Os ‘influencers’ Animalize21, Car de Lorenzo, El Cejas e Xurxo Carreño, que xuntos suman máis de 20 millóns de seguidores en Instagram, YouTube ou TikTok, volverán ao Teatro Colón con ‘Sin datos no hay paraíso’ (17:00h), coas últimas entradas dispoñibles en www.emhu.es
Javier Cansado, Dani Rovira, Eva Hache e Xosé A. Touriñán protagonizan o prato forte da xornada, ‘Humoris Causa’, un espectáculo sen precedentes creado especialmente para o EMHU, que se poderá ver en dobre función -ás 19:00 e 22:00h- no Pazo da Ópera
O alumnado do curso avanzado da Escola de Impro Coruña, dirixida por Oswaldo Digón e Víctor Grande, subirá por vez primeira as táboas acompañado por rostros coñecidos da comedia, na sede coruñesa de Afundación, ás 12.30 horas, con entrada libre
Sin datos no hay paraíso @ Teatro Arlequín (05/11/2022)
A terceira edición do Encontro Mundial de Humorismo continúa a súa andaina na Coruña cunha segunda xornada, este sábado, 29 de abril, que promete novamente as mellores risas e que estará protagonizada polos espectáculos Sin datos no hay paraíso e Humoris Causa, aos que se suma a estrea nos escenarios da Escola de Impro Coruña.
Deste xeito, a actividade do EMHU este sábado 29 comezará cunha proposta aberta ao público na sede coruñesa de Afundación: o alumnado do curso avanzado da Escola de Impro Coruña, dirixida por Oswaldo Digón e Víctor Grande, subirá por vez primeira ás táboas acompañado por rostros coñecidos da comedia. A cita será ás 12.30h, con entrada libre ata completar a capacidade do auditorio. É una honra para o EMHU poder axudar, incentivar e apoiar aos talentos da comedia galega do futuro, e máis nun campo tan atractivo como é o da improvisación.
Pola súa banda, os ‘influencers’ Animalize21, Car de Lorenzo, El Cejas e Xurxo Carreño volverán ao Teatro Colón -ás 17:00h- con Sin datos no hay paraíso.Xuntos suman máis de 20 millóns de seguidores. Por separado, son referentes en Instagram, YouTube ou TikTok. Agora regresan ao EMHU tras xirar por toda España co espectáculo que estrearon no festival hai un ano. Unha graduación teatral para catro dos artistas de comedia con máis proxección da actualidade. As últimas entradas dispoñibles pódense conseguir Ena web oficial www.emhu.es.
O prato forte do sábado contará cunha dobre función -ás 19:00 e ás 22:00h- no Pazo da Ópera coruñés. Humoris Causa é un espectáculo sen precedentes e unha das citas ineludibles do EMHU. Creado expresamente para o evento, este ano conta con catro dos mellores humoristas deste país xuntos por primeira vez nun escenario: Javier Cansado, Dani Rovira, Eva Hache e Xosé A. Touriñán.
No seu programa, o EMHU 2023 conta tamén coa exposición El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad, aberta desde este venres 28 ao público que se poderá ver até o 30 de xuño na Casa Museo Picasso, con acceso libre. Coa mostra, que recolle ilustracións de 50 humoristas -gráficos ou escénicos-, o público poderá descubrir a reinterpretación que fan do mítico cadro de Picasso nomes como Quino, Atxe, Mingote, Gallego y Rey, Elena Ospina, Siro López, Pinto & Chinto ou até o propio Luis Piedrahita.
AXENDA PROGRAMACIÓN EMHU 2023 PARA A PONTE DE MAIO
Sábado 29 de abril
12:30 horas | Afundación: Escuela de Impro Coruña (acceso libre ata completar capacidade) 17:00 horas | Teatro Colón: Sin datos no hay paraíso **19:00 horas | Pazo da Ópera: Humoris Causa *22:00 horas | Pazo da Ópera: Humoris Causa *
Domingo 30 de abril
16:00 horas | Castelo de Santo Antón: Estirando el chicle en un castillo * 18:00 horas | Teatro Colón: Ignatius Farray: La comedia salvó mi vida * 20:30 horas | Teatro Colón: Amigos hasta la muerte *
Luns 1 de maio
19:30 horas | Teatro Colón: Juan Dávila: La capital del pecado 2.0(estrea en Galicia)
* Os medios gráficos (vídeo e foto) poderan tomar imaxes unicamente durante os primeiros cinco minutos de cada show. As fotografías deberán tomarse sen flash e desde o fondo da sala. Non se permitirá o acceso á mesma durante o desenvolvemento do espectáculo. Aqueles medios que teñades algunha necesidade específica por favor, contactade con nós a través do correo ou do whatsapp. Grazas pola vosa comprensión!
