A banda británica de rock alternativo por excelencia actuará en Expourense no marco  da xira internacional de presentación do seu último álbum, Never Let Me Go

A cita, o único directo que o grupo ofreza este ano en España fóra dun gran festival, é un dos pratos fortes da programación musical do Xacobeo 21-22 e as entradas 

O vindeiro 26 de agosto Ourense acollerá unha das grandes citas musicais do verán en Galicia: a banda de culto británica Placebo fará parada en Galicia no marco da súa xira internacional de presentación do seu último álbum, Never Let Me Go. O directo, que terá lugar en Expourense, será a única cita que a banda de Brian Molko e Stefan Olsdal ofreceza este ano en España fóra do cartel dun gran festival (Mad Cool e BBK Live).

Placebo é unha das bandas de rock alternativo imprescindibles dos últimos 25 anos, con máis de 13 millóns de álbumes vendidos en todo o mundo até o día de hoxe. Autores de himnos que marcaron a toda unha xeración, como Every You Every Me, Special Needs, Song to Say Goodbye, Special K ou Nancy Boy, este verán visitan Galicia para dar a coñecer o seu novo traballo discográfico, Never Let Me Go. Trátase do primeiro LP que publica a troupe logo de case unha década, desde Loud Like Love (2013), e inclúe sinxelos como Beautiful James ou Try Better Next Time, que tamén acumulan millóns de reproducións nas plataformas dixitais. 

Placebo actuará contra ás 22.30 horas, mais a apertura de portas en Expourense terá lugar ás 20.00 horas. A partir das 20.30 horas sucederanse os directos das bandas galegas que abrirán a noite: Moito! e Habitación Vudú. As entradas para o evento, un dos pratos fortes da programación musical do Xacobeo 21-22 (www.concertosdoxacobeo.gal), están dispoñibles na plataforma web www.ataquilla.com, cun prezo de 40 euros máis gastos de xestión.

20220819-NP-Placebo-actua-o-26-de-agosto-en-Ourense