En Meira, o domingo 1 de setembro, terá lugar unha nova edición do Roteiro Avelino Díaz, que chega á súa sexta edición. Nesta ocasión, o sentido da marcha será A Órrea – Meira.
Como complemento á ruta, haberá diferentes actuacións musicais, que se celebrarán a partir das 13.00 horas.
A hora de partida está prevista para as 10.30 horas diante da casa natal do poeta no lugar da Travesa, na parroquia da Órrea.
Quen desexe asistir ao xantar deberá anotarse antes do día 29 de agosto. Este xantar, concretado para as 14.30 horas no pavillón municipal meirego, consistirá nun menú con empanadilla, ensaladilla, codillo de cocho, sobremesa, café, pan, viño e auga, por un prezo de 15 euros para adultos e 10 para nenos.