Vístome

de azúl, para confundirme co ceo,

e de brétema branca

para pasar sin que me vexan…

Quero mesturarme

coas pingas de orballo da mañán,

que o meu corpo se faga

humidade,

e preñe a terra,  famenta de caricias,

e sexa semente,

da que saia unha tenra rosa.

Vístome de azúl

da cor da noite, on de te soño,

onde te agardo,

farán o meu traxe as estrelas, cosidas

coa luz da lúa,

e nos teus ollos negros,  coma a noite,

tinguir de azúl,  ó teu carón,

a alborada…