O próximo sábado, 16 de xaneiro, ás 19 horas, Xurxo Souto presenta no auditorio da Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei da Terra Chá), “Pangalaica. Recortes poderosos”.Son oitenta pequenos relatos que foron publicados no xornal NÓS Diario e que agora son recollidos e ilustrados nun libro editado por Galaxia . As historias e as persoas marabillosas que Xurxo Souto foi atopando nas súas viaxes por Galiza adiante. Petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: é mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea. Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade!Xurxo Souto (A Coruña, 1966). Músico e escritor, en 1988 comezou a colaborar en diferentes medios de comunicación, nomeadamente na radio, onde conduciu os programas A Tropa da Tralla (Radio Coruña) ou Aberto por Reformas (Radio Galega). Escribiu dúas novelas e varios libros de relatos. Dirixiu a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo. Con outros compañeiros do barrio creou Os Diplomáticos de Monte-Alto, conxunto bravú. Tocou o acordeón en Tres Trebóns e, agora, é un dos compoñentes da Banda Xangai.Para asistir a esta actividade é imprescindíbel anotarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.
Próximos Eventos
No hay próximos eventos actualmente.
Entradas recientes
- Trécola Producións estrea MONSTRÓLOGO na Casa-Museo Manuel María
- A Semana do Cinema Galego finaliza con éxito a súa cuarta edición
- A creatividade e a extensión social vertebran a décima edición do Noia Harp Fest, que se celebrará do 3 ao 6 de agosto en Noia
- ‘Valentina’ protagoniza a clausura da IV Semana do Cinema Galego este domingo 19 no Teatro Colón
- A Semana do Cinema Galego programa ‘Live is Life’ e ‘O corpo aberto’ este sábado 18 no Teatro Colón