RENEGO, por Miguel Díaz

RENEGO

Miguel Díaz

Abxuro da culpabilidade

por anhelar a túa boca,

polo devezo da túa pel

cinguida ós meus dedos…

Abxuro da culpabilidade

por desexar os teus peitos

bosquexando a silueta

do que quero alimentar.

Renego de sentirme mal

por non renderme á beira

dunha tesela alcanzable.

Renego de sentirme mal

por non conformarme

cunha parte do todo.

Quince días de actividades para celebrar o Patrimonio

DIA DO PATRIMONIO 2020

O mapa das actividades da Rede do Patrimonio Cultural non ten tantas actividades como nun ano normal, máis ten variadas e interesantes.

Exposiciones, roteiros de convivintes, videoconferencias, campañas en redes , concursos fotográficos, videos de recogida de tradición oral….

16 de novembro ás 20.00h: Xurxo Ayán – “Arqueoloxía nova que se chama Ribeira”. Modera Pilar Sánchez Monje (Asociación O Sorriso de Daniel).

19 de novembro ás 20.00h: Rafael Quintía – “O valor do patrimonio inmaterial e a súa relación co patrimonio material e natural”. Modera Emi Cagiao Sánchez (Asociación Entroido de Samede).

26 de novembro ás 20.00h: Celtia Rodríguez – “Campesiñas e loitadoras. Unha visión dende a Arqueoloxía de Xénero”. Modera Soledad Felloza (PatrimonioGalego.Net).

As actividades poderanse seguir no facebook da Rede do Patrimonio e na canle de youtube de Roxin Roxal. (cada entidade pode compartir dende o noso Facebook aos propios e así tecer unha grande rede de difusión)

                                           Actividades das entidades 

10 ao 22 de novembro-  SE VAS AO RÍO A LAVAR (Roteiro polos lavadoiros).

Organiza Asociación Cultural Apelón Educación. Estados convidados a facer o roteiro dos lavadoiros de xeito individual ou cos conviventes durante estes días. Seguimento nas redes.

14 de novembro ás 10 horas ROTEIRO CRUCEIRO DAS SALGUEIRAS. Organiza Rede Galega por un Rural Vivo  coa colaboración da Asociación Petón do Lobo

Partida desde o aparcamento da FEP.

Aberta ao público.

15 ao 30 de novembro– IV XORNADAS POLA PROTECCIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO DE SAN XIAN- Organiza Asociación Monte Pituco. Exposicións, andainas, e charlas online. Toda a info https://montepituco.com/2020/11/01/iv-xornadas-de-patrimonio-de-san-xian/

15 de novembro a 15 de decembro– FALADOIROS EN XIRARGA. Organiza O Suído. Recuperando a historia e a memoria dunha parroquia no concello de Beariz, Ourense . Compartiráse na web e nas redes sociais do Suído unha serie  de vídeos que recollen  a historia e a memoria inmaterial da parroquia de  Xirarga da voz dos veciños e veciñas.

15 de novembro  #PatrimoniodoBaixoUlla” Organiza O Baixo Ulla

Participación online a través das redes sociais. Difusión do patrimonio do Baixo Ulla

16 de novembro–CAMPAÑA polo BIC de CARVALHO CALERO  Organiza Asociación Ferrol Terra Antiga(publicación de trozos da súa obra nas redes sociais de todas as entidades da RPC ao longo de todo o día)

16 de novembro. III CERTAME ESCOLAR DE RECOLLA DE IMAXES DO PATRIMONIO GALEGO PORTUGUÉS. Organiza Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nasOndas.
http://escolasnasondas.com/iii-edicion-do-certame-de-recolla-das-imaxes-do-patrimonio-cultural-inmaterial-galego-portugues/

16 de novembro-20 hs I FORO DO ALFOMBRISMO DE GALICIA“(online) Organiza Federación Alfombristas de Galicia

2) Exposición fotográfica sobre os últimos 50 anos de alfombrismo en Galicia, que estará colgada nunha sala de exposicións de Bueu

19,20 e 21 de novembro– IV XORNADAS DE URBANÍSMO HISTÓRICO. Organiza Asociación Batitales

inscrición previa https://forms.gle/E3MzTcbGvf4s6xVp9

19/11 as 19:30 Manuel Castiñeiras González “Artes decorativas en el medievo mindoniense, pintura y orfebrería”

20/11 as 19:30 Javier Gómez Darriba “Los conventos concepcionistas de Mondoñedo: de la ruina a la construcción de una clausura dieciochesca”

21/11 as 19:30 Roberto Reigosa Méndez “La plaza de Mondoñedo, evolución de un espacio de reunión desde la ciudad medieval hasta el funcionalismo contemporáneo”

As charlas serán retrasmitidas por zoom e pola ferramenta dixital https://themondonedovalley.com/ e pola páxina web do Concello. Para calquera información podedes contactar en: asociacionbatitales@gmail.com

21 de novembro-12.00 hs.COÑECE A MÁMOA DO MONTE PERROL en Cabana de Bergantiños. Organiza. Asociación galega Cova Crea

Actividade aberta ao público.

