
O Instituto de Estudos Chairegos, a Biblioteca “Agustín Fernández Paz” do IES Basanta Silva e a Escola de Teatro, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan o Roteiro AIRE NEGRO, un paseo literario polos espazos do concello nos que transcorre a novela de Agustín Fernández Paz, dentro da Iniciativa 2026-2027: MIRADAS SOBRE AGUSTÍN.
O inicio do Roteiro terá lugar ás 10:00 horas do sábado 7 de novembro a carón da Biblioteca Municipal “Agustín Fernández Paz” de Vilalba, para proseguir polo barrio de As Fontiñas e por outros lugares do concello polos que transcorre a novela. Unha parte do percorrido será a pé, e outra, en autobús (posto polo Concello para facilitar os desprazamentos).
De regreso a Vilalba, terá lugar o xantar no restaurante NOVA RUTA, cun menú literario recollido das novelas de Agustín: CALDO, TROITAS FRITIDAS CON XAMÓN E CON VERDURAS, PATACAS E ENSALADA, QUEIXO CREMOSIÑO CON MARMELO. PREZO 35€.
NOTA-INFORMATIVA-ROTEIRO-AIRE-NEGRO