por martinho | May 24, 2019 | Autores/as, Fluír Do Pensamento, Literaria, Novas, Publicacións, Xeral
Publicación dos textos gañadores no Certame de Microrrelatos DÍA DO LIBRO 2019, convocado polo Concello de Vilalba coa colaboración de Culturalia GZ.
Velaí un enlace á mencionada publicación.
A imaxe da capa do libro e o deseño da mesma é da artista Adolfina Mesa.
por martinho | May 13, 2019 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Este pasado venres 10 de maio celebrouse na Casa da Cultura de Vilalba a partir das 20 horas do serán a cerimonia de entrega de premios do Certame de Microrrelatos DÍA DO LIBRO 2019, convocado polo Concello de Vilalba, coa colaboración de Culturalia GZ.
Dito acto de entrega, conducido polo escritor e administrador de Cultura GZ, Martiño Maseda, contou tamén coa presenza de Patricia Teijeiro Álvarez, concelleira de Educación de Vilalba, e o escritor e crítico literario Armando Requeixo, membro do xurado, canda Ánxela Gracián e Mercedes Queixas Zas. Sen esquecer, entre o numeroso público que ateigaba o salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba, a asistencia das persoas premiadas nas distintas categorías. (Véxase enlace á acta do xurado)
A continuación vexamos unha galería fotográfica, obra de Adolfina Mesa, onde se recollen momentos vividos durante o acto de entrega de galardóns.
por martinho | May 7, 2019 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Hoxe, 7 de maio de 2019, fanse públicos os premios do Certame de Microrrelatos organizado polo Concello de Vilalba, en colaboración con Culturalia GZ, con motivo da celebración do Día do Libro 2019.
O xurado, que estivo formado, por:
– Armando Requeixo, escritor e crítico literario.
– Mercedes Queixas Zas, profesora, escritora e secretaria xeral da AELG.
– Ánxela Gracián, escritora e tradutora.
– Martiño Maseda, poeta e administrador de Culturalia GZ (con voz e sen voto).
– Patricia Teijeiro, concelleira de Educación e Participación Cidadá (con voz e sen voto).
determinou os seguintes premios:
CATEGORÍA INFANTIL:
1º PREMIO para Nerea Villar Ferreiro polo microrrelato A historia da Pravia, “pola capacidade imaxinativa e forza simbólica”.
2º PREMIO para África Montenegro Leal polo microrrelato O paraugas máxico, “polo sorprendente tecido marabilloso e as referencias literarias”.
3º PREMIO para María Otero Díaz polo micorrelato Un ancián feliz, “pola emotiva mensaxe e a calidade poética da prosa”.
CATEGORÍA XUVENIL:
1º PREMIO para Mariña Maceiras Segovia polo microrrelato Perspectiva, “pola mostra sensible á problemática migratoria e intelixente xogo de contrastes”.
2º PREMIO para Nee Barros Fernández polo microrrelato Relax-acción, “polo argumento de indubidable tensión climática con final brutal e abraiante”.
3º PREMIO para Sandra Rodríguez Macía polo micorrelato A pantasma, “pola inesperada resolución e hábil inserción de elementos fantásticos”.
CATEGORÍA ADULTOS:
1º PREMIO para Patricia Torrado Queiruga polo microrrelato Da estirpe ágrafa, “pola poderosa evocación da estirpe familiar dende o herdo das mulleres e aposta pola cultura alén da letra impresa”.
2º PREMIO para Raquel Fernández Fernández polo microrrelato Silencio, “por ser unha historia de final insospeitado que fai converxer, luminosamente, o mundo do pictórico e o literario”.
3º PREMIO para Beatriz López Dorado polo micorrelato Polo recheo ao forno, “pola posta en valor do calado e esencial labor das mulleres no eido do lar cunha escrita de forte pegada lírica”.
O xurado salientou a alta participación en canto ao número de orixinais presentados, así como a boa calidade narrativa dos mesmos, en liñas xerais.
Moitos parabéns a todos/as!
A entrega de premios será o venres día 10 de maio de 2019 ás 20: 00 horas na Casa da Cultura de Vilalba.