Ourense prepárase para recibir a ‘Placebo’ o vindeiro venres 26 de agosto

A banda británica de rock alternativo por excelencia actuará en Expourense no marco  da xira internacional de presentación do seu último álbum, Never Let Me Go

A cita, o único directo que o grupo ofreza este ano en España fóra dun gran festival, é un dos pratos fortes da programación musical do Xacobeo 21-22 e as entradas 

O vindeiro 26 de agosto Ourense acollerá unha das grandes citas musicais do verán en Galicia: a banda de culto británica Placebo fará parada en Galicia no marco da súa xira internacional de presentación do seu último álbum, Never Let Me Go. O directo, que terá lugar en Expourense, será a única cita que a banda de Brian Molko e Stefan Olsdal ofreceza este ano en España fóra do cartel dun gran festival (Mad Cool e BBK Live).

Placebo é unha das bandas de rock alternativo imprescindibles dos últimos 25 anos, con máis de 13 millóns de álbumes vendidos en todo o mundo até o día de hoxe. Autores de himnos que marcaron a toda unha xeración, como Every You Every Me, Special Needs, Song to Say Goodbye, Special K ou Nancy Boy, este verán visitan Galicia para dar a coñecer o seu novo traballo discográfico, Never Let Me Go. Trátase do primeiro LP que publica a troupe logo de case unha década, desde Loud Like Love (2013), e inclúe sinxelos como Beautiful James ou Try Better Next Time, que tamén acumulan millóns de reproducións nas plataformas dixitais. 

Placebo actuará contra ás 22.30 horas, mais a apertura de portas en Expourense terá lugar ás 20.00 horas. A partir das 20.30 horas sucederanse os directos das bandas galegas que abrirán a noite: Moito! e Habitación Vudú. As entradas para o evento, un dos pratos fortes da programación musical do Xacobeo 21-22 (www.concertosdoxacobeo.gal), están dispoñibles na plataforma web www.ataquilla.com, cun prezo de 40 euros máis gastos de xestión.

20220819-NP-Placebo-actua-o-26-de-agosto-en-Ourense

As bandas galegas Moito! e Habitación Vudú abrirán o concerto de Placebo en Ourense

As bandas galegas Moito! e Habitación Vudú abrirán o concerto de Placebo en Ourense


A banda británica de rock alternativo actuará o 26 de agosto en Galicia, no que será un dos únicos tres concertos que os de Brian Molko ofrezan en España no marco da xira ‘Never Let Me Go’

As entradas para o directo de Placebo, que terá lugar en Expourense, están dispoñibles a través da plataforma web www.ataquilla.com

As bandas galegas de indie pop-rock Moito! Habitación Vudú abrirán o concerto de Placebo en Ourense este verán. A mítica troupe británica de rock alternativo actuará en Galicia o 26 de agosto, no marco da programación musical do Xacobeo 21-22. A cita, que terá lugar en Expourense, será a única parada que a banda de culto británico faga este verán en territorio galego no marco da súa xira internacional Never Let Me Go. 


O directo de Placebo en Ourense, un dos eventos de referencia dos www.concertosdoxacobeo.gal, comezará ás 22.30 horas, mais apertura de portas en Expourense o 26 de agosto terá lugar ás 20.00 horas. Así, a partir das 20.30, sucederanse os directos das bandas galegas. A primeira que subirá ao escenario será Moito!, nunha sesión na que o grupo indie de A Pobra do Caramiñal dará a coñecer os avances do seu álbum debut que se publicará este mesmo ano. A continuación, chegará a sonoridade rock dos ourensáns Habitación Vudú, que presentarán algúns dos temas dos seus EP Flores Falsas En el aire.

As entradas para o evento en Ourense (a única cita que a banda ofreza este verán en España fóra dun festival, xa que as outras dúas serán marco do Mad Cool e BBK Live) están dispoñibles na plataforma web www.ataquilla.com, cun prezo de 40 euros máis gastos de xestión. Ademais, a organización do concerto (as promotoras Thinking Up Events e Escena Sonora) pon a disposicición do público un paquete turístico exclusivo para fans de Placebo baixo o nome Rock & Relax, que inclúe, ademais da entrada ao evento, o aloxamento no Hotel Balneario de Laias, o transporte en tren de ida e volta desde Madrid ou os traslados para gozar de excursións singulares a dúas das xoias patrimoniais e vitivinícolas da rexión: Ribeira Sacra e O Ribeiro. Este paquete, posto en marcha coa colaboración de Offitravel, ten como finalidade favorecer o tránsito de seguidores da banda desde Madrid á vez que se ofrece a posibilidade de coñecer de primeira man espectaculares localizacións como o mosteiro de Santo Estevo ou mesmo os cañóns do Sil mediante unha viaxe en catamarán. 


