XIV Lúas de Outono no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
A Casa-Museo Manuel María organiza para o martes, terza feira, día 19 de setembro, ás 20.30h, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña celebraremos unha nova edición, a décimo cuarta, de Lúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María.
A edición deste ano preséntase so o título Música, humor e poesía e poderemos gozar coas historias do dramaturgo, director, actor e narrador, Quico Cadaval, coa poesía de Manuel María declamada pola actriz María Barcala e coa proposta musical, que parte do canto tradicional galego, que realiza Paraíso Canto.
A entrada é gratuíta mais é necesario reservar os billetes en contacto@