** Lembramos que para esta fin de semana unicamente quedan dispoñibles acreditacións para cubrir ‘Sin datos no hay paraíso’.
O público esgotou os billetes dispoñibles para os espectáculos ‘Estirando el chicle en un castillo’ e ‘Juan Dávila: La capital del pecado 2.0’; e, no caso de ‘Buenismo Show’, ‘Fantastic Colofon’ e ‘La Ruina’, unicamente é posible obter butaca a través dos últimos abonos dispoñibles
O EMHU abre novas funcións para as galas ‘Humoris Causa’ e ‘Animus Iocandi’, que terán lugar na mesma xornada pero en horario de tarde
O Encontro Mundial de Humorismo vendeu máis de 8.300 entradas nas primeiras 24 horas desde que se activou onte, ás 12.00 horas da mañá, a posibilidade de adquirir os billetes e abonos das sesións de pago do EMHU 2023. A cifra supera os datos de saída da pasada edición, que contaba con espectáculos de gran formato no Coliseum.
No momento da apertura do servizo, a plataforma web de ticketing www.ataquilla.com colapsou ante a masiva resposta do público, que esgotou en minutos as entradas dispoñibles para os espectáculos Estirando el chicle en un castillo,La capital del pecado 2.0, de Juan Dávila, ou Buenismo Show.Para a función de Quique Peinado, Henar Álvarez e Manuel Burque, que suporá a estrea do espectáculo en Galicia, xa non quedan entradas individuais dispoñibles, pero si que se poderá asistir ao adquirir algún dos abonos do EMHU que inclúen a proposta.
Nunha situación semellante á de Buenismo Show están La Ruina, Fantastic Colofon ou Animus Iocandi, a nova gala desta edición, programada para o sábado 6 de maio ás 22:00 horas, e que contará con Ana Morgade, Eva Soriano, Leo Harlem e Sílvia Abril. Precisamente, ante a ampla demanda desta cita e da sesión do 29 de abril de Humoris Causa (con Dani Rovira, Eva Hache, Javier Cansado e Xosé A. Touriñán), ambas producións propias do evento, o Encontro Mundial de Humorismo activou unha segunda función nos dous casos. Os novos pases terán lugar na mesma xornada, pero en horario de tarde (ás 19.00 horas), para poder dar resposta así a alta demanda de billetes para estas actuacións exclusivas do EMHU.
O EMHU 2023
O Encontro Mundial de Humorismo, promovido por Etiqueta Negra e El Espectador, e que conta co apoio do Concello da Coruña, Xunta de Galicia e Estrella Galicia, reunirá durante dez días na cidade herculina as figuras máis destacadas da comedia a nivel estatal. Ana Morgade, Carolina Iglesias, Dani Rovira, Eva Hache, Eva Soriano, Henar Álvarez, Ignatius Farray, Javier Cansado, Javier Dávila, Javier Veiga, Leo Harlem, Luis Piedrahita, Manuel Burque, Marta Hazas, Pantomima Full, Sílvia Abril ou Xosé A. Touriñán, entre outros moitos nomes, formarán parte do cartel desta terceira edición, na que se incluirán funcións do podcast La Ruina, a gravación en directo de Estirando el chicle desde o castelo de Santo Antón ou mesmo a estrea en España de Garabato controlado, o último espectáculo do arxentino Juan Barraza. Tamén haberá ocasión de volver gozar das actuacións dos influencers Animalize21, Car de Lorenzo, El Cejas ou Xurxo Carreño con Sin datos no hay paraíso, espectáculo que regresa ao evento un ano despois da súa estrea no Teatro Colón e logo de xirar por recintos de toda España.
Ademais destas citas, o EMHU será o escenario da estrea absoluta de dous novos traballos dehumoristas de Galicia: As R(h)umorosas, creado por Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola, e Ansia viva, de Oswaldo Digón e o músico Luis Tinaquero. Tamén conta con selo do país a película Amigos hasta la muerte, a adaptación cinematográfica de Javier Veiga sobre a exitosa obra teatral, que se estrea esta fin de semana no Festival de Málaga e que se proxectará o domingo 30 de abril no Teatro Colón. A sesión incluirá un breve coloquio e espectáculo que contará coa participación de Marta Hazas, David Amor, Xosé A. Touriñán e o propio Veiga.
Na mañá deste vernes, 10 de marzo, esgotouse o Abono bueno, mais aínda é posible adquirir as últimas unidades do Abono bueno, de lo bueno lo mejor, de lo mejor lo superior (Buenismo Show + Sin datos no hay paraíso + Humoris Causa + Ignatius Farray: La comedia salvó mi vida + Amigos hasta la muerte + Animus Iocandi + La Ruina + Fantastic Colofon), así como das outras modalidades existentes: o Abono bueno bueno (Juan Barraza: Garabato controlado + La Ruina + Animus Iocandi + Fantastic Colofon) ou Abono bueno, de lo bueno lo mejor (Buenismo Show + Sin datos no hay paraíso + Humoris Causa + Ignatius Farray: La comedia salvó mi vida + Amigos hasta la muerte).
