Paco Nogueiras presenta EXTRA!, este sábado, día 27 de marzo, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María. Un espectáculo dirixido para as nenas e nenos entre 6 e 11 anos en que combina cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Paco Nogueiras ideou un xornal musical nun libro-CD que leva por título o mesmo nome do espectáculo, EXTRA!. Este contén composicións onde se tratan distintas noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e até unha axenda de actividades. Quen dixo que non se poden cantar e bailar as noticias?

Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailábeis que convidarán a participación daqueles e daquelas que se acheguen este sábado por Outeiro de Rei. EXTRA! é alegría, diversión, imaxinación e información.

O prezo do billete é de 2 euros. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.