O vindeiro 30 de marzo, na Livraria Poetria no Porto, terá lugar un desembarco de poesía galega (Roi Vidal, Xabier Xil, Paula Carballeira, Raúl Gomez Pato, Rosalía Fernández Rial, Eduardo Estévez, Suso Díaz e Quico Cadaval) co gallo de tentar arrincar algúns marcos que impiden que a poesía salte lindes.
O espazo da Livraria Poetria será escaso, así que haberá que ocupar todas as Galerías Lumiere. E xa se verá se estas tamén quedan pequenas.
O correr vinho do Porto e o fluír do licor café han de calmar todas as emocións.
*Información facilitada por Francisco Macías (Edicións Positivas).