HORARIOS PROGRAMACIÓN DE PAGO EMHU 2023
Venres 28 de abril 21:30 horas | Teatro Colón: Buenismo Show *(estrea en Galicia) * Entradas esgotadas, unicamente quedan billetes dispoñibles con abono.
Sábado 29 de abril 17:00 horas | Teatro Colón: Sin datos no hay paraíso 19:00 horas | Pazo da Ópera: Humoris Causa 22:00 horas | Pazo da Ópera: Humoris Causa
Domingo 30 de abril 16:00 horas | Castelo de Santo Antón: Estirando el chicle en un castillo* *Entradas esgotadas.18:00 horas | Teatro Colón: Ignatius Farray: La comedia salvó mi vida 20:30 horas | Teatro Colón: Amigos hasta la muerte
Luns 1 de maio 19:30 horas | Teatro Colón: Juan Dávila: La capital del pecado 2.0 *(estrea en Galicia) *Entradas esgotadas.
Mércores 3 de maio 19:30 horas | Afundación: As R(h)umorosas (estrea absoluta)
Xoves 4 de maio 21:00 horas | Afundación: Ansia viva (estrea absoluta)
Venres 5 de maio 19:30 horas | Afundación: Juan Barraza: Garabato controlado (estrea en España)
Sábado 6 de maio 12:30 horas | Teatro Colón: La Ruina * * Entradas esgotadas, unicamente quedan billetes dispoñibles con abono. 19:00 horas | Palexco: Animus Iocandi (estrea absoluta) 22:00 horas | Palexco: Animus Iocandi * (estrea absoluta) * Entradas esgotadas, unicamente quedan billetes dispoñibles con abono.
Domingo 7 de maio 20:00 horas | Teatro Colón: Fantastic Colofon * Entradas esgotadas, unicamente quedan billetes dispoñibles con abono.
O EMHU, baixo a dirección artística de Luis Piedrahita, reunirá na cidade herculina ás figuras da comedia máis relevantes da escena galega e estatal
A programación ofrecerá espectáculos únicos como Fantastic Colofon ou Humoris Causa, incluirá algunhas das propostas máis vistas do momento e estreará novas producións
EMHU consolidouse no 2022 como o evento humorístico máis relevante de España ao xuntar na Coruña a máis de 19.000 espectadores
O humor, en maiúsculas, regresa á cidade da Coruña. O EMHU, o Encontro Mundial de Humorismo, celebrará a súa terceira edición do 28 de abril ao 7 de maio de 2023. A cidade herculina acollerá esta primavera, de novo, a gran cita coa comedia ao vivo, que reúne nun único evento ás figuras e espectáculos de humor máis relevantes do momento en España e que na súa última edición sumou máis de 19.000 asistentes.
Impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e baixo a dirección artística de Luis Piedrahita, EMHU regresará aos escenarios coruñeses durante dez días con espectáculos únicos, novos formatos que achegarán as propostas máis divertidas, estreas absolutas e, por suposto, as funcións que máis público teñen no patio de butacas na actualidade. Entre as sesións exclusivas que se poderán ver na Coruña, producidas polo propio festival, atópanse galas como Fantastic Colofon ou Humoris Causa, citas nas que EMHU reúne sobre o mesmo escenario a grandes figuras da comedia e para as que as e os asistentes esgotan, rapidamente, todas as entradas dispoñibles.
Con dúas edicións ás costas, EMHU consolídase como a cita coa comedia máis relevante e multitudinaria de España, ao xuntar na súa pasada edición a máis de 19.000 espectadores que asistiron a unha vintena de espectáculos. Figuras como Andreu Buenafuente, Sílvia Abril, David Broncano, Héctor de Miguel, Ignatius Farray, Carolina Iglesias, Victoria Martín, Inés Hernand, Nerea Pérez de las Heras, Eva Hache ou Javier del Pino, entre outras moitas, visitaron A Coruña no 2022 para participar no EMHU.
O Encontro Mundial de Humorismo dará a coñecer, proximamente, os nomes que conformarán o cartel da súa terceira edición, cuxa gráfica é obra de Riki Blanco e Rebeca Losada. A programación de espectáculos do EMHU 2023 completarase, tal e como é habitual, con diferentes actividades paralelas e de acceso libre, dirixidas a todos os públicos e que se desenvolverán en distintos recintos culturais da Coruña.