CASTIÑEIRO MILENARIO celebra os Maios e a foliada de primavera

Despois de tres longos anos, volven as foliadas a Castiñeiro Milenario.

Logo destes anos tan duros para todo o mundo, tamén para o mundo da cultura, queren deixar atrás este inverno de pandemia e festexar a volta da máis fermosa das primaveras e buscan facelo como lles presta na asociación, celebrando a vida cos Maios e con música tradicional.

O sábado 7 de maio, a partir das seis da tarde no local do Pobo da Asociación Veciñal do Castro, guiados por Branca Villares realizarán un maio, fermoso e florido, para dicir ata nunca a este longo inverno e saudar a entrada da primavera. Despois do maio contarán con Xes O Mago, un rapaciño que engaiolará cos seus trucos e que vai a actuar por primeira vez en público, algo que, sen dúbida, nos enche de orgullo e satisfacción.

Ao remate haberá uns petiscos para repoñer forzas e encarar a primeira foliada postpandémica na que contarán con Foliadeir@s do Castro, a presentación de Treitoira e despois, foliada libre.

Dadas as circunstancias especiais aconsellan intentar gardar as distancias de seguridade e o uso do tapabocas no interior do local, aínda que a idea é facer a maior parte da festa no exterior.

*Información facilitada pola asociación Castiñeiro Milenario.

Rufus Wainwright, actuación destacada nos Concertos do Xacobeo este verán en Vigo

Rufus Wainwright será unha das actuacións principais dentro do programa Concertos do Xacobeo en Vigo este verán.
As entradas para o directo que o cantante e compositor ofrecerá o sábado 2 de xullo, ás 21:00h, no Teatro AFundación de Vigo sairán á venda este xove 5 de maio, ás 12:00h, a través da plataforma online Ataquilla.com.
Trátase do único concerto en Galicia que Wainwright dará dentro da súa xira europea este 2022, cun directo en formato só para presentar os temas do seu último disco. nominado aos Grammy 2020 ‘Unfollow the Rules’, un álbum de madurez co que
o artista regresa ás salas para vivir a música en directo tras dous anos de paréntese.

NP_Rufus-Wainwright

*Información facilitada por artmusic agency