orgullo Coruña (ORCO).

E engaden: “somos populares, interxeracionais, libres e profundamente diversos. Gústanos a sorpresa, gústanos romper etiquetas e gústanos construír unha programación que non se pareza a ningunha outra. Esta é unha das grandes singularidades do noso festival, do que moi pronto anunciaremos as datas para a oitava edición. Grazas e agardámosvos en 2027l!”.

“Seguiremos a traballar coa vontade firme de que todas as persoas se sintan representadas e benvidas, para seguir situando a nosa cidade como un referente da diversidade, a liberdade e a celebración, apostando, de novo, pola sinais de identidade desta cita xa icónica da Coruña: visibilización, inclusión, cultura, talento e diversión”. Desde ORCO, queren facer, tamén, unha chamada á responsabilidade: “O Atlantic Pride non é posible sen un público fiel que apoia á celebración dun evento aberto e gratuíto. Estamos moi agradecidos polo incondicional apoio da audiencia, pero si debemos incidir en que situacións como o botellón debilitan a nosa capacidade para ofrecer propostas artísticas de calidade ano tras ano, que non son sostibles unicamente coas aportacións dos nosos patrocinadores e apoios”. 

O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nado en 2019, destinada a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva; a cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO) e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia, a través dos Concertos do Xacobeo, ademais do apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia e Globalgrafic.

Camiño Escena Norte e Vegalsa-Eroski renovan a súa alianza para impulsar as artes escénicas

A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega, e a compañía galega de distribución alimentaria ratificaron esta mañá o seu acordo de colaboración

A oitava edición do programa de intercambio cultural a través das artes escénicas, cuxo lema será “Latexos Escénicos”, celebrarase do 18 de setembro ao 15 de novembro en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa

Por sexto ano consecutivo, a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski apoia o proxecto de intercambio de artes escénicas Camiño Escena Norte (CEN). Faino como patrocinador oficial da oitava edición do programa, que se celebrará do 18 de setembro ao 15 de novembro, afianzando así o seu compromiso con esta iniciativa que promove o intercambio cultural entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa.

Na firma do acordo estiveron presentes o director de Comercial e Marketing de Vegalsa-Eroski, Jesús Diz, a presidenta de Escena Galega, Eva Alonso, e membros da compañía Teatro O Cubo. “En Vegalsa-Eroski entendemos a cultura como un elemento esencial para o desenvolvemento social e a cohesión dos territorios nos que estamos presentes. Por iso, renovamos un ano máis a nosa colaboración con Camiño Escena Norte, un proxecto que fomenta o intercambio cultural, achega as artes escénicas a novos públicos e fortalece os vínculos entre comunidades”, declarou Jesús Diz. 

Pola súa banda, Eva Alonso indicou que para Camiño Escena Norte, e por extensión para a asociación que preside, promotora de CEN en Galicia, “é de enorme importancia contar un ano máis coa complicidade e apoio de Vegalsa-Eroski como patrocinador oficial do proxecto. Unha iniciativa que cremos que se aliña perfectamente cos valores que compartimos e que ademais para o sector escénico profesional é un exemplo de compromiso do grupo co territorio e o intercambio cultural por medio do apoio á cultura”.

Un programa que se verá en case 60 localidades

A edición de 2026 contará cunha programación oficial que se celebrará do 18 de setembro ao 15 de novembro, na que participarán 18 compañías de teatro, danza, ilusionismo, artes do movemento e novo circo mostrando os seus espectáculos en case 60 localidades dos seis territorios.

Entre as compañías galegas seleccionadas para esta edición figuran Teatro O Cubo, coa súa produción Voo; Teatro de Ningures, con As gardiás, ou o nó do tecelán; e Ártika Cía, con Non pasarán. 

Alén da programación oficial, o proxecto volverá desenvolver a súa iniciativa FOCO, que este ano estará centrada en Asturias, onde se levará a cabo unha colaboración especial coa asociación promotora da Comunidade, EscenAsturias. Dentro desta batería de actividades haberá unha promoción sectorial e difusión das artes escénicas do territorio. “Fainos especial ilusión que este ano o foco estea posto en Asturias, un territorio no que estamos en expansión e no que actualmente contamos con 14 establecementos Autoservicios Familia”, remarcou Jesús Diz.

Este 2026, tamén se volveu a editar o Catálogo de Espectáculos Recomendados Camino Escena Norte, unha publicación que camiña xa pola súa cuarta edición e que serve de promoción de 36 producións seleccionadas. O obxectivo deste catálogo é ter unha ferramenta a maiores para a difusión e distribución das artes escénicas profesionais galegas, asturianas, cántabras, vascas, rioxanas e navarras fóra das súas fronteiras.

Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castilla y León con 291 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservicios Familia, Cash Record, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A súa estrutura comercial compleméntase cunha moderna plataforma de mercadorías xerais situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense.

