AS MÁIS MOLONAS DE PAKOLAS, este sábado na Casa-Museo Manuel María

O público infantil e familiar poderá desfrutar das cancións máis aclamadas de Pakolas, este sábado, día 21 de novembro, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María. O músico presentará As máis molonas de Pakolas, un concerto onde soarán, con moito humor e moito rock, as mellores cancións da súa discografía.

O concerto vai dirixido para nenas e nenos entre os 3 e os 10 anos. Para asistir é necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.