Acto de entrega do III Premio Agustín Fernández Paz no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, ANTÍA YÁÑEZ, que terá lugar o sábado, día 1 de febreiro de 2020, ás 20:30 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.
O referido acto, presentado por CARMEN HERMIDA, contará coa intervención de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, ELBA VELEIRO, alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de
Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e ANTÍA YÁÑEZ, gañadora do premio.
Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe…
Para elo, contamos coa participación de:
BANDA MATO VIZOSO
EMILIA MARTÍNEZ FUENTES
ALFONSO MASEDA
GRUPO DA BIBLIOTECA “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ” do IES BASANTA
SILVA.
BUXOS VERDES
Colabora no acto a Asociación de Xordos de Vilalba.

A entrada e libre e gratuíta.

A continuación, adxúntase cartaz, nota informativa e invitación de dito acto literario.

Acta resolución III Premio Agustín Fernández Paz

ACTA DA CONCESIÓN DO III PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE


Reunido na Sala de Xuntas do Instituto de Estudos Chairegos, sita na Casa da Cultura de Vilalba, o sábado, día 26 de outubro de 2019, o Xurado do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, e formado por Dª Rosa Aneiros Díaz, D. Manuel Bragado Rodríguez e D. Xavier Senín Fernández,


Acordou por unanimidade outorgar dito Premio á obra titulada PLAN DE RESCATE presentada baixo o lema ou seudónimo de PLAN DE RESCATE
Unha vez aberta a plica, resultou ser a autora ANTÍA YÁÑEZ RODRÍGUEZ

ADENDA:
Noela unha rapaza de dez anos en cadeira de rodas conta a historia
protagonizada polos seus compañeiros de clase de apoio. Todos os catro
resolverán unha difícil situación que sofren o resto dos seus colegas e o
profesorado do centro. Unha aventura chea de humor e ironía onde cada un dos espazos da escola se transforma en escenario dunha inesperada operación de rescate.
E para que así conste, asinan a presente acta no lugar e data anteriormente citados,
Asdo.: Rosa Aneiros Asdo.: Manuel Bragado Asdo.: Xavier Senín

Velaquí a acta da resolución de dito premio.

Convocatoria do III PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE

Convócase o III PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE que promoven, coma en anos anteriores, o INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, o CONCELLO DE VILALBA e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA.

Nos seguintes enlaces adxúntase cartaz, diptico e nota informativa relativos a dita convocatoria literaria.

*Información facilitada polo IESCHA.