‘Papagena’, a ópera electrónica en galego dirixida por ButacaZero, chega a Caldas de Reis este domingo 9 de outubro

Sobre o escenario estarán a soprano Esperanza Mara e o barítono cambadés Jacobo Rubianes que actúan acompañados no escenario polo director musical da peza, Iago Hermo, compositor ademais da música e do libreto

A ópera será no Auditorio Municipal de Caldas de Reis ás 19 h e a entrada é libre ata completar o aforo 

Papagena, á última creación da compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, vaise representar este domingo 9 de outubro, ás 19.00 h, no Auditorio Municipal de Caldas de Reis. Trátase dunha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica. O elenco está formado pola soprano Esperanza Mara e o barítono cambadés Jacobo Rubianes Castelo que actúan acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto e tamén director musical da peza.

O espectáculo é gratuíto e ten entrada libre ata completar o aforo. Esta función enmárcase no programa ‘Con-fiando Cultura’ da Deputación de Pontevedra que tamén levará Papagena ata outros tres puntos da provincia: Tui (21 de outubro), Gondomar (5 de novembro) e Bueu (19 de novembro).

Papagena é unha ópera electrónica inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre A frauta máxica, de Wolfgang Amadeus Mozart. A peza, na que Castiñeira e Carrodeguas asumen por primeira vez a dirección escénica dunha ópera, nace da vontade de afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística, mais tamén pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociadas ao mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público destinatario ou mesmo o formato, o vestiario ou a escenografía, que non contará con elementos analóxicos e se baseará no espectralismo minimalista. O resultado, coa colaboración de Ana Arteaga na escenografía e de Diego Valeiras no vestiario, é un espectáculo musicalmente inmersivo e visualmente contemporáneo que levará a ópera a vilas onde non adoita chegar este estilo musical. 

Así, alén de Pontevedra, a xira de Papagena tamén ten previstas funcións en Narón (15 de outubro), Oleiros (29 de outubro), Celanova (6 de novembro), Muros (12 de novembro), Boiro(18 de novembro) e Foz (25 de novembro). Na meirande parte das vilas o público poderá gozar desta experiencia única e inmersiva de xeito totalmente gratuíto. Todas as datas, horarios e sistema de acceso ás funcións de Papagena está dispoñible na páxina web da compañía, butacazero.net.

APOSTA POLA CREACIÓN EMERXENTE E O TERRITORIO

Con esta nova produción, unha ópera galega e en galego, ButacaZero mantén a súa aposta polo risco escénico, pola creación emerxente a través da colaboración con artistas de Galicia e pola creación vinculada á temática social e cunha fonda implicación no territorio. Neste sentido, un dos principais obxectivos da compañía viguesa é construír país arredor da cultura. Para iso, adaptarán a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa, ao longo do vindeiro trimestre, a espazos non convencionais para a súa representación. A entrada será de balde en todas as funcións para favorecer, deste xeito, o achegamento á ópera tanto do público adolescente coma adulto.

20221005-NP-ButacaZero-Papagena-CALDAS-DE-REIS

Descargar DOSIER de PAPAGENA

Dossier-Papagena

Pontevedra acolle este sábado 10 de setembro a estrea absoluta de ‘Papagena’, a ópera electrónica en galego dirixida por ButacaZero

Pontevedra acolle este sábado 10 de setembro a estrea absoluta de ‘Papagena’, a ópera electrónica en galego dirixida por ButacaZero

Iago Hermo asina a música orixinal e o libreto desta creación contemporánea de pequeno formato, que este outono xirará por unha ducia de localidades galegas

Os convites para a función deste sábado, enmarcada no programa ‘Con-fiando’ da Deputación de Pontevedra, xa están esgotados


A compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, estreará este sábado 10 de setembro, en Pontevedra, a súa nova creación: Papagena. A peza, que xirará por un total de catorce localidades de Galicia ao longo deste trimestre, é unha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica. 

A estrea absoluta de Papagena, que conta coa presenza da soprano Esperanza Mara e do barítono Jacobo Rubianes Castelo, terá lugar o sábado 10, a partir das 21.30 horas, nas ruínas do Convento de Santo Domingo. Os convites para asistir ao evento, enmarcado na xira ‘Con-fiando’ da Deputación de Pontevedra, xa están esgotados.

Papagena é unha ópera electrónica do compositor galego Iago Hermo inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre A frauta máxica, de Wolfgang Amadeus Mozart. A peza, na que Castiñeira e Carrodeguas asumen por primeira vez a dirección escénica dunha ópera, nace da vontade de afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística, mais tamén pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociadas ao mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público destinatario ou mesmo o formato, o vestiario ou a escenografía, que non contará con elementos analóxicos e se baseará no espectralismo minimalista. O resultado, coa colaboración de Ana Arteaga na escenografía e de Diego Valeiras no vestiario, é un espectáculo musicalmente inmersivo e visualmente contemporáneo que levará a ópera a vilas onde non adoita chegar este estilo musical.

