Celebración do FESTIULLOA 2023

No mes de agosto celebrarase outro dos grandes festivais do verán da Ulloa, xunto con Agrocuir e Son d´aldea. Trátase de FESTIULLOAfestival de música clásica e actividades medioambientais organizado pola asociación Quercus Sonora.

FESTIULLOA celebrarase os días 3, 4 e 5 de agosto, con excursións, conferencias e dous concertos imprescindibles, un o venres 4 na igrexa de San Miguel de Monterroso, e outro o sábado 5 na casa-escola de Peibás (Antas de Ulla) que continuará cun concerto nocturno baixo o afamado carballo de Amoexa.

Conferencia de Sandra Goded: MI VIAJE A ÁFRICA. Una lección de vida

O vindeiro domingo 9 de xuño, a partir das 19:30 horas na Aula de Cultura do Concello de Antas de Ulla celebrarase unha conferencia de Sandra Goded, baixo o título de MI VIAJE A ÁFRICA. Una lección de vida, onde a autora falará da súa experiencia nesa viaxe por terras africanas.

Colaboran na organización desta actividade o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), Quercus Sonora e o Concello de Antas de Ulla.

*Información facilitada polo IEU.