A cidade herculina mostra desde esta mañá os emblemáticos personaxes do festival en lugares como os Xardíns de Méndez Núñez, a Praza de María Pita, o Obelisco ou o Kiosco Alfonso
Entre estes personaxes de historieta non faltan nomes míticos do cómic universal como Mortadelo e Filemón, Batman, Pitufina, Capitán Trueno, Torpedo, Joker, Spider-Man, Corto Maltés, Súper López, Tintín, entre moitos outros
Como novidade nesta 27ª edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, este martes, 13 de agosto, ás 13.00h, na Rúa da BD, terá lugar a inauguración dunha nova figura aínda non instalada: Gaspariño de Xaquín Marín, que presidirá as sesións do ‘Viñetas Late Night’ no Teatro Colón
Deste xeito, por primeira vez, un personaxe de cómic dun autor galego súmase á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas; unha colección que neste 2024 recupera, tamén, a figura de Groucho, de Ventura & Nieto, tras o pasamento de Enrique Ventura, un dos grandes clásicos da revista El Jueves
A inauguración da 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico terá lugar este luns, 12 de agosto, ás 18.00h, no Kiosco Alfonso: no acto estarán presentes a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro; e o director do festival, Manel Cráneo, que estarán arroupados polos autores e autoras convidados desta nova edición de Viñetas, ademais de outros artistas participantes e entidades colaboradoras, expositores e diferentes profesionais do sector da BD galega
As tradicionais figuras de cómic a tamaño real de Viñetas desde o Atlántico poden verse xa por toda A Coruña. A cidade herculina mostra desde este venres 9 de agosto os emblemáticos personaxes do festival en lugares como os Xardíns de Méndez Núñez, a Praza de María Pita, o Obelisco ou o Kiosco Alfonso.
Entre estes personaxes de historieta non faltan nomes míticos do cómic universal como Mortadelo e Filemón, Batman, Pitufina, Capitán Trueno, Torpedo, Joker, Spider-Man, Corto Maltés, Súper López ou Tintín, entre moitos outros.
Como novidade nesta 27ª edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, este martes, 13 de agosto, ás 13.00h, na Rúa da BD, terá lugar a inauguración dunha nova figura aínda non instalada: Gaspariño de Xaquín Marín, que presidirá as sesións do ‘Viñetas Late Night’ no Teatro Colón. Deste xeito, por primeira vez, un personaxe de cómic dun autor galego súmase á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas; unha colección que neste 2024 recupera, tamén, a figura de Groucho, de Ventura & Nieto, tras o pasamento de Enrique Ventura, un dos clásicos da revista El Jueves.
LOCALIZACIÓNS DAS FIGIRAS DE CÓMIC DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO NA CORUÑA
📍 Batman – Cantón Pequeno
📍 Spiderman – Obelisco
📍 Mortadelo e Filemón – Zona Obelisco
📍 Tintín – Palexco
📍 Pitufina – Casa Museo Picasso
📍 Carpanta – Kiosco Alfoso
📍 Los Simpson – Fonte Kiosco Alfonso
📍 Esther – Entrada do Kiosco Alfonso
📍 Lucky Luke – Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez
📍 Blacksad – Rúa da BD (Xardíns de Méndez Núñez)
📍 Roco Vargas – Rúa da BD (Xardíns de Méndez Núñez)
📍 Súper López – Rúa da BD (Xardíns de Méndez Núñez)
📍 Corto Maltés – Teatro Colón
📍 Gaspariño – Teatro Colón
📍 Corto Maltés II – Escenario Teatro Colón
📍 Groucho – Escenario Teatro Colón
📍 Torpedo – Rúa Durán Loriga
📍 O Príncipe Valente – Praza de María Pita
📍 Astérix e Obélix – Palacio Municipal (Praza de María Pita)
📍 Capitán Trueno – Castelo de Santo Antón
📍 Joker – Fórum Metropolitano
📍 Hellboy– Hall Centro Ágora
📍 Superman – Paso elevado de Alfonso Molina
ACTO DE INAUGURACIÓN DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024
A inauguración da 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico terá lugar este luns, 12 de agosto, ás 18.00h, no Kiosco Alfonso: no acto estarán presentes a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro; e o director do festival, Manel Cráneo, que estarán arroupados polos autores e autoras convidados desta nova edición de Viñetas, ademais de outros artistas participantes e entidades colaboradoras, expositores e diferentes profesionais do sector da BD galega.