Lugar de partida: parque eólico de Silvarredonda, no monte Perrol.

——–

Contacto da RPC

Soledad Felloza-635952820

O Festival Atlántica fai escala en Lalín cunha sesión de contos de Soledad Felloza

O Festival Atlántica fai escala en Lalín cunha sesión de contos de Soledad Felloza

·       A función de ‘A vida é conto’ será no Museo Ramón María Aller o venres, 13 de novembro, a partir das 21 horas

·       O espectáculo está concibido para público adulto e terá entrada libre ata completar o aforo

Os contos do Festival Atlántica seguen a percorrer Galicia e este venres, 13 de novembro, van desembarcar en Lalín coas historias de Soledad Felloza grazas á colaboración co Concello. O espectáculo, titulado ‘A vida é conto’, está dirixido ao público adulto e será no Museo Ramón María Aller a partir das 21 horas. A entrada é libre ata completar o aforo que por mor das restricións vixentes é de 25 prazas.

En ‘A vida é conto’ pode acontecer que o teu avó decida fuxir a mesma noite que nace o teu pai. Ou que a túa nai non dea creto a ter unha filla cun nariz tan pouco aristocrático e que practique con ela todo tipo de experimentos para mudala. Ou que che boten da academia de danza por non representar ben o difícil papel de penedo. Ou que un día, só por abrir unha botella de cervexa, gañes o premio gordo que consiste en viaxar coa selección de fútbol do teu país por toda América e marches decontado. Porque ás veces a vida énchese de tanto conto que o mínimo que se pode facer é contalo, pero nese caso, se a vida é conto, os contos, contos son?

Soledad Felloza

A uruguaia Soledad Felloza (soledadfelloza.com) dedícase á narración oral desde hai 25 anos. Tamén é docente, actriz, fotógrafa, escritora de literatura infantil e xuvenil e dramaturga, cunha ampla formación no campo do teatro e no eido dos contos. Recibiu o Premio Europeo ao mellor conto para nenos e nenas por ‘A cociñeira do rei’ (Editorial Oqo). O seu programa de radio ‘La casa disparatada’ foi declarado pola UNESCO de interese por mor da súa contribución á difusión dos dereitos da infancia. Ten editados discos de contos para nenos baixo o titulo ‘De Tin Marín’, esgotados neste momento.

Atlántica segue en decembro

O Festival proseguirá durante os días 5 e 6 de decembro cunha función na Coruña e outra en Santiago, respectivamente. A información sobre os espectáculos e mais os detalles sobre o proceso de reserva de convites pódese consultar na web do festival (http://festivalatlantica.gal/). Dada a cambiante situación sanitaria, esta programación está suxeita a modificacións, pero calquera alteración será anunciada a través das canles do Festival Atlántica.

Actividades da Rede do Patrimonio no 16N-Día Internacional do Patrimonio

DIA MUNDIAL DO PATRIMONIO 2020 

Con motivo da celebración do Día do Patrimonio máis de cen entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ó seu compromiso co patrimonio galego. Dende o ano 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio Cultural enchen o mapa de Galicia con actividades, roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras actividades. Con todo, a situación sanitaria actual tamén implica un cambio no xeito de celebrar unha data que vén sendo destacada na reivindicación do patrimonio cultural galego, a súa defensa e posta en valor. Deste xeito, conscientes de que a prioridade é a saúde de todos e todas, a Rede do Patrimonio mudou as súas accións por un ciclo de videoconferencias públicas e por diversas actividades en liña orientadas ó intercambio de información e á formación no eido patrimonial. Cómpre lembrar que o grave contexto sanitario non evitou que se sigan producindo ataques e agresións que evidencian, máis que nunca, a necesidade do traballo real e comprometido das asociacións culturais que velan pola defensa do patrimonio de Galicia. Dende a Rede do Patrimonio seguimos insistindo na necesidade de levar a cabo políticas concretas que se traduzan nun reordenamento do territorio, en sancións máis graves ante as agresións e nun plan de educación en valores patrimoniais que garantan a supervivencia dunha riqueza que nos identifica como un pobo dotado dunha longa e rica historia. 

Actividades previstas

16 de novembro ás 20.00h: Xurxo Ayán – “Arqueoloxía nova que se chama Ribeira”. Modera Pilar Sánchez Monje (Asociación O Sorriso de Daniel).

