O Concello de Vilalba vén de convocar unha nova edición do seu Certame Literario, concretamente a 44ª. Cifra que o converte nun dos certames literarios máis lonxevos de Galicia. Ademais, dende a edición do ano pasado, co incremento económico do galardón, tamén acadou a primeira posición en canto aos mellor premiados economicamente no eido da poesía.

Moitas voces poéticas teñen recollido froito na dilatada historia deste certame. No 2017 tocoulle a voz poética da escritora coruñesa Emma Pedreira, que se alzou gañadora co poemario Antídoto.

Velaquí as BASES que rexerán o desenvolvemento do mesmo.