O mesmo luns, a partir das 18.00h, abrirán tanto a tradicional Rúa da BD de Viñetas como as diferentes exposicións do festival. E, contra ás 21.30h, a sección Viñetas Show botará a andar no Teatro Colón co concerto ilustrado de Sangre de Muérdago, Xulia Vicente e Sekone.
VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO, 27 ANOS DUNHA CITA INTERNACIONAL DE REFERENCIA
Viñetas desde o Atlántico é o festival internacional da banda deseñada da cidade da Coruña. Organizado polo Concello da Coruña, cada mes de agosto reúne unha coidada selección de exposicións, artistas invitados, charlas, talleres, visitas guiadas, firmas e actividades paralelas, e unha feira cos expositores profesionais máis relevantes do sector, que converten A Coruña nun fervedoiro de creatividade e nun punto de encontro para amantes da banda deseñada en todas as súas acepcións e singularidades.
Con máis dun cuarto de século ás súas costas, Viñetas desde o Atlántico é unha cita de referencia a nivel internacional para o público e os profesionais, que este 2024 celebrará a súa 27ª edición do 12 ao 18 de agosto baixo a dirección do autor coruñés Manel Cráneo. Co empeño de ofrecer unha visión o máis ampla posible do mundo da banda deseñada galega, nacional e internacional, Viñetas desde o Atlántico regresa á Coruña como un proxecto de cidade, arroupado polo sector profesional e cunha vocación de apertura a novas linguaxes, referentes e miradas. Porque A Coruña é, sen lugar a dúbidas, unha cidade de cómic.
Como novidade, o programa de Viñetas desde o Atlántico 2024 presenta unha nova estrutura, en torno a seccións especializadas orientadas aos seus diferentes públicos: Viñetas Expo, Viñetas Show, Viñetas Rúa BD, Viñetas Mini, Viñetas Ñam!, Viñetas Pro, Viñetas Inclusivas e Viñetas na Escola. As temáticas sociais, a internacionalización e a aposta pola banda deseñada independente e experimental son as claves de Viñetas Expo, que dedicará exposicións monográficas a Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos, ademais de acoller as mostras das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho, e a mostra dos fanzines presentados ao I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego, convocado este 2024.
Pola súa banda, ‘Toriyama en Galicia’ é o título da exposición colectiva que lle rende homenaxe ao autor de personaxes xa míticos do noso imaxinario como Son Goku ou Arale, da man dunha coidada selección de autoras e autores galegos como Paula Cheshire, José Domingo, Miguel Robledo ou Xulia Pisón, entre moitos outros, con ilustracións debuxadas especialmente para a mostra, ademais dunha escolma de páxinas do fanzine Onda Vital!! e outros obxectos e publicacións relacionados coa obra de Akira Toriyama.
Por primeira vez, un personaxe de cómic dun autor galego —Gaspariño de Xaquín Marín— súmase á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas; unha colección que neste 2024 recupera, tamén, a figura de Groucho, de Ventura & Nieto, tras o pasamento de Enrique Ventura, un dos grandes clásicos da revista El Jueves. Como outro dos fitos destacados, cabe mencionar, tamén, que Fermin Muguruza presentará no marco de Viñetas Show, no Teatro Colón, o seu filme Black is Beltza II: Ainhoa, secuela do éxito Black is Beltza, primeira incursión do artista no cinema de animación, que se presenta de novo acompañada da versión en banda deseñada da historia, debuxada por Susanna Martín.
Un total 73 autoras e autores firmarán exemplares das súas obras do 12 ao 18 de agosto na Rúa da BD, que un ano máis regresa aos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña
Durante unha semana, 36 expositores especializados en banda deseñada achegarán as súas novidades editoriais ao Salón Internacional do Cómic da Coruña; serán 23 editoriais (entre elas, por primeira vez, unha de Portugal), 10 librarías, 2 asociacións profesionais —AGPI e Autobán— e as Bibliotecas Municipais da Coruña
A Rúa da BD propón, ademais, un completo programa de actividades para públicos de todas as idades, con 4 obradoiros, 12 presentacións de cómics, 7 faladoiros e 2 espectáculos: a obra teatral de Pedras de Cartón Moby Dick e un concerto de Chuches Amil
Paralelamente, desde este venres, 2 de agosto, os profesionais poden realizar a súa inscrición nas actividades de Viñetas Pro, mentres que as inscricións para Viñetas Mini activaranse a partir deste luns, 5 de agosto, a través das Bibliotecas Municipais da Coruña
A cara comercial de Viñetas desde o Atlántico 2024, a xa clásica Rúa da BD, reunirá durante unha semana, do 12 ao 18 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, as firmas máis destacadas do sector da banda deseñada a nivel galego, estatal e internacional. Deste xeito, figuras de renome como Artur Laperla, Paula Cheshire, Miguel Robledo, Bea Lema, Martín Romero, Miguel Fernández, Fran Jaraba, Jordi Bayarri, Emma Ríos e David Rubín, entre moitas outras, visitarán a cidade herculina para participar no Viñetas, coñecer aos seus seguidores e firmar exemplares das súas obras.
Nesta 27ª edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, a Rúa da BD mantén a súa esencia coa participación de editoras e librarías especializadas en banda deseñada procedentes de todo o territorio español. Entre as novidades, cómpre destacar que este ano se abre, tamén, unha porta a Portugal coa participación da editora Chili Com Carne, de Lisboa.
Viñetas desde o Atlántico quere dar un paso adiante cara á especialización da feira, centrando a súa Rúa da BD en librarías especializadas en banda deseñada galegas, con preferencia ás coruñesas, e ampliando o número de editores especializados de todo o estado español, cun total de 36 expositores: 23 editoriais (entre elas, por primeira vez, unha de Portugal), 10 librarías, 2 asociacións profesionais —AGPI e Autobán— e as Bibliotecas Municipais da Coruña.
No programa da Rúa da BD haberá firmas con cun total de 73 autoras e autores, ademais de 4 obradoiros, 12 presentacións de cómics, 7 faladoiros e 2 espectáculos: Pedras de Cartón presentará a súa obra Moby Dick e Chuches Amil ofrecerá un concerto para toda a familia.
Na Rúa da BD destacarán, tamén, fitos como a celebración do 45º aniversario do nacemento de El Víbora, a emisión do Canal de YouTube Recuncho Gamer ou unha sesión de videoxogos e outra de demostración de xogos de cartas, todos eles abertos ao público. Artur Laperla, autor de Superpataca, impartirá un obradoiro infantil na Rúa da BD, que, como avanzabamos, contará, tamén, coa presenza de autores e autoras como Jordi Bayarri, Miguel Robledo, Fran Jaraba, David Rubín, Emma Ríos, Xulia Vicente, Xulia Pisón, Víctor Pinel, Martín Romero, Alicia Jaraba etc.
Deste xeito, neste 2024, a Rúa da BD será un punto de encontro para toda a sociedade, non só como a cara comercial de Viñetas, senón como un espazo para xerar sinerxías e favorecer a relación entre autores e editores cun completo programa de actividades específicas.
EDITORAS E LIBRARÍAS PRESENTES NOS EXPOSITORES DA RÚA DA BD EN 2024
Bibliotecas Municipais da Coruña, El Baúl de los Recuerdos, Norma Editorial, GP Ediciones, Komic Librería, Ediciones La Cúpula, Libraría Paz, Astiberri Ediciones, Demo Editorial, Alita Cómics, Penguin Random House, Garbuix Books, Chili Com Carne, cARTEm Cómics, A Gata Tola, Bang & Mamut Cómics, Autobán, Fiandón. Libros de vello, Anillo de Sirio, Dolmen Editorial, Nuevo Nueve, Fandogamia Editorial, Aleta Ediciones & Desfiladero Ediciones, Unrated Comics, Grafito Editorial, Metropolis Comics A Coruña, Spaceman Project, Cascaborra Ediciones, Astora Cómics, Eldritch Gate, Cósmica | Serendipia, Ponent Mon, Yermo Ediciones, Galgo Azul, Tengu Ediciones e AGPI.
AUTORES E AUTORAS QUE FIRMARÁN EXEMPLARES NA RÚA DA BD EN 2024
Abel Álvarez, Adrián Suárez Mouriño, Afra Torrado, Alba López Paredes, Alberto Carceller, Alex Martos, Alexandre Senande, Alicia Jaraba, Alicia Martín Santos, Álvaro Ortiz, Ana Moreiras, Anabel Colazo, Andrés Garrido, Artur Laperla, Bea Gregores, Bea Lema, Bernal Prieto, Bruno López (erre), César Verdúguez, Clara Patiño Bueno, David Braña, David Rubín, Delio Rodríguez Ces, Diego Ameixeiras, Diego Burdío, Doc Pastor, Elena Andrés, Emma Ríos, Fermin Muguruza, Fran Jaraba, Frankman Román, Genie Espinosa, Iria Aldegunde, Iván Gil, Iván Sarnago, Jordi Bayarri, Jorge Campos, José Ángel Ares, José Malvárez Carleos, Juanfer Briones, Kundo Krunch, Lola Garcerá, Lorena Varea, Lucas Varela, Lucía Cid, Manel Cráneo, Manuel L. Poy, Manuel Veiga, Marc Torices, Marcello Quintanilha, María Brenn, María Jiménez , Mariano Casas, Marina Sáez, Martín Romero, Miguel Fernández, Miguel Robledo, Pablo Prado, Paula Cheshire, Paula Esteban, Pedro F. Medina, Pío Barreiro, Primitivo Marcos, Rafael Jiménez, Susanna Martín, Tomás Guerrero, Víctor L. Pinel, Weronika Hańczyc, Xavier Queipo, Xavier Alcalá, Xulia Pisón, Xulia Vicente, Yeyei Gómez.
Adxuntamos a esta NdP o programa completo, con días e horarios, das actividades e as sinaturas que terán lugar na Rúa da BD durante a celebración de Viñetas desde o Atlántico 2024.
APERTURA DE INSCRICIÓNS PARA AS ACTIVIDADES DE VIÑETAS PRO E VIÑETAS MINI
Viñetas PRO é a sección de Viñetas 2024 orientada ao sector da banda deseñada, tanto a profesionais como estudantes. Así, durante toda a semana do festival desenvolveranse unha serie de actividades nas que o público ‘pro’ poderá participar activamente: visitas, obradoiros, relatorios, revisión de portafolios e encontros sectoriais; sempre con inscrición previa, do seguinte modo:
Visitas guiadas e revisión de portfolios: desde o venres 2 ata o venres 9 de agosto en comunicacion@agpi.es.
Actividades gratuítas con inscrición previa ata completar a capacidade de cada iniciativa, por orde de recepción das solicitudes. Só para profesionais ou estudantes de arte.
É posible consultar o programa completo de Viñetas Pro, coas actividades, datas e horarios, a través da páxina web do festival: https://vinetasdesdeoatlantico.com/.
Viñetas Mini, a sección infantil de divulgación e entretemento de Viñetas 2024 reunirá no seu programa contacómics de ‘Pablísimo’, obradoiros de BD impartidos por Jorge Campos, Tonecho Otero e Irene Sanjuan e un concerto infantil a cargo de Chuches Amil.
Ademais, o cinema familiar colarase en Viñetas Show para proxectar dous filmes de animación: Rebelión en la granja e Persépolis. En paralelo, os pequenos fans da BD contarán nos Xardíns de Méndez Núñez cunha zona de xogo de entrada libre de ‘Piratix ’e outra de ‘Superthings’, na que se repartirán miles de cómics que poderán asinar os seus heroes favoritos.
As inscricións dos contacómics e obradoiros, que se desenvolverán nas Bibliotecas Municipais da Coruña, abriranse 7 días antes da realización de cada actividade, a través de:
VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO, 27 ANOS DUNHA CITA INTERNACIONAL DE REFERENCIA
Viñetas desde o Atlántico é o festival internacional da banda deseñada da cidade da Coruña. Organizado polo Concello da Coruña, cada mes de agosto reúne unha coidada selección de exposicións, artistas invitados, charlas, talleres, visitas guiadas, firmas e actividades paralelas, e unha feira cos expositores profesionais máis relevantes do sector, que converten A Coruña nun fervedoiro de creatividade e nun punto de encontro para amantes da banda deseñada en todas as súas acepcións e singularidades.
Con máis dun cuarto de século ás súas costas, Viñetas desde o Atlántico é unha cita de referencia a nivel internacional para o público e os profesionais, que este 2024 celebrará a súa 27ª edición do 12 ao 18 de agosto baixo a dirección do autor coruñés Manel Cráneo. Co empeño de ofrecer unha visión o máis ampla posible do mundo da banda deseñada galega, nacional e internacional, Viñetas desde o Atlántico regresa á Coruña como un proxecto de cidade, arroupado polo sector profesional e cunha vocación de apertura a novas linguaxes, referentes e miradas. Porque A Coruña é, sen lugar a dúbidas, unha cidade de cómic.
Como novidade, o programa de Viñetas desde o Atlántico 2024 presenta unha nova estrutura, en torno a seccións especializadas orientadas aos seus diferentes públicos: Viñetas Expo, Viñetas Show, Viñetas Rúa BD, Viñetas Mini, Viñetas Ñam!, Viñetas Pro, Viñetas Inclusivas e Viñetas na Escola. As temáticas sociais, a internacionalización e a aposta pola banda deseñada independente e experimental son as claves de Viñetas Expo, que dedicará exposicións monográficas a Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos, ademais de acoller as mostras das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho, e a mostra dos fanzines presentados ao I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego, convocado este 2024.
Pola súa banda, ‘Toriyama en Galicia’ é o título da exposición colectiva que lle rende homenaxe ao autor de personaxes xa míticos do noso imaxinario como Son Goku ou Arale, da man dunha coidada selección de autoras e autores galegos como Paula Cheshire, José Domingo, Miguel Robledo ou Xulia Pisón, entre moitos outros, con ilustracións debuxadas especialmente para a mostra, ademais dunha escolma de páxinas do fanzine Onda Vital!! e outros obxectos e publicacións relacionados coa obra de Akira Toriyama.
Por primeira vez, un personaxe de cómic dun autor galego —Gaspariño de Xaquín Marín— súmase á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas; unha colección que neste 2024 recupera, tamén, a figura de Groucho, de Ventura & Nieto, tras o pasamento de Enrique Ventura, un dos grandes clásicos da revista El Jueves. Como outro dos fitos destacados, cabe mencionar, tamén, que Fermin Muguruza presentará no marco de Viñetas Show, no Teatro Colón, o seu filme Black is Beltza II: Ainhoa, secuela do éxito Black is Beltza, primeira incursión do artista no cinema de animación, que se presenta de novo acompañada da versión en banda deseñada da historia, debuxada por Susanna Martín.
Os Xardíns de Méndez Núñez acollerán os concertos da sexta xornada do festival de 20.30 a 02.20h, na que as pinchadas correrán a cargo dos dj’s Roi Porto e Dj Licho
Desde ás 21.30h, o público poderá gozar da mestura libre de xéneros de Sila Lua, a medio camiño entre a música urbana de fala hispana e a electrónica experimental europea
Ás 22.30h, Nena Daconte presentará en directo os temas do seu último disco, Casi Perfecto, co que reivindica o seu pasado máis pop-rock para falar de amor, de desamor, da soidade e do paso do tempo
Contra ás 00.00h chegaralle a súa quenda a Luna Ki, un dos valores de futuro da nova música urbana en España, co explosión electrónica do seu álbum Generación de cristal
A festa do Atlantic Pride continúa este venres na Coruña con algunhas figuras de referencia da escena musical actual. De 20.30 a 02.20 horas, o público poderá gozar nos Xardíns de Méndez Núñez da mestura libre de xéneros de Sila Lua, a medio camiño entre a música urbana de fala hispana e a electrónica experimental europea; do pop-rock de Nena Daconte, cos temas en directo do seu último disco, Casi Perfecto; e da fusión de sons como o new wave, o eurodance, o afrobeat ou o trap-pop de Luna Ki.Pola súa banda, as pinchadas para abrir e pechar a velada correrán a cargo de Dj Licho e Roi Porto.
Este venres continúan, tamén, as sesións ‘After Party’ do Atlantic Pride no Playa Club da Coruña con Gorllitox unha vez rematados os concertos ao aire libre nos Xardíns (de 02.00h a peche). En www.atlanticpride.es/fiestas é posible consultar os detalles destas festas ‘After Party’ do Atlantic Pride, así como adquirir as entradas anticipadas, a un prezo de 12 euros (consumición incluída). Os pases poderanse mercar tamén o mesmo día na porta do Playa Club (15 euros, consumición incluída).
PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2024
Venres, 12 de xullo
Xardíns de Méndez Núñez
(20.30 a 02.20h)
20.30h Dj Licho
21.30h Sila Lua
22.30h Nena Daconte
00.00h Luna Ki
01.00h Roi Porto
SILA LUA
Sila Lua, artista e produtora galega, leva desde 2017 desenvolvendo o seu son, algo a medio camiño entre a música urbana de fala hispana e a electrónica experimental europea; una mistura libre de xéneros froito da súa crianza española e dos seus anos vivindo e estudando produción musical en Londres. As súas cancións, de forte mensaxe lírico, producións detalladas e unha elegancia misteriosa, valéronlle o título de “diva marciana do novo pop escuro europeo” por parte da prensa especializada.
Este talento emerxente logrou o ano pasado un éxito viral cos seus temas Nada e Quiero llorar, parte da banda sonora oficial da cuarta temporada da serie Élite, de Netflix, e que acumula xa +4M streams combinados e +200k Shazams (Nada alcanzou o posto #160 nas listas globais de Shazam na primeira semana da estrea da serie). Isto brindoulle a oportunidade de escribir a encargo Tanta vida, canción orixinal da serie de Atresplayer Premium La edad de la ira.
Agora presenta o seu primeiro álbum, ROMPE, un traballo conceptual que xira en torno ao mar, os seus símbolos, os seus mitos e a súa inmensidade, e que está composto por 11 cortes. Unha mestura moi coidada de música urbana, electrónica e pop na que a artista estivo traballando o pasado ano e medio xunto ao produtor Mumbai Moon e onde contou con varios músicxs, productorxs e colaboradorxs invitadxs de España, Brasil e Ecuador.
NENA DACONTE
Mai recupera en Casi Perfecto, o seu sexto álbum de estudio, a esencia dos seus comezos: volve ao son e á estética dos seus primeiros discos, con dez novas cancións que xiran en torno ao amor, o desamor, a soidade e o paso do tempo. Son cancións compostas novamente por Mai, excepto El verano, que é unha adaptación dun poema do cantautor Marwan. Producidas todas elas por Dani Alcover, teñen un son pop rock dos 90. É Casi perfecto… como a vida, como o amor… Pero, quen quere ser perfecto?
Mai, Nena Daconte, medrou cos referentes musicais dos seus irmáns maiores: The Beatles, The Byrds, The Who, REM, Nacha Pop, Elvis Costello, Los Secretos… A música atrapouna. Máis tarde, na adolescencia, montou unha banda de pop rock coa que tocaba versións de Led Zeppelin, Radiohead ou The Cranberries, xunto con cancións propias por bares de Malasaña, en Madrid, como Al Lab’Oratorio. Tras participar na segunda edición do programa televisivo Operación Triunfo, fundou Nena Daconte, marca coa que autoeditou o seu primeiro disco e coa que coñeceu o éxito grazas a temas como Idiota, En qué estrella estará ou Tenía tanto que darte, compostos pola propia artista, en torno á idea da soidade, a obsesión pola búsqueda do amor ou a perda da ilusión polo paso do tempo. Tras numerosos premios e máis de 400 concertos percorrendo a xeografía española e cidades como París ou Berlín, Nena Daconte apartouse da música ata 2022, ano no que regresa cun novo traballo discográfico, Casi Perfecto, para reivindicar o seu pasado máis pop-rock da man do selo independente Subterfuge.
LUNA KI
Luna Ki é o nome do proxecto musical da artista cubana Luna Górriz (Barcelona, 1999), quen estase a posicionar como un de los valores de futuro da nova música urbana en España. O seu estilo único, cunha gran variedad de referentes, desde Riff Raf ou Ivy Queen ata Shakira, mistura xéneros tan dispares como o trap o o k-pop. O seu modo de reinventar os sons sumado a unha rechamante imaxe, non deixa indiferente a ninguén, aportando un xiro que concede voz ás novas xeracións. O seu é un exercicio de rebeldía único, que sitúa á persoa no centro do discurso.
O seu primeiro sinxelo, Septiembre, foi toda unha declaración de intencións, e acadou en poucos meses máis de 5 millóns de reproducións, posicionándose entre os lanzamentos máis virais de Spotify desde o seu lanzamento.
Tras avanzar os sinxelos Enero e Cuatro Bodas, Luna Ki presenta agora Generación de cristal, un EP no que homenaxea á súa propia xeración a través de sete pistas musicais. Con Carlos Ares na produción executiva, Generación de cristal concíbese como unha explosión electrónica, unha reinterpretación das bases do pop a través da fusión de sons como o new wave, o eurodance, o afrobeat ou o trap-pop. A produción tamén a firman Raúl Santos (Supernova), Dj Glass (Sexo Electrónico), Chus Santana (Enero), Allnightproducer (Cuatro Bodas e Bizarre Fatalité), Milan Leon e Ricard Galusi (McQueen).
Un retrato irónico e emocional da Xeración Z, no que Luna Ki reivindica a fraxilidade como fortaleza e a hipersensibilidade como unha arma para expresar sentimentos reprimidos. O traballo explora, entre outros, temas como o poliamor, os impulsos autodestructivos, a construción do ego, o sexo… A dualidade entre a tecnoloxía e a natureza está moi presente neste novo EP de Luna Ki. Riveragento (deseño), Sergi Padial (foto), MNLO (estilismo) e Luna crean un contraste poético onde o artificial e o real poden coexistir á perfección.
O festival coruñés, coñecido como ‘Orgullo do Norte’, confirma a presencia da banda de culto neerlandesa o xoves 11 de xullo, no escenario dos Xardíns de Méndez Núñez
O eurodance e o pop máis colorido dos 90 farán bailar ao público ao ritmo de éxitos como Uncle John from Jamaica, We’re Going to Ibiza, Boom Boom Boom Boom ou We Like to Party
O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, que celebrará a súa quinta edición do 7 ao 14 de xullo de 2024, impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, o Concello da Coruña e Turismo da Coruña, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia e Globalgrafic
Un dos rumores máis soados da quinta edición do Atlantic Pride é xa unha realidade. Vengaboys poñerá o acento internacional ao festival coruñés, coñecido como ‘Orgullo do Norte’, cunha actuación de alta voltaxe que terá lugar a noite do xoves, 11 de xullo, no escenario dos Xardíns de Méndez Núñez da cidade herculina. A banda de culto neerlandesa visitará este verán A Coruña na que será unha das súas tres únicas citas co público español dentro da súa xira mundial neste 2024.
Da man de Vengaboys, o eurodance, a electrónica e a música pop máis mítica e colorida dos anos 90 farán bailar á cidade da Coruña a ritmo de éxitos como Uncle John From Jamaica, We’re Going to Ibiza, Boom Boom Boom Boom ou We Like to Party, que non faltarán nesta cita da troupe co público do Atlantic Pride.
