A creadora, que vén de recibir o Premio Martín Códax na categoría Canción de Autora, celebra neste 2024 os seus 25 anos de traxectoria musical cun directo expresamente concibido para presentar, ao vivo, en teatros do país
As entradas para o concerto, enmarcado no ciclo Coa Nosa Voz, da Deputación da Coruña, serán de balde e poderanse retirar desde hoxe na plataforma ataquilla.com
Guadi Galego presentará por última vez o seu novo directo, Síntese Horizonte, o domingo 2 de xuño no Teatro Colón. A creadora, que vén de gañar na categoría Canción de Autora na 11ª edición dos Premios Martín Códax da Música, chegará á cidade da Coruña para pechar a xira dun directo no que festexa os seus 25 anos de traxectoria sobre os escenarios.
Tras realizar unha tríade de concertos de presentación de Síntese Horizonte en Santiago, Ferrol e Pontevedra nos meses de xaneiro e abril, Guadi Galego levará por fin esta proposta ao teatro herculino o primeiro domingo de xuño, no marco do ciclo Coa Nosa Voz, promovido pola Deputación da Coruña, no que tamén participan Uxía, Ugía Pedreira e Antía Muíño. A cita coruñesa será a última data en teatros de Guadi Galego antes de iniciar a xira de verán e as entradas serán de balde. Os convites poderanse retirar desde hoxe en ataquilla.com.
Síntese Horizonte é unha aposta que fai a propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, foi aprendendo a desaprender do establecido. Trátase dunha proposta exclusiva coa que pretende sorprender ao público e, á vez, ofrecer unha experiencia musical única e transformadora. Así, neste concerto, a creadora de Cedeira presenta por primeira vez en Galicia os temas do seu último LP, Roibén, mais tamén revisita temas de anteriores traballos discográficos e entoa temas como o seu sinxelo -e xa todo un himno- O.D.A., no que Guadi reivindica o dereito a seguir experimentando.
Neste novo directo, Guadi Galego acompáñase de recoñecidas artistas do país. É o caso da banda conformada por Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados) e Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Jiménez (vocalistas). Ademais, esta nova produción, en colaboración con Culturactiva, destaca tanto pola súa coidada iluminación (de Laura Iturralde e José Faro, de NONONON.LAB) como pola súa posta en escena (de Marina Oural e Ugía Pedreira -Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento).
Logo do último directo de Síntese Horizonte na Coruña, Guadi Galego iniciará unha xira de verán da que xa se coñecen algunhas das primeiras datas. É o caso do festival PortAmérica, a Festa de Carballeira de Zas ou mesmo do Festival Revenidas.
Síntese Horizonte é unha proposta expresamente concibida para teatros na que a creadora presenta, por primeira vez en Galicia, o seu álbum Roibén, ademais de revisitar temas de anteriores traballos discográficos
Guadi Galego vistará este sábado 13 de abril Pontevedra para por o punto e final á xira de presentación do seu novo directo, Síntese Horizonte. A cita será no Teatro Principal, a partir das 20.00 horas, no marco do ciclo Resoan do Concello de Pontevedra, e para dita ocasión non quedan entradas dispoñibles.
Logo de actuar o pasado mes de xaneiro no Teatro Principal de Compostela e no Teatro Jofre de Ferrol, a cantante e compositora pechará esta fin de semana na localidade pontevedresa a tríade de concertos de presentación en Galicia do seu último LP, Roibén, nunha noite na que tamén soarán cancións de anteriores discos ou mesmo o seu sinxelo O.D.A. Guadi Galego subirase este sábado se de novo ás táboas para sorprender ao público cunha proposta exclusiva que pretende ofrecer unha experiencia musical única e transformadora.
Sobre o escenario, Guadi Galego acompañarase dunha banda conformada por grandes artistas do país. É o caso de Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados). Completan a formación, como vocalistas e pezas chave do directo, Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Jiménez. Ademais, a nova produción de Guadi Galego en colaboración con Culturactiva destaca tanto pola súa coidada iluminación (baixo a dirección e o deseño de Laura Iturralde e José Faro, de NONONON.LAB) como pola súa posta en escena (de Marina Oural e Ugía Pedreira -Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento), froito do traballo en común que as artistas desenvolveron coa creadora de Cedeira.
