Na Rede do Patrimonio pechamos o ano cunha serie de actividades para que o 2021 sexa un ano bó para todos e todas.
Por iso recurrimos a memoria e poñemos en valor rituais que durante moito tempo fóron a protección de casas, familias e colleitas.
Nós so abrimos a porta cunha pequena escolma , ahora pedimos a todas as entidades e a todas as persoas, socias ou non que aporten os seus, para completar o rico mapa das tradiciones de Galicia, polo Nadal
E como sabemos que ter aos pequechos na casa éstes días non é tarefa doada, dende o mércores 23 co colaboración do Observatorio Lúdico Galego, publicaremos cada día un video ensinando un xogo tradicional para xogar na casa.
Finaliza o ciclo de conferencias do mes do Patrimonio coa presenza da arqueóloga Celtia Rodríguez Gonzales
Unha das correntes teóricas que está a mudar o pensamento tradicional do pasado son os estudos de xénero en arqueoloxía, que dende hai máis de 20 anos están desenvolvendo novas formas de achegarnos ao pasado dende un punto de vista inclusivo. Desta maneira, a nosa palestra tratará de ver como a través dunhas teorías e metodoloxías arqueolóxicas seremos capaces de entender o pasado a través desta nova mirada. Para iso, o que propoñemos é unha interpretación da materialidade en dous lugares cronoloxicamente distintos, pero que a través dos restos asociados, e das fontes das que dispoñemos, podemos entender o pasado dende esta perspectiva. Estes lugares sitúanse na comarca de Valdeorras e son o asentamento tardoantigo de O Castelo (Valencia do Sil, Vilamartín de Valdeorras) e La Ciudad de la Selva en Casaio.
Celtia Rodríguez González
Graduada en Historia pola Universidade de Murcia (2015), realiza os estudos de mestrado en Arqueoloxía na Universidade de Granada (2016). Actualmente, está levando a cabo o seu proxecto de tese de doutoramento “Arqueología de Género en Galicia. Un estudio de las relaciones de género y las Actividades de Mantenimiento en la transición de la Tardoantigüedad al mundo Alto Medieval” na USC. As súas principais liñas de investigación céntranse nos estudos de mulleres e de xénero en Galicia a través da arqueoloxía dos séculos IV-VI d.C.
Dende o ano 2017 forma parte do grupo de investigación Sputnik Labrego, onde coordina as tarefas relacionadas coa súa especialidade. Organizadora do Congreso IXAP do 2019 (I Xornadas de xénero arqueoloxía e Patrimonio de Galicia) e do congreso internacional das JIA19 (Jornadas de Jóvenes Investigadores en Arqueología de 2019). Ten co-dirixido escavacións arqueolóxicas no asentamento de O Castelo en Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras). Conta con varias publicacións en diferentes revistas científicas relacionadas co período de transición entre a final do Imperio Romano e a Alta Idade Media de Galicia.
Toda esta labor investigadora compatibilízase co seu traballo como arqueóloga profesional en diferentes empresas galegas dende o 2018. Un exemplo sería o seu traballo para Árbore, s. coop. Galega; Estela, Arqueoloxía e Patrimonio; ou Tempos Arqueólogos.
No ciclo de charlas de divulgación, no marco da conmemoración do Día do patrimonio, chega a quenda do patrimonio inmaterial.
Cando hai unha vaga de incendios, cando se producen diferentes agresións no territorio, nunca aparece na lista de “caídos” unha cifra que reflicta o número de lendas , toponimia, mitos, crenzas ou rituais perdidos.
Sempre falamos de pedras, árbores, vivendas, pero a perda da memoria do territorio é tan terrible como a perda dos bens patrimoniais materiais.
Recoñecida pola Unesco, a cultura inmaterial forma parte da identidade das nacións e debe ter garantías de protección por parte dos organismos pertinentes. Con todo, a defensa e preservación das tradicións non é unha constante nas accións dos distintos organismos vinculados ao patrimonio. En tempos de globalización é fundamental, identificar, documentar e protexer unha cultura que é patrimonio vivinte. A súa preservación permite manter a diversidade cultural e a creatividade.
Por iso nesta segunda conferencia o destacado antropólogo, investigador, escritor e profesor Rafael Quintía, falará sobre
“O valor do patrimonio inmaterial e a súa relación co patrimonio material e natural”.
Será o xoves 19 de novembro ás 20.00 no facebook da Rede do Patrimonio e na canle de youtube da ACP Roxin Roxal. Moderará a palestra, Emi Cagiao Sánchez da Asociación Entroido de Samede.
O mapa das actividades da Rede do Patrimonio Cultural non ten tantas actividades como nun ano normal, máis ten variadas e interesantes.
Exposiciones, roteiros de convivintes, videoconferencias, campañas en redes , concursos fotográficos, videos de recogida de tradición oral….
16 de novembro ás 20.00h: Xurxo Ayán – “Arqueoloxía nova que se chama Ribeira”. Modera Pilar Sánchez Monje (Asociación O Sorriso de Daniel).
19 de novembro ás 20.00h: Rafael Quintía – “O valor do patrimonio inmaterial e a súa relación co patrimonio material e natural”. Modera Emi Cagiao Sánchez (Asociación Entroido de Samede).
26 de novembro ás 20.00h: Celtia Rodríguez – “Campesiñas e loitadoras. Unha visión dende a Arqueoloxía de Xénero”. Modera Soledad Felloza (PatrimonioGalego.Net).
