Xornadas sobre Inmigración na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Concello de Vilalba, organizan as XORNADAS SOBRE INMIGRACIÓN que se levarán a cabo na Casa da Cultura de Vilalba, os días 13 e 14 de novembro de 2026 co seguinte programa:
VENRES 13 DE NOVEMBRO, A PARTIR DAS 17:30
- INAUGURACIÓN DAS XORNADAS
o Marisa Barreiro, IESCHA
o Marta Rouco, CONCELLO DE VILALBA
- INAUGURACIÓN E PRESENTACIÓN DAS EXPOSICIÓNS
- “As Cores do respecto“,de Le Magic Mayimba (Pablo del Valle)
- “Os Adeuses”, fotografías de Alberto Martí, cedida polo Consello da Cultura Galega
- RELATORIO 1 – ANA MARÍA PERNAS VÁZQUEZ, Socióloga
- Dos Ventos do odio ás tempestades da violencia: memes e desinformación
- RELATORIO 2 – JOSÉ EDUARDO BASANTA MONTENEGRO, Inspector de Educación
- Alumnado de incorporación tardía no sistema educativo. Visión da realidade no Concello de Vilalba
- RELATORIO 3 – LUZIA OCA GONZÁLEZ, Doutura en antropoloxia pola USC
- Burela, de parroquia mariñeira a vila super-diversa
SÁBADO 14 DE NOVEMBRO, A PARTIR DAS 11:30
- RELATORIO 1 – NOURA EL AMRANI SBAI, Mediadora Intercultural no Concello de Arteixo
- A migración e a mediación intercultural ao longo destes 20 anos
- INTERVENCIÓN MUSICAL CON PABLO DEL VALLE:
- ÁFRICA A TRAVÉS DOS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN
- RELATORIO 2 – ANA MARÍA PERNAS VÁZQUEZ, SOCIÓLOGA
- SAUDADE DO DESERTO: A SOIDADE NA DIÁSPORA SAHARAUÍ EN GALIZA
ACOMPAÑADA NA MESA POR: SOUADOU MOHAMED FADEL, membro da Comunidade Saharauí en Galiza e Profesora de ELE
- CLAUSURA
- OFRENDA FLORAL NO MONÓLITO DAS IRMANDADES
AS EXPOSICIÓNS “AS CORES DO RESPECTO”, DE LE MAGIC MAYIMBA (PABLO DEL VALLE) E “OS ADEUSES”, DE ALBERTO MARTÍ, (CEDIDA POLO CONSELLO DA CULTURA GALEGA), QUE SE INAUGURAN O VENRES 13 DE NOVEMBR, PERMANECERÁN ABERTAS AO PÚBLICO NO HORARIO HABITUAL DA CASA DA CULTURA ATA O DÍA 10 DE DECEMBRO DE 2026.
Velaquí o TRÍPTICO sobre as Xornadas (Descargar PDF)


NOTA INFORMATIVA
NOTA_INFORMATIVA_XORNADAS-2026