SOBRE PLACEBO

Placebo é unha das bandas de rock alternativo imprescindibles dos últimos 25 anos, con máis de 13 millóns de álbumes vendidos en todo o mundo até o día de hoxe. O seu disco debut homónimo supuxo un fito no cambio de rumbo da música británica dos 90: a súa antítese do britpop serviu de inspiración a toda unha xeración de músicos que seguiron o seu camiño. Con cinco discos posicionados entre os dez mellores do Reino Unido, Placebo acadou un lugar privilexiado na historia da música británica. A troupe colaborou con lendas como David Bowie, Robert Smith, ou Michael Stipe, e durante máis de dúas décadas realizou xiras multitudinarias, conseguindo pendurar o cartel de entradas esgotadas e copando as cabezas de cartel dalgún dos festivais máis prestixiosos a nivel mundial. Neste 2022, a banda visita Galicia no marco da xira de presentación do seu novo disco, Never Let Me Go. A cita será un dos pratos fortes da programación musical do Xacobeo 21-22 (www.concertosdoxacobeo.gal) deste verán. 


SOBRE MOITO!

No ano 2018 publican o seu primeiro EP, Ingravidez, producido por Luis Antelo. Coa súa sonoridade indie e espírito underground con influencias do britpop e rock clásico dan o salto a medios de comunicación de ámbito estatal. Desde entón, a banda conformada por Felipe Castro (voz e guitarra), Diego González (guitarra), Juan Ciego (baixo) e Diego Guillín (batería) xira por numerosos concursos e eventos e publica un novo EP: Ingeniería inversa. Neste 2022 preparan o lanzamento do seu primeiro LP, producido por Carlos Hernández Nombela, do que xa se coñecen temas como ‘Bootstrap Paradox’ ou ‘Dragones’. 


SOBRE HABITACIÓN VUDÚ

Desde A Limia chega a sonoridade fresca, auténtica e de alma rockeira de Habitación Vudú. Na primavera de 2015 gravan o seu primeiro EP, Flores Falsas (contando coa produción de Luis Antelo e a colaboración do músico Pablo Novoa) e, no verán seguinte, abren o concerto de The Gift en Montalegre (Portugal), ademais de deixar a súa impronta no cartel do festival Cultura Quente de Caldas de Rei. No 2018 a banda conformada por Jose Freiría, Rubén Seoane, Justo Freiría e Richi Roales lanza o seu segundo EP, En el aire, co que actúa en Portamérica ou Festival de La Luz, entre outras citas.

20220629-NP-Moito-e-Habitacion-Vudu-con-Placebo

Placebo actuará en Ourense o 26 de agosto dentro da súa xira internacional ‘Never Let Me Go Out’

A banda británica de rock alternativo por excelencia actuará en Expourense no marco da programación musical do Xacobeo 21-22, na que será a súa única parada en Galicia este verán e un dos únicos tres concertos que os de Brian Molko ofrecerán en España, cunha ruta que inclúe, ademais de Ourense, os escenarios de dous grandes festivais: Mad Cool e BBK Live

As entradas para o directo de Placebo en Expourense xa están dispoñibles en www.ataquilla.com, que desde a súa activación fai máis dun mes rexistra un número relevante de visitantes de fóra de Galicia (Madrid, Barcelona ou Valencia)

A organización lanza un paquete turístico de rock & relax para descubrir Ribeira Sacra e O Ribeiro na fin de semana do concerto e gozar cunha experiencia musical e de ocio completa que, ademais das entradas ao evento, inclúe desprazamentos, aloxamento e excursións singulares