Sobre Camino Escena Norte

CEN naceu co obxectivo de promover o intercambio cultural a través das artes escénicas, tomando como referencia e fío condutor os camiños que transitan polo norte da Península Ibérica e que teñen, como destino final, Santiago de Compostela. Desde a súa primeira edición, celebrada en 2019, CEN levou o teatro, a danza, as artes do movemento e o novo circo a escenarios afastados, en moitos casos, dos circuítos habituais de programación, favorecendo así o acceso a este tipo de propostas á veciñanza de diferentes municipios e localidades.

CEN é unha iniciativa impulsada polas asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria), Escena (Euskadi), ESNA (Navarra) e AEscena (A Rioxa) unidas na supraentidade Camino Escena Norte Agrupación de Interés Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto. O programa conta co apoio económico da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Deputación de Lugo; xunto ao Gobierno del Principado de Asturias, Gobierno de Cantabria e Gobierno Vasco; as deputacións forais de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa; o Gobierno de Navarra, o Gobierno de La Rioja e o Ministerio de Cultura. 

O IESCHA organiza dúas novas actividades: proxección do documental MARY QUINTEIRO e II Sesión de curtas do Ciclo Mestre Mateo 2026

O Instituto de Estudos Chairegos organiza dúas novas actividades:

XOVES 2 DE XULLO, 20:00 – CASA DA CULTURA DE VILALBA:

Proxección do documental MARY QUINTERO, MÁIS DE 90 ANOS DE CREATIVIDADE.

VENRES 3 DE XULLO: 20:00 – AUDITORIO MUNICPAL DE VILALBA

II SESIÓN DE CURTAS, (IMAXE REAL) CICLO MESTRE MATEO 20226

NOTA-II-SESION-CURTAS

Ditame do xurado no VIII Certame de Microrrelatos de Vilalba

Patricia Torrado Queiruga, Darío Pita Rodríguez e Leah Ferreiro García gañadores nas súas respectivas categorías do VIII Certame de Microrrelatos de Vilalba

O VIII Certame de Microrrelatos de Vilalba, convocado pola área de Cultura do Concello de Vilalba, coa colaboración de Culturalia GZ, xa ten obras premiadas.

Xuntanza do xurado no VIII Certame de Microrrelatos de Vilalba

O xurado de dito certame, formado por Mercedes Queixas Zas, Atenea Ruibal e Pilar Otero, tivo que deliberar sobre un total de sesenta obras presentadas nas tres categorías (Infantil, Xuvenil e Adulta), e decidiu a seguinte relación de premios: (Velaquí a acta do xurado)

Ademais dos premios materiais, as persoas galardoadas verán como as súas obras van aparecer publicadas nun volume colectivo editado por Alvarellos Editora xunta os microrrelatos que tamén recibiron galardón na edición de 2025 deste mesmo certame literario.

A entrega de premios terá lugar o 5 de setembro na Casa da Cultura de Vilalba.

XIV Ruta por Galicia adiante: Andando as terras de VIVEIRO

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do ano 2026, organiza a XIV Ruta Por Galicia adiante – Andando as Terras de… VIVEIRO.

A saída do autobús realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 8:30 horas do domingo 5 de xullo de 2026.

Nesta ocasión, contaremos co  acompañamento de NOELA FEAL, guía oficial de Tirismo e artesá, e xirará en torno ao seguinte 

Programa de referencia

08:30h.- Saída de Vilalba hacia Candaoso (Boimente-Viveiro).

09:50h.- Chegada ao Curro de Candaoso, para presenciar a baixada dos animais que participarán na tradicional RAPA DAS BESTAS DO CURRO DE CANDAOSO.

11:45h.- Saída hacia Viveiro, para facer un percorrido panorámico en autobús por COVAS e CELEIRO

12:30h.- Percorrido a pé polo casco vello de CELEIRO

13:00h.- Tempo libre por CELEIRO (paseo, praia, peirao vello e zona de viños)

14:15h.- Subida en autocar hacia o Monte San Roque, con tempo para disfrutar das vistas dende o miradoiro.

15:30h.- Hora prevista do xantar na Parrillada San Roque: Monte de San Roque (609 282 704) 

Menú: empanada, churrasco, tarta xeada, viño, agua e café

17:30h.- Regreso a VIVEIRO para realizar visita comentada polo casco histórico.

19:00h.- Tempo libre por Viveiro.

20:00h.- Fin da visita e regreso a Vilalba

O custo por participante (inclúe comida, guía e autobús), fixouse en 35 € para SOCI@S, e 40 € para NON SOCI@S

As persoas interesadas en participar na Ruta poderán inscribirse, como máximo ata o mércores 1 de xullo de 2026, enviando unha mensaxe á conta de correo do IESCHA, estudoschairegos@gmail.com. Tamén poden facelo chamando aos teléfonos: 686-451501 // 651-361628, ou comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva. (Recoméndase indicar calquera circunstancia que haxa que ter en conta durante a xornada).

NOTA_INFORMATIVA_RUTA-VIVEIRO