19 de novembro ás 20.00h: Rafael Quintía – “O valor do patrimonio inmaterial e a súa relación co patrimonio material e natural”. Modera Emi Cagiao Sánchez (Asociación Entroido de Samede).

26 de novembro ás 20.00h: Celtia Rodríguez – “Campesiñas e loitadoras. Unha visión dende a Arqueoloxía de Xénero”. Modera Soledad Felloza (PatrimonioGalego.Net).  

A estas conferencias súmanse a realización de diferentes charlas, exposicións, presentacións de libros, vídeos de recollida de tradición oral, difusión do patrimonio local, a campaña a prol da declaración da casa de Carvalho Calero como BIC e outras actividades levadas a cabo por diferentes entidades como a Asociación de Alfombristas de Galicia, Asociación Monte Pituco, Mariña Patrimonio, O Baixo Ulla, O Suído, Asociación Batistales, Asociación Cova Crea, Asociación Ferrol Terra Antiga… entre outras. 

Encontro Pecha Kucha 

O día 30 de novembro celebrarase en Encontro “Pecha Kucha” no que as entidades poñerán en común proxectos e metodoloxías de acción realizados ó longo dos últimos anos. Neste 2020 celébrase o décimo aniversario da fundación de varias das entidades da Rede que reflicten a diversidade do asociacionismo do patrimonio cultural galego: 10 anos de O Sorriso de Daniel, Monte Pindo Parque Natural, PatrimonioGalego.net; 12 anos de Mariña Patrimonio; 15 de Roxin Roxal; 25 de Ponte nas Ondas; 42 de Adega… Son tempos de adaptación, de percorrer novos camiños, pero sempre, defendendo, poñendo en valor e divulgando o noso patrimonio. 

As actividades poderanse seguir no facebook da Rede do Patrimonio e na canle de youtube de Roxin Roxal.

ContactoSole Felloza – Comisión Coordinadora 635952820

O Festival Atlántica celebra San Martiño en Teo cunha sesión en liña da contadora aragonesa Sandra Araguás

O Festival Atlántica celebra San Martiño en Teo cunha sesión en liña da contadora aragonesa Sandra Araguás

·       O evento vaise retransmitir en liña este martes, 10 de novembro, a partir das 16 horas no Facebook das bibliotecas de Teo

·       O espectáculo ‘Contos sorprendentes’ está dirixido a nenos de entre tres e oito anos

Coincidindo coa celebración de San Martiño en Teo, o Festival Atlántica vai ofrecer unha función da narradora oscense Sandra Aragúas que será retransmitida en liña pola páxina de Facebook das bibliotecas municipais do concello (facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo). O evento será este martes, 10 de novembro, a partir das 16 horas, e levará o título de ‘Polo San Martiño contos en liña: Contos sorprendentes’. Neste espectáculo, concibido para nenos con idades entre os tres e os oitos anos, Araguás vai intentar arrincar o riso e a gargallada a través de historias tolas e xocosas onde pode acontecer calquera cousa. A actividade conta coa colaboración do Concello de Teo.

Sandra Araguás

A narradora Sandra Araguás licenciouse en Humanidades, especialidade en Lingua e cultura española. É contista profesional, escritora, editora, investigadora de tradición oral e guide-interprète national française. Conta en bibliotecas, escolas, institutos, campañas de animación á lectura, obradoiros de oralidade, feiras do libro, semanas culturais, festivais e actos variados difundindo a tradición oral aragonesa. Tamén participa en encontros e festivais como ‘La casa de los títeres’ de Abizanda, o Festival Pirineos Sur, Huesca es un cuento, o Festival Langarte, Güestival de Larrés, o Programa Provincia Inquieta de Cáceres… e sobre todo en vilas, nas súas rúas, preto da xente.

Entre as súas publicacións figuran La sombra del olvido, Mi madre es una bruja, La campana de Huesca, La mano verde, Rabadancito, Titiritera, Olvido Sinsentido, Toño Cazaimposibles, Lágrimas en los tejados, La pirata. El granjejeo, Por encima de rama e hoja, Lanuza sobre las aguas, Aitana y la abuela (Premio ao mellor libro do Altoaragón pola asociación de libreiros de Huesca) ou Amina quiere ser bruja, por citar algunhas.

Atlántica segue a navegar

O Festival proseguirá durante os días 13 de novembro e o 5 e 6 de decembro con máis actuacións noutros concellos galegos. A información sobre os artistas pódese consultar na web do festival (http://festivalatlantica.gal/). Tamén están dispoñibles o programa das actuacións e mais os detalles sobre o proceso de reserva de convites. Dada a cambiante situación sanitaria, esta programación está suxeita a modificacións, pero calquera alteración será anunciada a través das canles do Festival Atlántica.