Expourense acolleu esta mañá a presentación oficial do concerto de Placebo en Galicia, que se celebrará na noite do 26 de agosto na cidade de Ourense, con apertura de portas ás 20.00h e inicio do directo ás 22.30h. A cita, a única parada que a banda de culto británica fará en Galicia no marco da súa xira internacional Never Let Me Go Out Now, será un dos eventos de referencia do verán no territorio galego e forma parte da programación musical do Xacobeo 21-22, os ConcertosdoXacobeo.gal

A cita de Placebo en Ourense é un dos únicos tres concertos que a mítica troupe liderada por Brian Molko e Stefan Olsdal ofrecerá en España no marco da súa nova xira mundial prevista para 2022 e 2023, con parada en cidades como San Francisco, Berlín, Copenhague, Londres, Manchester ou París. As outras dúas datas españolas corresponden a dous grandes festivais: Mad Cool e BBK Live. As entradas para o evento en Ourense están dispoñibles na plataforma web www.ataquilla.com, cun prezo de 40 euros máis gastos de xestión.

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, lembrou que o concerto é un dos pratos fortes do Xacobeo 21-22. “Queremos que a cultura axude a dinamizar o territorio. Máis aló da experiencia de gozar do espectacular directo dunha das bandas máis míticas da historia recente do pop-rock, queremos amosar o impresionante patrimonio natural e inmaterial que temos. E este concerto é unha nova constatación de que Ourense é o escenario ideal para eventos de carácter internacional”, sinalou Gabriel Alén. Neste sentido, o Delegado da Xunta lembrou que a cita “está a xerar un notable interese entre o público de fóra da provincia”: do primeiro cupo de entradas a prezo reducido (30€), que xa está esgotado, a meirande parte das e dos compradores procede de cidades como Madrid, Vigo ou Barcelona. 

Por este motivo, e de cara a favorecer o fluxo de visitantes ao territorio ourensán no verán, concretamente na fin de semana do 26 ao 28 de agosto, a organización do concerto presenta un paquete turístico exclusivo para fans de Placebo que inclúe, ademais da entrada ao evento, o aloxamento no Hotel Balneario de Laias, o transporte en tren de ida e volta desde Madrid ou os traslados para gozar de excursións singulares a dúas das xoias patrimoniais e vitivinícolas da rexión: Ribeira Sacra e O Ribeiro.

Tal e como explicou José Freiría, de Escena Sonora Producción Cultural -promotor do directo xunto a Thinking Up Events-, este paquete (posto en marcha coa colaboración de Offitravel) ten como finalidade favorecer o tránsito de seguidores da banda desde Madrid á vez que se ofrece a posibilidade de coñecer de primeira man espectaculares localizacións como o mosteiro de Santo Estevo ou mesmo os cañóns do Sil mediante unha viaxe en catamarán. Tamén haberá a posibilidad de gozar das termas de Prexigueiro,  visitar bodegas do Ribeiro ou coñecer o Museo do Viño de Galicia. 

Durante a presentación do concerto, na que tamén participou o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, avanzouse que nas vindeiras semanas daranse a coñecer as bandas teloneiras do grupo británico para o seu directo do 26 de agosto en Ourense, das que xa se desvelou que serán galegas. 

SOBRE PLACEBO

Placebo é unha das bandas de rock alternativo imprescindibles dos últimos 25 anos, con máis de 13 millóns de álbumes vendidos en todo o mundo até o día de hoxe. O seu disco debut homónimo supuxo un fito no cambio de rumbo da música británica dos 90: a súa antítese do britpop serviu de inspiración a toda unha xeración de músicos que seguiron o seu camiño. Con cinco discos posicionados entre os dez mellores do Reino Unido, Placebo acadou un lugar privilexiado na historia da música británica. A troupe colaborou con lendas como David Bowie, Robert Smith (The Cure) ou Michael Stipe (REM), e durante máis de dúas décadas realizou xiras multitudinarias, conseguindo pendurar o cartel de entradas esgotadas e copando as cabezas de cartel dalgún dos festivais máis prestixiosos a nivel mundial.

No 1996, cando o britpop saturaba o mercado musical do Reino Unido, Placebo agromou como a grande alternativa, co seu ritmo acelerado, as súas guitarras distorsionadas e as súas letras desoladoras. Coa súa estética andróxina, a banda converteuse, de seguido, nun fenómeno psicosexual hipnótico. Tan só pasaran dous anos desde o seu concerto debut en Rock Garden, en xaneiro de 1995 -e só doce meses despois da publicación do seu primeiro sinxelo, Bruise Pristine-, cando a banda lanzou Nancy Boy, o tema que avanzou o que sería a súa carreira, acadando o favor unánime do público e da crítica. 

