por martinho | Nov 3, 2022 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O vindeiro venres, 18 de novembro, ás 19:30 h celebrarase no salón de actos da Casa de Cultura de Vilalba a Presentación-Recital do poemario intraGUERRAS, de Beatriz Dourado. O acto organizado por Culturalia GZ, coa colaboración do Concello de Vilalba, contará coa participación da citada autora, acompañada de Martiño Maseda, administrador de Culturalia GZ.
intraGUERRAS, publicada pola Editora Urutau neste 2022 e con prólogo da artista multidisciplinar Luz Darriba, foi a obra coa que a escritora Beatriz Dourado resultou gañadora no VII Premio Maria Mariño de Poesía.
De xeito simbólico, no transcurso do acto haberá o reparto de mazás combativas, nun proceso de interacción co público asistente.
por martinho | Jul 21, 2022 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O vindeiro mércores, 27 de xullo, ás 20 horas no patio do centro cultural O Vello Cárcere de Lugo celebrarase a presentación do libro intraGUERRAS, de Beatriz Dourado, publicado baixo o selo de Editora Urutau. Acompañará a autora, a artista multidisciplinar Luz Darriba, quen realizou o prólogo do libro, onde podemos ler parágrafos coma o seguinte:
Unha viaxe pola conciencia de ser mulleres, á procura dun futuro incerto que nos divide a todas. O noso corpo como compás de traxedias, lugar de sacrificios, escoitando antes do tempo o bombardeo que latexa, mándaos á procura da carne fresca que o mundo esixe como sacrificio. O noso corpo débese no campo de batalla onde cada guerra doe e marca. Noutras, as mulleres do arquipélago, que di o poeta, gardamos no noso corpo a memoria “viva” da morte.