TÁBOAS POÉTICAS QUE ANXO LAMAS DOOU A XERMOLOS, por Antón de Guizán

TÁBOAS POÉTICAS QUE ANXO LAMAS DOOU A XERMOLOS, por Antón de Guizán

A pasada semana finou o artista chairego Anxo Lamas. Unha mala notícia para aquela xente que o coñeceu persoalmente ou que admirou a sua obra. Temos hoxe a oportunidade de visitar virtualmente a exposición das taboas que doou á Asociación Xermolos para a Casa de Díaz Castro e que se expón partilhada por diversos lugares de Galiza. Agora mesmo unha parte en Madia Leva! de Lugo, na Casa das Palabras de Guitiriz e na A.C. Alexandre Bóveda da Coruña. A NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Socio-Cultural Lareira de soños teñen a deferencia de posibilitar a través de Culturalia  GZ se vexan esas preciosas taboas con poemas de coñecidos bardos virtualmente polas fotografias realizadas en xuño de 2017 na Biblioteca González Garcés da Coruña, onde foi exposta na súa totalidade. Arte e poesía nunha fusión marabillosa realizada por Anxo Lamas, que recomendamos ver fisicamente pero que sirve para achegar deste xeito a quem non o coñecia e tamén como humilde homenaxe destes grupos por tan triste perda.

Velaí o enlace ao libro dixital onde aparecen recollidas as mencionadas táboas.

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

ENTROIDO 2018 no Concello de Vilalba

ENTROIDO 2018 no Concello de Vilalba

O martes 13 de febreiro teremos o concurso de entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 17.30h, amenizado coas charangas de Vilalba e Charanga DGT de Betanzos, e o grupo Fanfarria Taquikardia.

Posteriormente efectuarase a entrega de premios na carpa institucional da Praza da Constitución.

O prazo de inscrición comeza o mércores 17 de xaneiro ata o venres 9 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, ou ben através do formulario adxunto.

Para consultar ás bases prema Bases Concurso de Entroido 2018

En caso de condicións climatolóxicas adversas os actos celebraránse na carpa institucional.

ENTERRO DA SARDIÑA

O mércores 14 de febreiro terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, ás 20.30h na Praza de Sta. María, organizado pola Escola Municipal de Teatro de Vilalba e co acompañamento musical do Grupo Mato Vizoso.

 

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba

Exposición “Personaxes” de Carmen Prado na Casa da Cultura de Vilalba

Exposición “Personaxes” de Carmen Prado na Casa da Cultura de Vilalba

Exposición de pintura de Carmen Prado na sala de exposicións da Casa da Cultura de Vilalba, mostra que leva por nome Personaxes.

A exposición permanecerá aberta dende o día 8 de febreiro ata o 2 de marzo de 2018, ambos inclusive, podéndose visitar dentro do horario da casa da cultura.

A data de inaguración será, o xoves 8 de febreiro ás 19:30h.

 

*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba

Día de Rosalía na parróquia chairega de Santaballa, por Antón de Guizán

Día de Rosalía na parróquia chairega de Santaballa, por Antón de Guizán

O 24 de febreiro, no que se comemora o “Día de Rosalia” coincidindo coa data do seu nacemento no ano 1837, a NPG Nova Poesía Guitirica, CULTURALIA GZ e a Liga Santaballesa organizan un acto poético musical na Escola Habaneira de Santaballa ás 19:00 con entrada de balde. O acto enmárcase no programa de actos da Asociacion de Escritores en Lingua Galega AELG que se desenvolverá por todo o país baixo o lema #AbrideAFiestra e con un manifesto redactado pola escritora María Reimóndez e que será lido en Santaballa por unha nena da parróquia vilalbesa. No recital poético de mulleres que estará presentado por Pas Veres, recitarán entre outras, Pilar Maseda, Emília Martínez Fuentes, Luz Airado, Adolfina Mesa, Mar Beres, Luz Darriba, María Pereira, e outras poetas da NPG e convidadas. Despois da actuación musical, farase unha lectura de textos de Rosalia aberta á participación do público.
A escolla da Escola da Liga Santaballesa ten o simbolismo dos poemas adicados á emigración por Rosalia de Castro e a reivindicación do legado da emigración na aposta pola educación como instrumento para sair do atraso.
A Chaira, un ano máis honra a Rosalia de Castro, a nosa poeta máis universal, dende o rural e nun lugar emblemático: A Escola da Liga Santaballesa.

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares