por martinho | Ene 10, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O sábado pechamos #PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS! deste ano é o luns abrimos a convocatoria do#CertameVilariñas de micro poesía 2018 (II edición), abaixo, as bases para este ano…
«VILARIÑAS» Concurso de micropoemas da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Asociación Sociocultural Lareira de soños.
BASES.
Convocase o II Concurso de micropoesías “Vilariñas” no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.
A participación neste concurso é completamente de balde.
Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.
O tema será “Libre”. Cada participante podrá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico
dosvilares@gmail.com ou info@culturaliagz.com en formato Word
Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. Cada micropoema debe ser apresentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe si así l🏔️ quixera @ autor/a.
Admitiranse obras desde o 15 de xaneiro até o día 30 de abril de 2018 , ás 23.59 horas.
A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.
O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, CulturaliaGZ e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.
Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase aos gañadores co premio que consistirá no trofeo <VILARIÑA> deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obraspresentadas no blog poético literário CulturaliaGZ. A edición da antoloxía do blogue poético será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica CulturaliaGZ e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidados.
Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos que considere oportunos.
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1
por martinho | May 2, 2017 | Autores/as, Creación, Literaria, Publicacións
Abundante foi a participación nesta primeira edición do Certame das Vilariñas 2017 convocado pola Asociación Sociocultural Lareira de Soños e o colectivo poético NPG (Nova Poesía Guitirica), para honrar a figura de Xosé María Díaz Castro, o gran poeta galego nacido precisamente na parroquia de Os Vilares en Guitiriz. Igualmente foi elevada a cifra de Vilariñas presentadas ao citado Certame. Autores noveis nestas lides poéticas competiron ao carón de autores xa consagrados.
E tal e como se anunciara, Culturalia GZ tivo a honra de encargarse da publicación de todas as Vilariñas, tanto as que resultaron gañadoras como as restantes que participaron no concurso, pero que non obtiveron galardón.
Facede clic aquí para proceder á descarga. (Clic no botón dereito e Gardar enlace como)
por martinho | Abr 24, 2017 | Autores/as, Novas
Andrea Araújo Alonso, da Guarda e residente en Tomiño é a gañadora do Primeiro Certame de Micropoesía da Chaira
coa <VILARIÑA> “Teño un pintor”. Andrea estuda artes escénicas na Escola Superior de Vigo.
O segundo premio foi para o xornalista Pedro Rielo Lamela, de Pontevedra, coa <VILARIÑA> “Gran carballo”.
En terceiro lugar, o profesor e escritor Toño Núñez Álvarez, de Navia de Suarna e residente en Lugo, coa <VILARIÑA> “Abrín os ollos”.
As 150 <VILARIÑAS>, de grande nivel, recibidas de distintos lugares da xeografía galega, serán publicadas nos vindeiros días en www.culturaliagz.com.
Para a entrega de premios organizaremos un acto poético público.
Tanto pola participación como pola calidade dos poemas, consideramos un éxito esta primeira edición das <VILARIÑAS> cuxo nome, en homenaxe ao poeta dos Vilares, e en concreto do lugar do Vilariño, conta xa con outra proposta poética orixinal e aberta á participación de quen o desexe pola súa sinxeleza.
A dificultade da escolla dos premiados é a demostración da alta calidade das <VILARIÑAS> apresentadas a este certame creado pola NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares.
*Información facilitada polas entidades convocantes.
por martinho | Mar 25, 2017 | Autores/as, Novas
CULTURALIA GZ publicará na súa páxina as <VILARIÑAS> participantes no 1°Certame de micropoesía da Chaira. Así o acordaron os organizadores, NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, Lareira de soños cos responsables do proxecto Culturalia GZ, que estreará con esta publicación unha sección de creación literaria.
Dase así cumprimento a un dos puntos das bases do certame que compromete a edición dos poemas nun blog ou páxina dixital.
Culturalia GZ, un proxecto de clara vocación literaria e cultural no que están involucrados creadores e estudosos da nosa cultura, establece desta maneira pontes de colaboración tamén con entidades que se distinguen polo seu traballo na sociedade, neste caso dúas das máis activas de Guitiriz e da Chaira, como son o grupo NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, parroquia de nacencia do poeta chairego Xosé María Díaz Castro, inspirador deste novidoso certame de <VILARIÑAS>. Este acordo é un exemplo de traballo cooperativo que suma para o conxunto e contribúe a difundir máis e mellor a xa grande produción poética na Terra Chá, tentando a participación a través de pequenos poemas daquelas persoas con inquedanzas poéticas non necesariamente especializadas.
É o primeiro de futuros acordos de traballo en común aberto a sumar outras entidades que atopen neste soporte un recurso acaído aos seus proxectos e actvidades. Co remate do prazo de recepción de <VILARIÑAS>, o día 31 de marzo e unha vez que o xurado decida cales son os micropoemas gañadores, todas as <VILARIÑAS> poderán ser lidas en rigurosa estrea no CULTURALIA GZ.