Este sábado, 16 de outubro, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María inician unha nova tempada para as familias e crianzas. E faraón cunha peza de monicreques, “Xogo revolto”, de Trécola Producións.
Catro protagonistas, cada un deles cunhas experiencias vividas, cada un deles entende a vida da súa maneira, cada un deles é especial e único. Son amigos, xogan e aprenden xuntos aínda que ás veces non saiban comunicarse ou comportarse como deberan…
Unha proposta de monicreques de fío en que nenas e nenos sentiranse directamente identificados desde o principio xa que o guión está baseado en situacións da súa vida cotiá.
O billete para asistirdes ao espectáculo é de 2 € e é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621