Logo dos ensaios abertos ao público no Auditorio Municipal de Rianxo e a estrea absoluta de Pontevedra, Papagena chegará a outra ducia de localidades galegas nos vindeiros meses, cunha función por cada fin de semana. A primeira parada da xira será no porto de Fisterra (17 de setembro), para continuar en O Grove (24 de setembro), Celanova (1 de outubro), Caldas de Reis (9 de outubro), Narón (15 de outubro), Tui (21 de outubro), Oleiros (29 de outubro), Gondomar (5 de novembro), Muros (12 de novembro), Boiro (18 de novembro), Bueu (19 de novembro) e Foz (25 de novembro). Na meirande parte das vilas o público poderá desfrutar desta experiencia única e inmersiva de xeito totalmente gratuíto. Todas as datas, horarios e sistema de acceso ás funcións de Papagena está dispoñible na páxina web da compañía, butacazero.net.

APOSTA POLA CREACIÓN EMERXENTE E O TERRITORIO

Con esta nova produción, unha ópera galega e en galego, ButacaZero mantén a súa aposta polo risco escénico, pola creación emerxente a través da colaboración con artistas de Galicia e pola creación vinculada á temática social e cunha fonda implicación no territorio. Neste sentido, un dos principais obxectivos da compañía viguesa é construír país arredor da cultura. Para iso, adaptarán a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa, ao longo do vindeiro trimestre, a espazos non convencionais para a súa representación. A entrada será de balde en todas as funcións para favorecer, deste xeito, o achegamento á ópera tanto do público adolescente coma adulto. 

ButacaZero prepara a estrea de ‘Papagena’, a ópera electrónica en galego coa que xirará por 14 municipios

A compañía dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira ensaia estas semanas na localidade do Barbanza, que acollerá dous ensaios abertos ao público os días 2 e 3 de setembrono auditorio municipal de Rianxo

O compositor galego Iago Hermo asina a música orixinal e o libreto desta creación contemporánea de pequeno formato, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica

A compañía ButacaZero, dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, estreará este mes de setembro a súa nova creación: Papagena. A peza, que xirará por 14 localidades de Galicia o vindeiro trimestre, é unha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica á que dan vida a soprano Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes Castelo. Este mes de agosto, en Rianxo, a compañía ensaia e ultima todos os detalles previos á súa estrea absoluta. Coa intención de achegar o proceso á veciñanza, o público terá a oportunidade de asistir a dous pases abertos que terán lugar os días 2 e 3 de setembro no auditorio municipal da localidade do Barbanza.

Papagena é unha ópera electrónica do compositor galego Iago Hermo inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre A frauta máxica, de Wolfgang Amadeus Mozart. A peza, na que Castiñeira e Carrodeguas asumen por primeira vez a dirección escénica dunha ópera, nace da vontade de afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística, mais tamén pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociadas ao mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público destinatario ou mesmo o formato, o vestiario ou a escenografía, que non contará con elementos analóxicos e se baseará no espectralismo minimalista. O resultado, coa colaboración de Ana Arteaga na escenografía e de Diego Valeiras no vestiario, é un espectáculo musicalmente inmersivo e visualmente contemporáneo que levará a ópera a vilas onde non adoita chegar este estilo musical. 

Con esta nova produción, unha ópera galega e en galego, ButacaZero mantén a súa aposta polo risco escénico, pola creación emerxente a través da colaboración con artistas de Galicia e pola creación vinculada á temática social e cunha fonda implicación no territorio. Neste sentido, un dos principais obxectivos da compañía viguesa é construír país arredor da cultura. Para iso, adaptarán a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa a espazos non convencionais para a súa representación e favorecer o achegamento, tanto do público adolescente coma adulto, á ópera a través dunha experiencia única e inmersiva

Datas da xira de ‘Papagena’

Papagena, que conta co apoio do Concello de Rianxo, poderase ver, a modo de preestrea, os días 2 e 3 de setembro na sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal da localidade do Barbanza (21.00 horas), na que a compañía está a ensaiar este mes de agosto. A entrada será libre ata completar a capacidade do recinto. Unha semana despois, o sábado 10 (21.30 horas), terá lugar a estrea absoluta nas ruínas do convento de Santo Domingo, en Pontevedra. O público poderá asistir gratuitamente á función previa reserva, sistema que se dará a coñecer  desde a Deputación de Pontevedra proximamente.

A ópera chegará a outra ducia de localidades nos vindeiros meses, cunha función por cada fin de semana. A primeira parada da xira será no porto de Fisterra (17 de setembro), para continuar en O Grove (24 de setembro), Celanova (1 de outubro), Caldas de Reis (9 de outubro), Narón (15 de outubro), Tui (21 de outubro), Oleiros (29 de outubro), Gondomar (5 de novembro), Muros (12 de novembro), Boiro (18 de novembro), Bueu (19 de novembro) e Foz (25 de novembro). Todas as datas, horarios e sistema de acceso ás funcións de Papagena estará dispoñible na páxina web da compañía, butacazero.net.

20220825-NP-ButacaZero-Ensaios-previos-Papagena