Proxección do documental “360 CURVAS. Nacer a medio camiño”, de Alejandro Gándara e Ariadna Silva, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental gañador dos MESTRE MATEO-2026, 360 CURVAS. Nacer a medio camiño, de Alejandro Gándara e Ariadna Silva, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que durante os próximos meses esta a brindarnos a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta novena proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 19 de novembro de 2026, ás 20:00 horas.
NOTA-informativa-360-CURVAS