Nun momento no que gobernaba o rock xuvenil de estadio, Placebo xurdiu coma un faro solitario de glamour narcótico, que alternaba con Bowie e facía cameos en filmes como Velvet Goldmine, del director Todd Haynes. O escuro e sedutor segundo álbum da banda de Brian Molko y Stefan Olsdal, Without You I’m Nothingvendeu máis dun millón de copias. A campaña de presentación do traballo, que incluía o celebrado Pure Mornine o icónico Every You Every Me, culminou con Placebo tocando 20th Century Boy ao vivo canda David Bowie na entrega dos Brit Awards de 1999.

No ano 2000, Placebo lanza o seu terceiro álbum de triunfante electro punk-pop Black Market Music.Os seguidores da banda eran lexión en todos os continentes. O grupo levou os seus temas Taste In MenSlave To The Wage e a controvertida Special K ao top 20 de cancións non só no Reiuno Unido, senón tamén a nivel internacional. 

O cuarto álbum de Placebo, Sleeping With Ghosts, lanzado no 2003, converteuse en Disco de Platino en Francia e Alemania, ademais de ser Disco de Ouro no Reino Unido situándose, á vez, no top 20 de 16 países, grazas ao pulo do seu enorme primeiro sinxelo The Bitter End. No mes de novembro do mesmo ano, tivo lugar outro momento decisivo na carreira de Placebo: esgotou as entradas para o seu directo no Bercy parisino, no que actuou para máis de 18.000 persoas. O espectáculo filmouse para o lanzamento do primeiro DVD oficial da banda, nomeado Soulmates Never Die (Live in Paris), que se situou como no DVD de rock ao vivo máis vendido de Virgin Records no 2004.

Medso quinto álbum de Placebo, chegou en 2006 e conseguiu vender máis de 1,1 millóns de copias en todo o mundo, repetindo como Disco de Platino en Alemania e Francia e Disco de Ouro no Reino Unido. O momento máis importante da carreira de Placebo chegou ese mesmo ano, ao ser o cabeza de cartel de Rock Am Ring alemán. Mais en pouco tempo chegou outro gran fito: colgou o cartel de entradas esgotadas no Bercy de París durante dúas noites seguidas e tocou para máis de 36.000 persoas. 

O sexto álbum de estudio de Placebo, Battle For The Sun, gravado ao longo de tres meses canda o produtor Dave Bottrill, chegou en xuño de 2009. O disco, sorprendente, vivo e vital, mudou as reglas do xogo da banda e marcou o camiño dunha era completamente nova. Con el ocupou o primeiro posto, durante dúas semanas, na lista europea de Billboard, acadou o nº1 en dez países e posicionouse no top 5 noutros 20. Nos MTV European Music Awards de 2009, Placebo recolleu o premio á mellor banda alternativa, consolidando deste xeito o seu estatus como unha das bandas de rock en vivo máis importantes do mundo.

No 2013 chega Loud Like Love, o sétimo álbum de estudio da banda, producido por Adam Noble, co que Placebo viaxa sen descanso polo mundo, tocando para máis dun millón de persoas en Australia, América Latina, América del Norte, Europa e Asia. Tres anos despois, para festexar os seus increíbles 20 anos como banda, Placebo lanza en outubro de 2016 un álbum retrospectivo de éxitos, A Place For Us To Dream, e publica, ademais, unha selección de novos temas en forma de EP, nomeado Life’s What You Make It, que inclúe seis pistas novas, como os sinxelos Jesus’ Son ou a versión de Talk Talk Life’s What You Make It. A xira mundial comezou pouco despois do lanzamento e prolongouse durante todo 2017. 

Neste 2022, a banda visita Galicia no marco da xira internacional de presentación do seu novo disco de estudio, Never Let Me Go Out Now, que será un dos pratos fortes da programación musical do Xacobeo 21-22, www.concertosdoxacobeo.gal, este verán. 

20220621-NP-Placebo-en-Ourense