O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, o Concello da Coruña e Turismo da Coruña, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia e Globalgrafic. Na súa quinta edición, que se celebrará do 7 ao 14 de xullo, ademais de Vengaboys, está tamén confirmada a presencia das estrelas eurovisivas Nebulossa, Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez, ademais de figuras que pisan forte na nova escena galega, como Mondra, Sila Lúa, O Rabelo e Nenaza, Catuxa Salom, Lontreira e Amoebo. Na festa deste ‘Orgullo do Norte’ non faltarán, tampouco, as voces de grandes divas como Chanel, Luna Ki e Supremme de Luxe. Moi pronto, o Atlantic Pride dará a coñecer o seu programa completo con últimas confirmacións para este 2024.
O ORGULLO DO NORTE
A Coruña volverá ser a sede do ‘Orgullo do Norte’ entre o 7 e o 14 de xullo para celebrar a quinta edición do Atlantic Pride. Neste 2024, o festival propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular, que moi pronto desvelará novos nomes e actividades. O Festival Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras e, en 2022, regresou á súa esencia con toda a forza, enchendo A Coruña e as súas rúas de música en directo durante oito días. En 2023, o Atlantic Pride logrou alcanzar máis de 100.000 espectadores, marca que a cita se propón bater este ano.
O Atlantic Pride nace na Coruña no ano 2019 como un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. Está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- e o Concello da Coruña e Turismo da Coruña, e conta co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia e Globalgrafic. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBI+, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social do noroeste.
SOBRE VENGABOYS
Todo empezou da man de dous dj’s: Danski e Delmundo, que organizaban festas improvisadas na praia co seu vello bus escolar. Durante as súas xiras por Ibiza e a costa española, entre os anos 1992 e 1997, catro bailaríns e cantantes sumáronse á troupe: Roy, Denice, Kim e Robin, dándolle novos aires aos seus dj sets. A súa fama crecente deulles o impulso necesario para ir un paso máis aló e crear o seu propio selo discográfico, co que comezaron a producir, tamén, os seus propios discos.
O seu primeiro hit internacional, Up & Down, viu a luz en marzo de 1997 e pronto se posicionou no posto número 5 das listas musicais de Europa, antes do seu desembarco estadounidense, onde alcanzou, tamén, un notable éxito. De costa a costa, non houbo club nin parade no que non se escoitase Up & Down, seleccionado no número 1 da popular listaxe Billboard Dance Chart. O seu álbum debut, acertadamente titulado Greatest Hits!, converteuse en disco de ouro en Estados Unidos. Ese mesmo ano, Vengaboys foron nomeados aos Premios MTV na categoría de mellor actuación revelación.
E isto foi soamente o principio… Himnos do dance pop como We Like To Party, Boom Boom Boom Boom e We’re Going to Ibiza desataron un furor desprevido entre todos os públicos. Vengavoys logrou situar 7 sinxelos no top 10 de éxitos nas listaxes de Reino Unido, e acadou tamén a cima en máis de 40 países, como Alemaña, India, España, Suráfrica, Tailandia, Polonia, Australia e México, entre moitos outros.
E os hits continuaron. Temas como Shalala lala, Kiss (When the Sun Don’t Shine) ou Uncle John From Jamaica, por mencionar algúns, situáronse novamente nos postos máis elevados das listaxes musicais en todo o mundo. De feito, todos os singles lanzados por Vengaboys na súa primeira década de traxectoria estiveron sempre entre os 40 primeiros postos de Reino Unido.
Para celebrar o seu grande éxito con todos os seus fans, o grupo embarcouse nunha extensa xira mundial ao longo de Europa, Estados Unidos, Australia, Xapón e América do Sur., ata que, a principios de 2004, a banda decidiu tomarse un respiro por un tempo. En 2007, os Vengaboys reúnense de novo para embarcarse no que eles mesmos chaman o seu ‘Non-stop World Tour’, co que agora chegan ao Atlantic Pride da Coruña.