por martinho | Ene 9, 2023 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
Paco Nogueiras chega este sábado, 14 de xaneiro, á Casa-Museo Manuel María co seu novo espectáculo C@nto Contigo, unha proposta en que fai un percurso por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” e en que procura tirar a nosa lingua a voar de maneira lúdica e divertida. Nestes “grandes éxitos” haberá retrousos e cancións para participarmos activamente, bailando sen complexos e acompañando coa voz, coas palmas e con acenos.
Paco Nogueiras, cos seus instrumentos, percorrerá por un amplo abano de estilos musicais, desde o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, sen esquecer as influencias tradicionais.
Por tanto, temos este sábado unha boa oportunidade de cantar coas amigas e amigos nun singular concerto onde a música e o humor transformará o noso auditorio nunha festa moi especial onde todas e todos seremos protagonistas.
Para asistir, coma sempre, é necesario realizar a reserva (o custo do billete será de 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
O espectáculo vai destinado para crianzas e público familiar, a partir das 17 horas.
por martinho | Nov 21, 2022 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
Paco Nogueiras chega este sábado á Casa-Museo Manuel María co seu novo espectáculo C@nta Contigo, unha proposta en que fai un percurso por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” e en que procura tirar a nosa lingua a voar de maneira lúdica e divertida. Nestes “grandes éxitos” haberá retrousos e cancións para participarmos activamente, bailando sen complexos e acompañando coa voz, coas palmas e con acenos.
Paco Nogueiras, cos seus instrumentos, percorrerá por un amplo abano de estilos musicais, desde o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, sen esquecer as influencias tradicionais.
Por tanto, temos este sábado unha boa oportunidade de cantar coas amigas e amigos nun singular concerto onde a música e o humor transformará o noso auditorio nunha festa moi especial onde todas e todos seremos protagonistas.
Para asistir, como sempre, é necesario realizar reserva previa (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
O espectáculo vai destinado para crianzas e público familiar, a partir das 17 horas.
por martinho | Mar 23, 2021 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Paco Nogueiras presenta EXTRA!, este sábado, día 27 de marzo, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María. Un espectáculo dirixido para as nenas e nenos entre 6 e 11 anos en que combina cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
Paco Nogueiras ideou un xornal musical nun libro-CD que leva por título o mesmo nome do espectáculo, EXTRA!. Este contén composicións onde se tratan distintas noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e até unha axenda de actividades. Quen dixo que non se poden cantar e bailar as noticias?
Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailábeis que convidarán a participación daqueles e daquelas que se acheguen este sábado por Outeiro de Rei. EXTRA! é alegría, diversión, imaxinación e información.
O prezo do billete é de 2 euros. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.