ACTO DE ENTREGA DO I PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

ACTO DE ENTREGA DO I PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

O acto de entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade á gañadora, MARÍA REIMÓNDEZ, que organizan o Instituto de Estudos Chairegos. o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, terá lugar o sábado, 20 de xaneiro de 2018, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.

Velaí invitación e nota informativa de dito acto.

 

*Información achegada polo IESCHA

Libro #PoemasPenduradosDeFarolas. LUMES, NUNCA MÁIS!

Libro #PoemasPenduradosDeFarolas. LUMES, NUNCA MÁIS!

A finais de 2014, o ano da dedicatória das letras galegas a Xosé María Díaz Castro, a NPG Nova Poesía Guitirica, nacida no 25 cabodano da morte do poeta vilarego ao amparo do proxecto Os Vilares, lareira de soños ese mesmo ano, ideóu comenzar cada ano con unha iniciativa que levara a poesía ás rúas con unha proposta bautizada como #PoemasPenduradosDeFarolas. Así, a primeiros do ano 2015 versos dos poetas Guitiricos e un poema  de Díaz Castro encheron farolas das localidades de Guitiriz e Parga. Na segunda edición, a proposta levaba xa un contido social, un compromiso poético coa realidade que ademáis de abrir a participación a poetas e convidados (Martiño Maseda e Raúl Gómez Pato, gañadora do primeiro prémio de poesia) a temática común foi contra a violencia machista,  unha das grandes lacras da nósa sociedade. Para este ano 2018 as farolas de Guitiriz,  nunha convocatória por primeira vez aberta da que participan arredor de medio cento de poetas de Galiza, Portugal, Sudamérica, España, Italia e mesmo Ukraina alzan os seus versos contra o lume que devastou no nóso país mais de 50.000 hectáreas de monte ademáis de casas e negócios e levando por diante várias vidas. Outra grande catástrofe da que se fan eco grandes facedores de versos que participan na iniciativa da NPG e que a partires do 13 de xaneiro pendurarán das farolas e dos soportes dixitais de CulturaliaGZ e Galicia Dixital para a súa descarga gratuita. Sen dúbida unha proposta orixinal e novidosa con grande acollida como demostra a cantidade e calidade na participación e que mantén o pulso díazcastriano na súa de localidade de orixe con outras accións como o Prémio de Poesía, o Certame Vilariñas de micropoesía e as numerosas actividades e recitais desenvolvidos e nos que participa o grupo da NPG Nova Poesía Guitirica.

Veremos nas rúas poemas de 60  poetas de Galiza, Portugal, Venezuela, Ucraína e Italia que farán de Guitiriz e Parga un grande poemario contra os incendios e das suas farolas as páxinas.

*No seguinte enlace accederemos ao libro en formato dixital para que todo o mundo poida desfrutar do mesmo.

Medre a Poesía!

Certame VILARIÑAS 2018 por Antón de Guizán

Certame VILARIÑAS 2018 por Antón de Guizán

O sábado pechamos #PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS! deste ano é o luns abrimos a convocatoria do#CertameVilariñas de micro poesía 2018 (II edición), abaixo, as bases para este ano…

«VILARIÑAS» Concurso de micropoemas da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Asociación Sociocultural Lareira de soños.

 

BASES.

 

Convocase o II Concurso de micropoesías “Vilariñas” no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.

A participación  neste concurso é completamente de balde.

Os micropoemas presentados ao concurso  serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.

O tema será “Libre”. Cada participante podrá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico

dosvilares@gmail.com ou info@culturaliagz.com en formato Word

Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. Cada micropoema debe ser apresentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe si así l🏔️ quixera @ autor/a.

Admitiranse obras desde o 15 de xaneiro até o día 30 de abril de 2018 , ás 23.59 horas.

A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.

O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños,  CulturaliaGZ e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.

Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase aos gañadores co premio que consistirá no trofeo <VILARIÑA> deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obraspresentadas no blog poético literário CulturaliaGZ. A edición da antoloxía do blogue poético será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica CulturaliaGZ e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidados.

Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos que considere oportunos.

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1