As actividades poderanse seguir no facebook da Rede do Patrimonio e na canle de youtube de Roxin Roxal. (cada entidade pode compartir dende o noso Facebook aos propios e así tecer unha grande rede de difusión)
Actividades das entidades
10 ao 22 de novembro- SE VAS AO RÍO A LAVAR (Roteiro polos lavadoiros).
Organiza Asociación Cultural Apelón Educación. Estados convidados a facer o roteiro dos lavadoiros de xeito individual ou cos conviventes durante estes días. Seguimento nas redes.
14 de novembro ás 10 horas ROTEIRO CRUCEIRO DAS SALGUEIRAS. Organiza Rede Galega por un Rural Vivo coa colaboración da Asociación Petón do Lobo
15 de novembro a 15 de decembro– FALADOIROS EN XIRARGA. Organiza O Suído. Recuperando a historia e a memoria dunha parroquia no concello de Beariz, Ourense . Compartiráse na web e nas redes sociais do Suído unha serie de vídeos que recollen a historia e a memoria inmaterial da parroquia de Xirarga da voz dos veciños e veciñas.
15 de novembro #PatrimoniodoBaixoUlla” Organiza O Baixo Ulla
Participación online a través das redes sociais. Difusión do patrimonio do Baixo Ulla
16 de novembro–CAMPAÑA polo BIC de CARVALHO CALERO Organiza Asociación Ferrol Terra Antiga(publicación de trozos da súa obra nas redes sociais de todas as entidades da RPC ao longo de todo o día)
19/11 as 19:30 Manuel Castiñeiras González “Artes decorativas en el medievo mindoniense, pintura y orfebrería”
20/11 as 19:30 Javier Gómez Darriba “Los conventos concepcionistas de Mondoñedo: de la ruina a la construcción de una clausura dieciochesca”
21/11 as 19:30 Roberto Reigosa Méndez “La plaza de Mondoñedo, evolución de un espacio de reunión desde la ciudad medieval hasta el funcionalismo contemporáneo”
Con motivo da celebración do Día do Patrimonio máis de cen entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ó seu compromiso co patrimonio galego. Dende o ano 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio Cultural enchen o mapa de Galicia con actividades, roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras actividades. Con todo, a situación sanitaria actual tamén implica un cambio no xeito de celebrar unha data que vén sendo destacada na reivindicación do patrimonio cultural galego, a súa defensa e posta en valor. Deste xeito, conscientes de que a prioridade é a saúde de todos e todas, a Rede do Patrimonio mudou as súas accións por un ciclo de videoconferencias públicas e por diversas actividades en liña orientadas ó intercambio de información e á formación no eido patrimonial. Cómpre lembrar que o grave contexto sanitario non evitou que se sigan producindo ataques e agresións que evidencian, máis que nunca, a necesidade do traballo real e comprometido das asociacións culturais que velan pola defensa do patrimonio de Galicia. Dende a Rede do Patrimonio seguimos insistindo na necesidade de levar a cabo políticas concretas que se traduzan nun reordenamento do territorio, en sancións máis graves ante as agresións e nun plan de educación en valores patrimoniais que garantan a supervivencia dunha riqueza que nos identifica como un pobo dotado dunha longa e rica historia.
Actividades previstas
16 de novembro ás 20.00h: Xurxo Ayán – “Arqueoloxía nova que se chama Ribeira”. Modera Pilar Sánchez Monje (Asociación O Sorriso de Daniel).
19 de novembro ás 20.00h: Rafael Quintía – “O valor do patrimonio inmaterial e a súa relación co patrimonio material e natural”. Modera Emi Cagiao Sánchez (Asociación Entroido de Samede).
26 de novembro ás 20.00h: Celtia Rodríguez – “Campesiñas e loitadoras. Unha visión dende a Arqueoloxía de Xénero”. Modera Soledad Felloza (PatrimonioGalego.Net).
A estas conferencias súmanse a realización de diferentes charlas, exposicións, presentacións de libros, vídeos de recollida de tradición oral, difusión do patrimonio local, a campaña a prol da declaración da casa de Carvalho Calero como BIC e outras actividades levadas a cabo por diferentes entidades como a Asociación de Alfombristas de Galicia, Asociación Monte Pituco, Mariña Patrimonio, O Baixo Ulla, O Suído, Asociación Batistales, Asociación Cova Crea, Asociación Ferrol Terra Antiga… entre outras.
Encontro Pecha Kucha
O día 30 de novembro celebrarase en Encontro “Pecha Kucha” no que as entidades poñerán en común proxectos e metodoloxías de acción realizados ó longo dos últimos anos. Neste 2020 celébrase o décimo aniversario da fundación de varias das entidades da Rede que reflicten a diversidade do asociacionismo do patrimonio cultural galego: 10 anos de O Sorriso de Daniel, Monte Pindo Parque Natural, PatrimonioGalego.net; 12 anos de Mariña Patrimonio; 15 de Roxin Roxal; 25 de Ponte nas Ondas; 42 de Adega… Son tempos de adaptación, de percorrer novos camiños, pero sempre, defendendo, poñendo en valor e divulgando o noso patrimonio.
As actividades poderanse seguir no facebook da Rede do Patrimonio e na canle de youtube de Roxin Roxal.