GUADI GALEGO
É unha das artistas máis relevantes da escena musical galega das últimas décadas. A súa andaina musical comezou sendo ela moi nova, un camiño fíado especialmente a Berrogüeto como vocalista, pianista e gaiteira, e que, co tempo, deu paso a outros proxectos máis persoais, como Espido ou Nordestin@s. No 2009 inicia a súa carreira en solitario con Benzón. Logo chegarían os exitosos Lúas de Outubro e Agosto (con éxitos indiscutibles como Chea de vida ou Matriarcas), O mundo está parado, Inmersión, Costuras ou o máis recente Roibén (2022), LP que presentou en diferentes puntos da xeografía peninsular.
Logo dunha simbólica ausencia nos escenarios do país, Guadi Galego segue a atravesar etapas e dá paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida existiu e persiste nela. Se no mes de setembro lanzaba o sinxelo O.D.A, toda unha declaración de intencións sobre a madurez e aceptación da vida, e na que reivindica o dereito a seguir experimentando, no 2024 presenta Síntese Horizonte, unha aposta da propia Guadi pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, foi aprendendo a desaprender do establecido.
CONVOCATORIA MEDIOS GRÁFICOS
Data: sábado 13 de abril de 2024 Hora: 20.00 horas Lugar: Teatro Principal de Pontevedra Acto: Concerto Síntese Horizonte, de Guadi Galego, no marco do ciclo Resoan.
‘Todo esto te daré’, o novo tema de Guadi Galego con Rozalén, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais A canción acompáñase dun ‘lyric video’ realizado por La Parrocha Estudio que se pode ver desde hoxe en Youtube
Todo esto te daré, o novo sinxelo de Guadi Galego no que colabora Rozalén, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais. A peza, orixinalmente incluída na banda sonora da ficción producida por Audible sobre o libro homónimo de Dolores Redondo, inicia agora unha nova vida coa incorporación da creadora manchega. “A voz de Rozalén leva o tema a un lugar marabilloso”, sinala Guadi Galego. A canción, estreada este venres 12, acompáñase dunha creación audiovisual realizada por La Parrocha Estudio e que se pode ver a través de Youtube. Segundo explica Guadi Galego, Todo esto te daré é unha canción de amor inspirada “na vida dos protagonistas, nun tema de amor e dor e na propia Paula”.
O lanzamento de Todo esto te daré prodúcese no mes no que Guadi Galego regresa aos escenarios do país logo dunha ausencia de máis dun ano e medio. A artista volve cun novo directo, Síntese Horizonte, expresamente concibido para presentar, ao vivo, sobre as táboas dos teatros. Será a través de tres concertos exclusivos que terán lugar o 26 de xaneiro en Santiago de Compostela (entradas esgotadas), o 27 de xaneiro en Ferrol e o 13 de abril en Pontevedra. Os últimos billetes dispoñibles para estas dúas citas pódense adquirir na plataforma www.ataquilla.com.
O tema forma parte da banda sonora da ficción sonora producida por Audible e dirixida por Paula Cons sobre o premiado libro de Dolores Redondo
“Todo esto te daré é unha canción de amor inspirada nos protagonistas do texto, unha peza de amor e dor, e a propia Paula”, explica Guadi Galego
Guadi Galego inicia o ano 2024, no que regresará aos escenarios do país, coa publicación dun novo tema, Todo esto te daré, no que conta coa colaboración de Rozalén. A canción, que se acompaña dun vídeo, poderase escoitar a partir das 00.00 horas do venres 12 de xaneiro, nas principais plataformas dixitais, nas que xa é posible pregardar a peza.
Todo esto te daré nace dunha proposta feita pola directora de cine e guionista Paula Cons para formar parte da banda sonora da ficción sonora sobre o texto homónimo de Dolores Redondo (galardoado no 2016 co Premio Planeta). Trátase dunha produción orixinal da plataforma Audible e que neste caso dirixe a cineasta coruñesa, con quen Guadi Galego xa colaborou anteriormente. É o caso da longametraxe A ila das mentiras (2020), filme para o que a cantante de Cedeira compuxo o seu tema central Sálvora.
Agora chega este novo sinxelo, unha canción de amor inspirada “na vida dos protagonistas, un tema de amor e dor e a propia Paula”, segundo explica Guadi Galego, quen celebra a oportunidade de poder contar con Rozalén na gravación. “A súa colaboración foi un agasallo. A voz de Rozalén encaixouna no sitio que tiña que estar”, apunta a creadora.
