Estrea da peza teatral O AUTO DO CASTROMIL no Teatro Principal de Santiago

O proxecto gañador da IIIª edición do Certame Manuel María de Proxectos TeatraisO auto do Castromil, de Excéntricas, comeza a súa xira o 7, 8 e 9 de xullo, ás 20.30, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

As tres función son de balde, previa recollida dos convites. Hai dúas maneiras de recoller os convites, quer a través da web www.compostelacultura.gal, quer a través da Zona C (oficina de información cultural e venda de entradas que está situada na praza de Cervantes (Preguntoiro, 1) e que ten un horario de 11 a 14 hrs e de 16 a 19 hrs, de terza feira (martes) a sábado). 

A recollida de convites, tanto por internet, como presencial, comeza hoxe, día 27 de xuño, ás 11 hrs. Só é posíbel coller dous convites por persoa e para un único día. Os convites son numerados.

O auto do Castromil é un espectáculo con dramaturxia e dirección de Quico Cadaval e que protagonizan Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. O vestiario e a escenografía é de Carlos Alonso, a banda sonora de Piti Sanz e a iluminación de Octavio Mas.

Máis de corenta serán as representacións desta obra teatral que se poderá desfrutar nos próximos meses por distintas localidades do noso país.

Comunicado do IESCHA no vinte aniversario da toma de posesión de Manuel María como membro da RAG

O IESCHA emite un comunicado co gallo do XX Aniversario da toma de posesión de Manuel María como membro da Real Academia Galega, e no que se insire unha nova solicitude remitida ao Concello de Vilalba para que a Casa da Cultura leve definitivamente o nome de MANUEL MARÍA.

NOTA-INFORMATIVA-CASA-DA-CULTURA-MANUEL-MARIA

XIII Lúas de Outono no Teatro Rosalía de Castro da Coruña coa representación da obra ”A lúa vai encuberta”

O martes, terza feira, día 20 de setembro, ás 20.30 h, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña levarase a cabo unha nova edición, a décimo terceira, de Lúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María.
 
Na edición deste ano representarase A lúa vai encuberta, das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante (con Melania Cruz, Vanesa Sotelo, Tito Asorey e Davide González), baseada na peza homónima de Manuel María. Este espectáculo foi o gañador da IIª edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e leva máis de un ano xirando por toda Galiza cunha acollida e un suceso extraordinario. Se non a vistes non a perdades, e se xa desfrutastes dela podedes volver gozar de novo desta marabilla.
 
A obra é un verdadeiro mestrado sobre a historia contemporánea de Galiza desde unha óptica propia, ao tempo que un chamamento á acción para a modificar.
 
A entrada é gratuíta mais é necesario reservar os billetes en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621 (prazo até o día 19 de setembro incluído). No caso de sobrar billetes, poranse unha hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do teatro Rosalía.

*Información facilitada desde a Casa-Museo Manuel María

A obra teatral “A lúa vai encuberta”, de Manuel María, segue esta fin de semana a súa xira

A obra teatral de Manuel María, A lúa vai encuberta, cuxa adaptación e interpretación levan a cabo as compañías  Incendiaria (Vanesa Sotelo e Davide González) e A Quinta do Cuadrante (Melania Cruz e Tito Asorey), gañadoras do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, segue a súa xira neste 2022 que vimos de comezar despois das 20 exitosas actuacións do último trimestre de 2021. 

-Este venres (sexta feira), 21 de xaneiro, ás 20.30 h, representarase no auditorio do edificio de Servizos Múltiples do Burgo (Culleredo). A entrada gratuíta e pode reservarse chamando ao teléfono 981665597. 

-O sábado, 22 de xaneiro, ás 20.30 h, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña  (os billetes poden adquirirse na billeteira da praza de Ourense ou https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/teatro/teatro-rosalia-castro/13322–a-lua-vai-encuberta-de-manuel-maria.html?fbclid=IwAR3rZlU9lcY8kDNI3dpUl0L9D0h2BEmLd0PvtHvQSOa9mHshCMnEdtB3jM4).

As próximas serán, polo de agora:

28 de Xaneiro de 2022- O BARCO DE VALDEORRAS

. 04 de Febreiro de 2022- ARTEIXO. 

. 05 de Febreiro de 2022- AS PONTES. 

. 11 de Febreiro de 2022- CARBALLO.

.12 de Febrero de 2022- NOIA.

. 10 de Marzo de 2022- MONFORTE DE LEMOS.

. 11 de Marzo de 2022- AMES.

. 12 de Marzo de 2022- OLEIROS.

. 13 de Marzo de 2022- RIBADEO.

.19 de Marzo de 2022- VIVEIRO.

. 25 de Marzo de 2022- RIBEIRA.

. 26 de Marzo de 2022- BRIÓN.

. 27 de Marzo de 2022- CEDEIRA.

. 02 de Abril de 2022- CANGAS.

.03 de Abril de 2022- CAMBADOS.

. 10 de Xuño de 2022- FERROL.

A LÚA VAI ENCUBERTA, texto teatral de Manuel María, que representan A Quinta do Cuadrante e Incediaria nunha xira por Galicia

A lúa vai encuberta, texto dramático escrito por Manuel María, levado ao cenario por A Quinta do Cuadrante e Incediaria, representarase este sábado 2 de outubro, ás 20 h, en VILALBA. Este proxecto teatral foi o gañador do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais que convoca a Casa-Museo Manuel María e o pasado 10 de setembro estreouse en Ourense, comezando, así, a xira por todo o país (achegamos cartaz coas datas de representación neste último trimestre 2021).

Para asistirdes á representación en Vilaba podedes retirar as localidades (son numeradas) na Casa da Cultura de Vilalba ou a través do portal https://entradasvilalba.es

En 1977 celébranse as primeiras Eleccións Xerais despois da ditadura franquista.

Ese mesmo ano, o grupo teatral da Asociación Cultural Auriense trata de continuar cos ensaios de A lúa vai encuberta de Manuel María pero, no medio do proceso, o colectivo desfaise definitivamente e o tempo queda en suspenso até que, corenta e catro anos despois, dúas novas compañías se unen para retomar o traballo no punto en que o deixaron co obxectivo de levar a escena a obra e descubrir as razóns da disolución.

Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permitirá identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a súa consecuente falta de conciencia de identidade nacional galega.

A lúa vai encuberta é unha peza arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, moitas veces silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.

Como di Edward Hallet na cita do inicio, o estudo do pasado é a única maneira de poder entender o noso presente, así como só podemos entender o pasado coa luz que nos achega a nosa análise do presente. Tamén neste sentido, Marc Bloch, un dos historiadores máis importantes do século XX, sostén que “toda historia é historia contemporánea”. Así é como Incendiaria e A Quinta do Cuadrante levamos a escena o texto de Manuel María, como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes forzas sociais e políticas que nos conformaron como país, e polo tanto, como persoas que o habitamos.

Achegamos con esta mensaxe o trailer do espectáculo https://vimeo.com/615012780 

e un artigo de Manuel Xestoso sobre o mesmo https://www.nosdiario.gal/articulo/escena/o-silencio/20210922184836129129.html