Veño dunha aldea da chaira para contarche, ali os ventos zoan manos e agarimo, as lágoas son espello, e o bico da herba ten a frescura dos tempos.
Lembro os Irmandiños cando paso ao carón da torre Caldaloba, na pena branca de Cospeito agarda a fada das fontes, no carreiro de sapiñeiro a pedra dos muros.
Ao carón da lágoa, sae ao camiño a lenda do pobo de Valerse, Veño do castro de Vilapene, traio o recendo do trigo do miño da Consueliño, da pedra e o roscar da vella peneira, daquela presa chea de troitas, lembranza do pai collendoas a man cando eu eta unha nena.
Veño dos tempos pasados, de xente rexa, de comaros verdes, teño que contarche asubío dos homes ao finai da tarefa, de porróns de auga fresca, da ovella merina pacense na eira.
Veño de grandes estivas, defouces segando e de mallas na eira, do pai cantando e da avóa levando o compás coas pernas.
Veño polo camiño que fixeron os meus antergos, son da Terra Cha, de feitas lombas, de verdes prados, de xente que garda o frescura da terra,traio o ouveo do lobo, nas noites de lúa chea.
Ana Mar Fraga Rábade.
A miña fada…beleza nata na palavra é o latexar pola Terra.
Unha aperta Fonda.❤