REGRESO AOS ESCENARIOS CON SÍNTESE HORIZONTE
O lanzamento de Todo esto te daré prodúcese no mes no que Guadi Galego regresará aos escenarios do país logo dunha ausencia de máis dun ano e medio. A artista volve cun novo directo, Síntese Horizonte, unha proposta expresamente concibida para presentar, ao vivo, sobre as táboas dos teatros.
Síntese Horizonte presentarase a través de tres concertos exclusivos que a cantante ofrecerá acompañada dunha banda conformada por grandes artistas do país. É o caso de Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados) e de Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Giménez no coro. Ademais, a produción do novo directo destaca tanto pola súa coidada iluminación (baixo a dirección e o deseño de Laura Iturralde e José Faro, de NONONON.LAB) como pola súa posta en escena (de Marina Oural e Ugía Pedreira -Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento), froito do traballo en común que as artistas desenvolven, desde hai meses, con Guadi Galego baixo a premisa de ofrecer ao público unha experiencia musical única e transformadora.
As entradas para a estrea de Síntese Horizonte o venres 26 de xaneiro en Santiago xa están esgotadas, mais aínda é posible adquirir os billetes para as citas de Ferrol (27 de xaneiro no Teatro Jofre) e de Pontevedra (13 de abril no Teatro Principal, no marco do ciclo Resoan). As entradas, nos dous casos, pódense adquirir na plataforma www.ataquilla.com
A cantante e compositora regresa aos escenarios galegos tras máis dun ano de ausencia, cun espectáculo que tamén presentará o 26 de xaneiro en Santiago de Compostela, cuxos billetes xa están esgotados, e o 13 de abril en Pontevedra
Guadi Galego actuará no Teatro Jofre o vindeiro 27 de xaneiro. A cantante e compositora presentará na Ferrolterra o seu novo espectáculo, Síntese Horizonte, unha proposta expresamente concibida para presentar, ao vivo, sobre as táboas dos teatros de Galicia. Desde esta mañá é posible adquirir as entradas para asistir á cita no recinto ferrolán a través da plataforma en liña www.ataquilla.com.
Guadi Galego quere ofrecer ao público unha experiencia musical única e transformadora a través de Síntese Horizonte. O directo presentarase con tres citas exclusivas nas que se acompañará dunha portentosa banda conformada por grandes artistas do país, e que se reunirá especialmente para esta feliz ocasión. Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados) e un coro conformado por Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Giménez participarán nesta tríade de actuacións, que tamén destacarán tanto pola súa coidada iluminación (baixo a dirección e o deseño de Laura Iturralde e José Faro, de NONONON.LAB) como pola súa posta en escena (de Marina Oural e Ugía Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento).
Síntese Horizonte presentarase, ademais, o 26 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, cuxas entradas se esgotaron en menos de 24 horas desde que saíron á venda, e o 13 de abril no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do ciclo Resoan, no que máis da metade das butacas xa están ocupadas. Estes billetes pódense adquirir tamén a través do espazo web www.ataquilla.com.
GUADI GALEGO
É unha das artistas máis relevantes da escena musical galega das últimas décadas. A súa andaina musical comezou sendo ela moi nova, un camiño fíado especialmente a Berrogüeto como vocalista, pianista e gaiteira, e que, co tempo, deu paso a outros proxectos máis persoais, como Espido ou Nordestin@s. No 2009 inicia a súa carreira en solitario con Benzón. Logo chegarían os exitosos Lúas de Outubro e Agosto (con éxitos indiscutibles como Chea de vida ou Matriarcas), O mundo está parado, Inmersión, Costuras ou o máis recente Roibén (2022), LP que presentou en diferentes puntos da xeografía peninsular.
Logo dunha simbólica ausencia nos escenarios do país,Guadi Galego segue a atravesar etapas e dá paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida existiu e persiste nela. Se no mes de setembro lanzaba o sinxelo O.D.A, toda unha declaración de intencións sobre a madurez e aceptación da vida, e na que reivindica o dereito a seguir experimentando, no 2024 presenta Síntese Horizonte, unha aposta da propia Guadi pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, foi aprendendo a desaprender do establecido.
DATAS SÍNTESE HORIZONTE
26 de xaneiro, 20.30 horas – Teatro Principal de Santiago de Compostela. Entradas esgotadas. 27 de xaneiro, 20.30 horas – Teatro Jofre de Ferrol. Entradas á venda en www.ataquilla.com 13 de abril, 20.00 horas – Teatro Principal de Pontevedra. Ciclo ‘Resoan’. Entradas á venda en www.ataquilla.com