Xogos tradicionais para os máis cativos e rituais para pechar o ano na Rede do Patrimonio Cultural

Na Rede do Patrimonio pechamos o ano cunha serie de actividades para que o 2021 sexa un ano bó para todos e todas.

Por iso recurrimos a memoria e poñemos en valor rituais que durante moito tempo fóron a protección de casas, familias e colleitas.

Nós so abrimos a porta cunha pequena escolma , ahora pedimos a todas as entidades e a todas as persoas, socias ou non que aporten os seus, para completar o rico mapa das tradiciones de Galicia, polo Nadal

E como sabemos que ter aos pequechos na casa éstes días non é tarefa doada, dende o mércores 23 co colaboración do Observatorio Lúdico Galego, publicaremos cada día un video ensinando un xogo tradicional para xogar na casa.

Na web da Rede do Patrimonio Cultural podemos atorpar o texto.

No facebook, cada día os vídeos

https://www.facebook.com/rededopatrimoniocultural

Por calquera dúbida o consulta desta e outras actividades da Rede do Patrimonio Cultural: 635952820- Coordinadora

Obras gañadoras do III Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA

Imaxe do xurado do Certame de Poesía Torre de Caldaloba

No serán do 12 de decembro de 2020, no salón de plenos do Concello de Cospeito, celebrouse a reunión do xurado deliberador do III Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA, integrado por Armando Requeixo, Ana Mar Fraga Rábade, Adolfina Mesa, Montse González Álvarez e Xosé Otero Canto, actuando de secretario do tribunal Martiño Maseda, con voz pero sen voto.

Despois da súa deliberación decidiron conceder os seguintes premios:

Categoría 1ª (menores de 18 anos)

Primeiro Premio: OUTUBRO EN DOUS ACTOS, de Paula Domínguez Barreiro, polo excelente traballo cunha riqueza lingüÍstica e acertado uso de recursos estilísticos. A calidade reflíctese nese coidado trato dos fonemas para ir ganduxando versos dun intimismo e unha sensibilidade extrema.

Segundo Premio; DERRADEIRO ADEUS, de Marina Montenegro Jamardo, un poemario con versos sinxelos, tratándose dunha poesía realista, mais cunha carga emocional que esperta as emocións e a empatía cara á persoa autora. Hai tema presente en todos os versos que son a dor e a tristura que provoca un adeus. Cando amamos de verdade, ninguén está vacinado nin hai a apócema para unha despedida.

Categoría 2ª (de 18 anos en diante)

Primeiro Premio: HERDAR A FALA, de Patricia Torrado Queiruga, un poemario de matiz intimista, que reflicte a dor e identifica un herdo culturalmente definido. Ao tempo que amosa de xeito ambigüo unha ferinte ausencia do fillo. Coa composición de estrofas brutais ante unha realidade desacougante.

Segundo Premio: UNHA TEORÍA PARA OS ESPECTROS, de Abraham Pérez, porque expresa un posthumanismo, nun xogo de figuras humanas que designan correntes de pensamento. Xuízo á nosa cultura, onde convida a non xustificar os mortos da historia nunha revolución social e política, transformación da pobreza agochada e de identidade humana.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro sábado 19 de decembro, a partir das 18h, no local social de Pino (Cospeito).

Acto de presentación das obras HORA DE PENUMBRA, de Xurxo Alonso, e DE CASA QUEIMADA, de Iria Collazo López, no Museo das Aves de Cospeito

Onte pola tarde no Museo das Aves Cospeito, nun ambiente agradable, que cumpría as medidas sanitarias determinadas por causa da pandemia que estamos a padecer, celebrouse o acto de presentación das obras gañadoras do II Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA: “Hora de penumbra“, de Xurxo Alonso, e “De casa queimada“, de Iria Collazo López.
Con representación do Concello de Cospeito, na persoa do seu alcalde, Armando Castosa, da Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, a través da súa presidenta Ines Lozano Carral, de Alvarellos Editora, o seu director Henrique Alvarellos, de Culturalia GZ, o seu administrador Martiño Maseda, chegou o momento de desfrutar en formato papel e escoitar en voz recitadora o froito poético que o xurado considerou merecedor de galardón na segunda edición deste certame poético que se vai consolidando máis aló dos lindes da Chaira.
Debido á ausencia por problemas de saúde de Iria Collazo López, enviou un texto que leu Martiño Maseda, ademais de recitar un par de poemas do seu libro “De casa queimada”.

Velaquí unha galería videográfica, facilitada por Quique Alvarellos, Ana Mar Fraga Rabade e Armando Requeixo, xurados nalgunha edición do certame e presentes no acto, no que tamén estiveron máis integrantes deliberadores/-as do citado xurado como Xosé Otero Canto e Adolfina Mesa.
Un acto ameno no que, a pesar dos tempos pandémicos, se festexou a palabra poética que fai medrar a árbore literaria de Caldaloba.



#MedreaPoesía!
#MedreCaldaloba!

“Contos e Outras Andrómenas”, de Pedro Brandariz, para crianzas de 4 a 11 anos, na Casa-Museo Manuel María

CONTOS E OUTRAS ANDRÓMENAS de PEDRO BRANDARIZ, este sábado, día 12, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María.

Sesión de contos do cómico e actor Pedro Brandariz e protagonizado pola “Pantasma Cataplasma” e polas súas venturas e desventuras, que veñen sendo do máis divertidas. 

Dirixada para as crianzas de 4 a 11 anos e as súas familias. Imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Billete 2 euros.