O poema VLADIMIR ILICH LENINE, de Maiakovski, traducido ao galego-portugués por André Da Ponte

André Da Ponte ofrécenos, desta volta, unha versión en galego-portugués o poema Vladimir Ilich Lenine, de Vladimir Maiakovski. 

O lector terá a oportunidade de gozar coa versión e o orixinal deste poema no seguinte arquivo anexo.

Ademais dunha pequena introdución e unha mínima bibliografía -que foi usada para a redación do itinerario vital do xenial poeta-, acompañando todo con notas sobre personaxes, lugares e acontecementos históricos que resultan difíciles para o lector galego. Segundo a opinión do propio André Da Ponte atopámonos diante dun exemplo de poema épico deste poeta ruso que marcou con intensidade non só a literatura rusa moderna, mais tamén a universal.

Nesta edición en PDF obsérvase a particularidade de que se a xente desexa imprimir o libro, pode confrontar o texto en ruso, que sempre ficará á esquerda da impresión, co texto en galego que ha de ficar sempre á dereita.

ARTE NA RAIA II no Ecomuseu de Barroso, en Montalegre

O Ecomuseu de Barroso – espaço padre Fontes, en Montalegre, recibe o día 2 de marzo de 2019 a exposición “Arte na Raia II”, da Galeria Vieira Portuense (https://www.galeriavieiraportuense.net/)

A Galeria Vieira Portuense é unha galería de arte que organiza exposicións temporais de arte contemporánea, amosando a obra de artistas plásticos nacionais e estranxeiros, sendo esta a terceira vez que expón no espaço padre Fontes. A primeira exposición levaba por título “3.º Encontro Internacional de Arte ao Redor do Touro”; a segunda “Arte na Raia”.

“Arte na Raia II” vai contar con nomes como Celestinho André, Adolfina Mesa, Paulo Fontinha, Rui Duarte, Carneiro Rodrigues, Ana Justo, Eugénia Carvalho, Ana Camilo, Hermínia Cândido, Ester de Sousa e Sá, José Manuel Exojo, Adriana Henriques, Carmela Taboada Perianes, Augusta Albuquerque, Carlos Godinho, Amândio Amado Vasconcelos, Ny Machado, Fátima Figueiras, Francisco Dias, Adelaide Moça, Diana Bizarro, Silvana Violante, André Capote, Arnaldo Macedo, António Miranda, Mário Rebelo de Sousa, Monteiro da Silva, Lena Macedo, Artur Silva e Pedro S. Morillo. Velaquí o enlace onde aparece o currículo dos artistas: https://artenaraiaii.blogspot.com/ 

A mencionada exposición permanecerá á vista do público na sede do Ecomuseu de Barroso desde o 2 de marzo ata o 29 de abril de 2019.

Debemos lembrar que a entrada no Ecomuseu de Barroso é de balde.

Os asistentes que precisen visitas guiadas, haberán de concertalas previamente enviando un email a sede@ecomuseu.org

Horario:
Aberto todos os días
10:00 – 13:00
14:00 – 18:00

Ecomuseu de Barroso
Terreiro do Açougue, n.º11
5470-251 Montalegre

telefone: 276 510 203

*Información recollida no Ecomuseu de Barroso.