CERTAME DE MICRORRELATOS DÍA DO LIBRO 2019
O Concello de Vilalba, coa colaboración de Culturalia GZ, organizan un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo conmemorar o Día do Libro 2019 e asemade fomentar na poboación o achegamento á lectura literaria.

BASES

  1. Participación
    a) Poderán concursar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.
    b) Os menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.
  2. Sobre os textos/microrrelatos
    a) Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos feito do que se responsabilizará o/a autor/a do mesmo.
    b) O tema dos microrrelatos é libre e deberá conter, polo menos unha vez, a palabra libro no corpo do microrrelato.
    c) Cada participante poderá presentar un máximo dun microrrelato.
    d) As obras terán como máximo 100 palabras (título incluído).
    e) Os textos presentaranse co seguinte formato: .docx, Arial, 12 puntos, interliñado 1,15.
  3. Normas sobre o envío de textos
    a) Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo do Concello de Vilalba: patriciateijeiro@vilalba.es
    b) No correo deberá figurar como asunto: Certame de microrrelatos. Infantil/Xuvenil/Adultos (a categoría que corresponda, as cales se detallan no punto 5), e acompañarase de dous documentos (A e B) en formato .docx.
  • Documento A. Nomearase co Título do microrrelato e conterá o texto do microrrelato sen sinatura e baixo un pseudónimo.
  • Documento B. Nomearase do seguinte xeito: Título do microrrelato-Pseudónimo, e conterá os datos persoais da persoa concursante: nome e apelidos, enderezo postal, correo electrónico, teléfono e copia dixital do DNI.
    c) No caso de que o/a concursante sexa menor de idade, xuntarase a maiores unha autorización asinada polo pai, a nai ou o/a titor/a legal cos seus datos correspondentes na que se indique que autorizan á participación e posterior publicación dos datos persoais dos menores, así como, á difusión dos microrrelatos e fotografías de ditos participantes coa única finalidade de darlle publicidade ó certame. Cada participante menor de idade entregará esta autorización debendo usar o modelo que aparece no ANEXO recollido a continuación das bases destes certame (en pdf editable).
    d) Os relatos recibidos sen identificación ou con identificación incompleta quedarán automaticamente eliminados do concurso.
  1. Período de presentación
    O prazo para a presentación de textos estará aberto desde as 00:01 horas do 3 de abril ata as 23:59 horas do 3 de maio de 2019.
  2. Categorías
    Establécense tres categorías
    Infantil: ata 11 anos
    Xuvenil: de 12 a 17 anos
    Adultos/as: a partir dos 18 anos
  3. Premios
    a) Distribuiranse tres premios por cada unha das categorías
    Infantil
  • Primeiro premio: diploma, figura conmemorativa, lote de libros e material escolar.
  • Segundo premio: diploma, figura conmemorativa e lote de libros.
  • Terceiro premio: diploma, figura conmemorativa e lote de libros.
    Xuvenil
  • Primeiro premio: diploma, figura conmemorativa, lote de libros e tablet.
  • Segundo premio: diploma,figura conmemorativa e lote de libros.
  • Terceiro premio: diploma, figura conmemorativa e lote de libros.
    Persoas adultas
  • Primeiro premio: diploma, figura conmemorativa, lote de libros e 300 euros.
  • Segundo premio: diploma, figura conmemorativa, lote de libros e 200 euros.
  • Terceiro premio: diploma, figura conmemorativa, lote de libros e 100 euros.
  1. Xurado
    a) O xurado estará formado por tres membros designados previamente e vencellados ós eidos da cultura e da educación. Terá facultades plenas para decidir as persoas gañadoras e a súa decisión será inapelable. Poderá declarar deserto algún dos premios se así o considera. A composición deste farase pública canda a resolución do premio.
    b) O xurado reserva para si o dereito a non admitir aqueles microrrelatos que atenten contra os dereitos á intimidade, á honra e á propia imaxe de terceiros ou que conteñan, a modo enunciativo pero non limitativo, connotacións racistas, sexistas e/ou discriminatorias, comentarios obscenos, difamatorios ou calquera outros que atenten
    contra a dignidade e/ou a orde pública.
  2. Comunicación do resultado do certame
    a) A decisión do xurado darase a coñecer o día 7 de maio de 2019 a través das páxinas web das entidades convocantes, www.vilalba.org e www.culturaliagz.com, e nas súas redes sociais, así como, o nome dos seus integrantes. Debe advertirse que só que coñecerá a identidade dos participantes unha vez que o xurado teña tomado a súa deliberación final.
    b) A organización comunicará mediante chamada telefónica os premios ás persoas gañadoras no mesmo día da resolución do certame por parte do xurado.
  3. Entrega de premios
    A cerimonia de entrega de premios ás persoas gañadores realizarase nun acto que terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o 10 de maio de 2019. Acto ao que serán convidados/-as os/as premiados/-as, ou persoa en quen deleguen, para recoller os seus galardóns. Neste acto, darase lectura ós microrrelatos gañadores.
  4. Publicación
    a) A organización do certame publicará os microrrelatos gañadores nas súas páxinas web, www.vilalba.org e www.culturaliagz.com, a partir da semana seguinte á entrega de premios para que poidan ser lidos polas persoas que o desexen. Coa participación neste certame, os/as responsables destes microrrelatos autorizan ó Concello de Vilaba
    e a Culturalia GZ á difusión dos mesmos é a do nome do seu creador/a na súa páxina web e/ou ou nos medios que consideren oportunos. No caso dos participantes menores de idade, achegarán a devandita autorización do pai, da nai ou do titor/a legal. A organización respectará, en todo caso, os dereitos morais que os/as autores/as posúan sobre as súas obras.
    b) Os microrrelatos que non obteñen ningún tipo de premio, destruiranse unha vez rematado o certame.
  5. Tratamento de datos persoais
    En cumprimento do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e o Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD, os datos das persoas participantes serán incorporados a un ficheiro responsabilidade de
    do Concello de Vilalba, coa única finalidade de xestionar os premios desta promoción e de contactar coas persoas gañadoras para enviarlles os premios. En ningún momento se empregará esta información para ulteriores promocións.
    Os autores e autoras poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dirixíndose ás oficinas do Concello coa súa solicitude de fotocopia do DNI.
    O Concello de Vilalba comprométese a tratar en todo momento os seus datos de carácter persoal de forma absolutamente confidencial e de acordo coas finalidades previstas nas presentes bases.
  6. Observacións
    a) A organización do certame ten a capacidade de decidir sobre a interpretación das bases en última instancia ou sobre a súa modificación en caso de erro sendo a súa decisión inapelable.
    b) O certame poderá declararse deserto se os microrrelatos participantes non acadan a calidade necesaria, segundo o criterio do xurado.
    c) O feito de participar neste certame implica a total aceptación das súas bases.

Descargar Bases e Autorización